CARREIRA SOLIDARIA

Un ano mais e coas medidas oportunas pola situación actual, puidemos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA en beneficio da asociación ASPACE. Como o tempo non nos acompañou moito tivemos que facelo no pavillón pero non por eso, foi menos emocionante e os nenos participaron coa mesma ilusión e moitísimas ganas que outros anos. Deixámosvos un pequeno vídeo para que podades ver o ben que o fixeron... 

Aproveitamos para recordarvos que ata o 22 de xuño podedes mandar polos nenos e nenas o diñeiro da carreira.

MOITISIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!

  

EBOOK CONCURSO DE RELATOS DE 4º DE PRIMARIA

 Queremos agradecer a todo o equipo de VEGALSA-EROSKI por permitirnos participar neste concurso de relatos que con tanta ilusión levaron a cabo os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB.

A continuación, se facedes clic neste EBOOK, editado por VEGALSA-EROSKI, podedes ver todos os momentos vividos por dito alumnado durante a entrega de premios e a plantación de árbores.

 

Recomendacións lectoras para o verán

Estas son as recomendacións para o verán que propoñemos dende o Equipo da Biblioteca. Bo verán!!

 


 

Horas de ler en familia

 

 

Durante este 3º trimestre retomamos unha das actividades que máis éxito ten no cole: horas de ler en familia. Na que nenos/as e algún membro da familia comparten un ratiño arredor da lectura e os contos. Este ano, dada a situción sanitaria na que nos atopamos, temos que adaptada, de xeito que se realiza de forma virtual. Xa houbo clases que puideron disfrutar dos primeiros vídeos que chegan dende as casas con todo o cariño. Deixámosvos algúns deles e animámosvos a participar! A cara de felicidade dos peques, merece a pena. Premede na ligazón: Contacontos familia

Grazas familias por facelo posible!

 

CARREIRA SOLIDARIA

 

Gracias a iniciativa dun alumno, imos celebrar a CARREIRA SOLIDARIA que viñamos facendo nos últimos cursos. Este ano, tócanos facela de maneira diferente seguindo as medidas de seguridade seguindo o protocolo COVID:

- Correrán os cursos por aulas burbullas

- Durante 10-15 minutos. 

- As familias non poderán acceder ao recinto. 

¡¡CONTAMOS CO VOSO APOIO!!

FAMILIAS DE NOVO INGRESO DE 3 ANOS PARA O CURSO 2021/22

Rematado o prazo de entrega das solicitudes, informamos ás familias que solicitastes a praza no noso centro para o vindeiro curso 2021/22, que podedes formalizar a matrícula do voso fillo/a.

Pinchade nas iconas para descargar os formularios da matrícula e da lingua materna:

 

                                   

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021/22

 

DESTINATARIOS:

* FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: 3º e 4º EP

* AXUDAS ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO: 1º e 2º EP

* AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

- Vía telemática: https://www.edu.xunta.es/fondolibros (ANEXO I), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

- Presencial: na secretaría do centro de 10 a 13 horas.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

- Copia do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. 

- Certificado, no caso de discapacidade, dalgún membro da unidade familiar incluidos na solicitude. 

PRAZOS DE ENTREGA: 

DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO

                                                            

              ORDE do 06 de maio de 2021                  Solicitude

 

 

DIA NON LECTIVO 2021

 

O martes 18 de maio non haberá clases segundo o acordo do Consello Escolar do centro e aprobación da Xefatura Territorial da Consellería de Educación. 

CONCURSO DE RELATOS E PLANTACIÓN

O pasado venres 30 de abril o alumnado de 4º de Primaria continuou coa actividade de sensibilización ambiental organizada por Vegalsa-Eroski "Unha árbore, unha historia". 

Nesta última parte a rapazada puido coñecer cales foron os gañadores dos relatos e disfrutou da plantación e irmandamento de árbores no noso patio do colexio. 

Se pinchades no nome dos GAÑADORES dos relatos poderedes disfrutar da súa lectura: 

CAPRI e NURIA de 4º A

SERGIO e ÁLEX de 4º B. 

Noraboa! 

 Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades o ben que o pasaron.

 

Actividades pola Semana do Libro

Dende a Dinamización de Biblioteca organizouse unha serie de actividades ao longo da Semana para celebrar o Día do Libro do 23 de abril. As actividades foron contarse contos mutuamente, creación de chapas, protagonistas das portadas dos contos favoritos dos nenos e nenas do noso centro.

Para que poidades ver o que fixemos e canto o desfrutamos, deixamos este vídeo.

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE