Primeiro

Vídeo Sorpresa! Bo Verán!

Ola cativada!!

Aquí vos deixamos un vídeo para desexarvos un bo verán a todas e todos, moi merecido o tedes. Esperamos que vos guste!

Un aperta grande de Marga e Adán

MUSIC

Ola rapazada! 

Xa chegou o final de curso! Non quero despedirme sen antes agradecer a todas as familias o voso traballo nestes últimos meses. Foron semanas extrañas, nada fáciles, pero a vosa actitude foi exemplar. Noraboa polo voso esforzo e apoio!

Xa que o día 21 de xuño celébrase o Día Internacional do Yoga, quero deixarvos esta canle: Soy Yoga Music. Particularmente, recoméndovos Saludo al solÁrbol seré e Sa ta ma na. En clase gustouvos moito practicar yoga, seguro que agora coa vosa familia e incluso ao aire libre o seguiredes disfrutando :)

O mesmo día, 21 de xuño, celébrase tamén o Día Europeo da Música. En todas as cidades de Europa os músicos saen ás prazas e rúas a tocar, así que estade moi atentos ás melodías rueiras coruñesas!

Se nalgún momento, durante as vacacións, vos apetece practicar algunha das propostas musicais destes úlitmos meses, aquí as tedes todas recollidas. A última inclúe un divertido exercicio de percusión coa canción "Fábrica de luz" de A Banda da Loba.

Moi bo verán a todas a todos!! Unha forte aperta!!

Leti

 

World Oceans Day.

Hello everyone!!

Xa tedes á vosa disposición no noso blog English Peak English (na sección de Arts & Crafts) as actividades realizadas no Día Mundial dos Océanos.

Enjoy!!

Saúdo Sorpresa

Ola rapazada!

Temos unha sorpresa para vós que seguro vos gustará moito!

Tras escoitar o voso programa de radio, Son Muller Galega, A Banda da Loba quere mandarvos un saúdo a todo o alumnado de 1º. Podedes velo aquí.

Actividades propostas para a derradeira semana do curso!!

Bo día xente miuda!! Chegou a derradeira semana do curso!!

Prestade atención que temos moitas cousas que contarvos pero, antes de nada, queremos darvos as grazas por todas as fotos taaan chulas que nos enviastes coas vosas manualidades para celebrar o Día Mundial dos Océanos. Good job!!

Nos vindeiros días faremos unha publicación no noso blog English Peak English (na sección de Arts & Crafts) para expoñelas e incluiremos tamén algunha sorpresiña extra.

Para esta semana tan especial queremos propoñervos un bo feixe de actividades divertidas que esperamos as disfrutedes moito e ademáis queremos agradecer ás familias a súa disposición e colaboración durante todo este período de tempo que estivemos nas nosas casas. Grazas polo esforzo e a complicidade.

Por certo,aínda non vos contamos que o noso programa “Son Muller Galega” xa está dispoñible na radio on line dos Premios Martín Códax da Música.

Queredes escoitalo? Pinchade aquí  e despois en  Escoitar Podcasts!!

                                

                                       

Actividades propostas de Arts & Crafts X

Holidays are coming and summer is almost here.

Look at these refreshing ideas and choose!!

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE