E-Dixgal

E-Dixgal

logo edixgal

 

Dende o curso 17-18, o centro participa no proxecto E-Dixgal para darlle continuidade ao proxecto Abalar que se estaba a desenvolver no centro. O proxecto E-Dixgal permite ao profesorado dos cursos 5º e 6º educar nuha plataforma virtual de aprendizaxe que permite empregar recursos e contidos dixitais. A plataforma con ta con materiais que proceden de varias editoriais e tamén permite a creación de recursos por parte do profesorado e o alumnado.

Cada alumna e alumno conta co seu propio equipo, que pode levar a casa ou deixar cargando no centro. O ordenador portátil permítelle acceder aos contido a través da conexión a internet, pero tamén contan coa posibilidade dun modo offline. Así non é preciso que as familias teñan que dispoñer de internet no seu fogar e o alumnado non teña dificultades para seguir o curso. Os equipos están sincronizados de maneira automática na plataforma online, en canto se volva a conectar a rede. Todo isto é gratuito, no caso de que as familias queiran levar os ordenadores para á casa, teñen que firmar un documento no que se comprometen a realizar un uso axeitado do equipo e facerse responsables do mesmo.

 

O profesorado participa de maneira continua na formación, tanto presencial ou na modalidade de teleformación. Hai creado no centro, un grupo que permite a formación permanente do profesorado.

As familias e o profesorado contan cun servizo Premium que da soporte e atención as 24 horas do día, os sete días da semana. Pode ser por teléfono: 881869900 ou ben correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.es

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE