AXUDAS NEAE
===========================================================
PROXECTO ERASMUS: SÉGUENOS NAS REDES!!
Podedes seguir o noso proxecto Erasmus+ a través das redes sociais escaneando este QR.
========================================================
ACTIVIDADES TEI
Estas semanas no Programa TEI, estivemos a desenvolver actividades de reflexión e debate nas titorías para coñecer situacións de acoso co fin de empatizar coas persoas que o sofren. Posteriormente fixeron cartaces entre titoras-es e titorizadas-os para concienciar a toda a comunidade educativa.
No mes de decembro o alumnado de 5º elaborou para a súa parella TEI postais que enviaron en Correos, e se fixeron diferentes actividades de cohesión como unha entrevista de elaboración propia para coñecer mellor ás titorizadas e titorizados e xogos cooperativos con paracaídas, ademais de propostas de mellora da inclusión, autoestima e empatía nas titorías.
Para finalizar o trimestre, participou nunha actividade de cohesión con retos de xogos populares e o alumnado de 5º participou nunha actividade sobre modelos de comunicación e prácticas en resolución de conflictos.
===========================================================
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
===========================================================
ADMISION ALUMNADO CURSO 2023/24
- Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo de forma presencial na secretaría do centro ou de maneira electronica.
- Documentación:
- Formulario ED550B, ANEXO II e ANEXO II-BIS (DEBIDAMENTE FIRMADAS POLA PERSONA SOLICITANTE E POLA OUTRA PERSONA PROXENITORA) que se pode descargar na web do centro ou no portal da Consellería de Educación.
- Copia do DNI, do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a.
- Certificado de empadroamento municipal.
- No caso de optar a un curso de Primaria, deberán achegar tamén certificación de matrícula do centro de procedencia.
- No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores, agás, que a patria potestade estea atribuida, con carácter exclusivo, a un deles, ou en situacións de violencia de xénero. Será necesario presentar o convenio regulador correspondente para o seu cotexo.
Nestas iconas podedes ampliar a información e descargar o impreso.
ZONA DE INFLUENCIA
NO CASO DE SOLICITUDES EMPATADAS, ESTE ANO RESOLVERASE SEGUNDO A RESOLUCIÓN DE 27 DE FEBREIRO DE 2024, DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS, POLA QUE SE FAI PÚBLICO O RESULTADO DO SORTEO AO QUE FAI REFERENCIA O ARTIGO 34 DA ORDE DO 21 DE OUTUBRO DE 2022.
==========================================================
ENTROIDO 2024. MANDADIÑOS
==================================================================
XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 24/25
===========================================================
RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º EP PARA O CURSO 2024/25 NOS IES ADSCRITOS
Comeza o prazo para facer a RESERVA NO INSTITUTO (IES ADORMIDERAS OU IES RAMÓN MENÉNDEZ PIDAL-ZALAETA) PARA O CURSO 24/25 do alumnado que agora está cursando 6º de Primaria.
A continuación vos deixamos toda a información necesaria e a solicitude (entregada aos nenos e nenas) que teredes que cubrir, asinar e presentar desde o día 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024, ambos inclusive.
NORMATIVA:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
- Vía electrónica mediante formulario normalizado disponible na aplicación informática admisionalumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
- Ou de maneira presencial entregando a documentación debidamente cumprimentada ao seu titor ou titora.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
- Solicitude e Anexo I-bis (Documentación que leva o alumnado)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.
=========================================================