Nós tamén creamos!

Galería de imaxes do proceso creativo

Premede sobre estas dúas imaxes para ver a galerías.

 

paco noa

 

8. Curtametraxe con voz e música

Aquí deixamos unha pequena mostra do que será a curtametraxe final de Paco Papán.

Agardamos que vos guste...

 

6. Animación

Cos personaxes e escenarios feitos, chegou a hora de animar!

7. O son no cine

Gravamos diálogos; efectos de sons e banda sonora.

5. Iluminación e fotografía

Unha vez creados os personaxes e os escenarios, tocou calibrar a iluminación facendo diferentes probas con luces e sombras. Estes peques xa son todos uns experto@!

4. Escenarios e personaxes

Chegou o momento de deseñar os personaxes. Collimos material reciclado e puxémonos mans a obra, este é o resultado:

3. Guión gráfico

Seleccionamos o conto de Paco Papán de OQO e comezamos a pensar como o podíamos relacionar co noso entorno e o proxecto deste curso, o medioambiente. Despois de varias xornadas de traballo, quedou listo o guión gráfico, onde se recollen as escenas, diálogos, textos do arrador, duración de cada viñeta, tipos de planos e transicións.

2. Técnicas de animación para a aula

Probamos a empregar pequenas animacións co programa de stopmotion e as tablets da aula. Empregando as contruccións e os bonecos.

1. Tipos de animación

O primeiro dos pasos co alumnado foi falarlles das diferentes técnicas de animación existentes:

- Os xoguetes ópticos

- O taumatropo

- O Flip-book

E deixarlles crear os seus propios xoguetes animados:

 

Comezamos!

O alumnado de 6º de Infantil xunto coas súas titoras e as mestras de apoio, inglés e música participan no plan proxecta, Nos tamén creamos! Que consiste na elaboración dunha curtometraxe en galego a través da técnica stop motion e partindo dun dos libros facilitados pola editorial OQO.

Neste apartado iremosvos contando a evolución do proxecto, dende a súa planificación ata o producto final.

O primeiro paso, como sempre, a formación das mestras.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE