EXCURSIÓN 3º E 4º ED. PRIMARIA

Por fin puidemos ir de excursión! 

Despois dun longo paréntese os nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria, puideron gozar dun marabilloso día ao aire libre na granxa escola Belelle. 

Tiveron diversos obradoiros: equitación, alimentar e coidar aos animais, amasar e facer pan, visita polo bosque en busca de pegadas... 

Xa botabamos de menos estes ratiños ao aire libre!! Aquí tedes un pequeno vídeo coas imaxes deste día.

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria puido volver a participar na actvidade de Educación Física na rúa celebrada na praza de Mª Pita xunto con outros seis colexios. 

 

VISITA DA POLICÍA PARA O ALUMNADO DE ED. INFANTIL

O pasado venres 29 de abril o alumnado de Educación Infantil tivo unha visita moi especial: a policía, con coches, furgoneta e bicicleta!! Ademáis tivemos a sorte de contar con dous axentes moi especiais, o papá de Roi e Román e o de Antonio e Manuel. Cóntaronlle moitas cousas e o noso alumnnado disfrutou moitísimo. Moitas grazas pola vosa participación!!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.

FAMILIAS DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2022/23

                              

 

 

O ATLÁNTICO PARTE DE TI. 3ª PARTE

O mércores 23 tocoulle ao alumnado de 5º B... 

O ATLÁNTICO PARTE DE TI. 2ª PARTE

Este xoves 10 de marzo tocoulle o turno para participar na actividade de vela  ao alumnado de 6º B. 

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades canto disfrutaron... 

O ATLÁNTICO PARTE DE TI

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA VAI PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE DO CONCELLO "O ATLÁNTICO PARTE DE TI" NA QUE LEVARÁN A PRÁCTICA DEPORTIVA DO MAR Á ESCOLA.

O PASADO XOVES 3 DE MARZO TOCOULLE O TURNO A RAPAZADA DE 6ºA.

MIRADE QUE BEN O PASARON!!! 

 

XA CHEGA O ENTROIDO!!

MANDADIÑOS DO MECO PEREGRINO PARA A SEMANA DO 21 AO 25 DE FEBREIRO:

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE