Cuarto

Reto 3

Ola, rapazada! 

Como estades?

O reto de hoxe está nos arquivos adxuntos.

Gardade ben os números que descubrades, porque os necesitaredes para o próximo reto.

Ata mañá!

2º Reto

Ola, rapazada!

Isto vaise rematando. Vai chegar, probablemente, un dos veráns más raros que recordaremos. 

Nós estamos desexando volver ao cole pero en condicións: vervos outra vez. Entendemos que para isto hai que tomar moitas medidas de seguridade, así que o reto de hoxe é que planifiquedes como considerades que tería que ser a volta ao cole en setembro. Despois de todo este tempo, estamos seguras de que sodes unhas expertas/os en prevención. Podedes facer unha listaxe, algo redactado, un debuxo... como prefirades!

Ata mañá!

Última semana

Ola, familias!

Como estades?

Esperamos que todo siga indo ben.

Esta semana, ao ser a última, temos unha organización un tanto especial. En vez de colgar todas as actividades iremos colgando un reto cada día ata chegar ao último, onde teredes un premio especial. 

O reto de hoxe consiste en botar a vista atrás e facer balance de como foi este ano e de momentos cos que vos quedades. Para iso deixamos en arquivos adxuntos unhas fichas de referencia para analizar este ano.

Desde Educación Física deixámosvos un enlace a unha enquisa sobre este ano. Para acceder a ela premede aquí: https://forms.gle/3BRscWK1HfXhYNAf7

Ata mañá!

Duodécima tanda de actividades

Ola, familias!

 

Como estades? Esperamos que siga indo todo o mellor posible.

 

Deixámosvos por aquí unha nova tanda de actividades.

 

Matemáticas: Faremos un pouco de cálculo mental de sumas con este xogo https://wordwall.net/play/2831/513/194 e temos un quiz de repaso do que aprendimos este curso https://wordwall.net/play/2832/228/458

 

Lingua Castelá: Esta semana teredes que facer este genial.ly no que repasamos os adxectivos : https://view.genial.ly/5eddface94e0670d80a14a06/game-el-adjetivo

 

Lingua Galega: Para esta semana deixamos en documentos adxuntos un novo caderno de crear historias. Preparade a mente!!

 

Ciencias Sociais: Deixamos por aquí unha misión importantísima para que non cambie nada do presente. Moito ánimo! https://view.genial.ly/5eddf315e9f5950d5de77a0f/interactive-content-escritura 

 

Relixión Evanxélica: ficha en documentos adxuntos.

 

 

Undécima tanda de actividades.

Ola, familias!

Como estades? Esperamos que todo siga indo ben.

Traemos unha nova tanda de actividades!

Matemáticas: Deixamos dúas fichas interactivas: unha para traballar as horas https://es.liveworksheets.com/lf18866rn e outra para traballar os cartos https://es.liveworksheets.com/ah159082yc .

Ademáis, dous xogos para practicar o cálculo mental de multiplicacións https://wordwall.net/play/2689/620/150  e de divisións: https://wordwall.net/play/2691/521/324 .

Lingua Castelá:  Faremos un xogo de genially onde traballaremos o xénero e o número das palabras: https://view.genial.ly/5ed4bb02a230970d291d897f/game-genially-sin-titulo

Lingua Galega: Deixamos en documentos adxuntos un novo caderno de crear historias. Pensade moi ben a vosas respostas porque se trata dun tema importantísimo. 

Ciencias da Natureza: Esta semana elaboraredes un menú saudable. Deixamos en arquivos adxuntos un modelo de como podedes elaboralo. Agora que temos que pasar tanto tempo na casa xa sabemos que vos convertíchedes nunhas/nuns chefs espectaculares, así que vos animamos a realizar algún dos pratos que planifiquedes e enviarnos foto e receita. Nese mesmo arquivo tedes o prato de Harvard para que recordedes as proporcións de alimentos ideais. 

Ciencias Sociais: Continuaremos co traballo da semana anterior.

Plástica: Esta semana traballaremos a obra de Alma Thomas e o mosaico. Deixamos en arquivos adxuntos toda a información.

Educación Física: I RECICLAOLIMPIADAS PIEFCITOS: Participa con nenos e nenas de todas España no fin do Proxecto “El Camino de PiEFcitos”.

https://cosasdeducacionfisica.blogspot.com/2020/05/reciclaolimpiadas-piefcitos.html

Relixión Católica: Ficha en documentos adxuntos.

Relixión Evanxélica: Ficha en documentos adxuntos.

Valores: Igual que as películas ou os libros, as cancións tamén transmiten valores que poden ser positivos ou negativos. Deixamos en arquivos adxuntos un modelo de canción e unhas cantas preguntas sobre ela. Esta é a canción: https://www.youtube.com/watch?v=jwL36oDeqko

Ademais de todo esto vos recordamos páxinas onde podedes atopar máis recursos e ideas:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/

 

Tamén vos deixamos uns enlaces a libros virtuais:

 

Lingua Castelá: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202024243_U32_U1_U101_U2

 

Lingua Galega: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua4/program/index.html#/lb


Matemáticas: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202014243_U32_U1_U101_U2

DÉCIMA TANDA DE ACTIVIDADES

Ola, familias!

 

Como estades? Esperamos que siga indo todo o mellor posible.

 

Por aquí vos deixamos unha tanda nova de actividades para esta semana. Aproveitamos para recordarvos que esta semana celebraremos o English Day! Tedes máis información na páxina web do cole. Non volo perdades! https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorseoane/node/1027

 

Matemáticas: Realizaremos unha actividade para practicar o cálculo mental nas restas: https://wordwall.net/play/2504/502/358

nas sumas: https://wordwall.net/play/2539/813/757

e unha ficha interactiva da descomposición de números: https://es.liveworksheets.com/gy125564bn

 

Lingua Castelá: En arquivos adxuntos tedes unha ficha para traballar sobre un poema de Federico García Lorca.  Ademáis de dúas actividades de expresión escrita: na primeira seremos uns famosos/as youtubers, e na segunda teremos que crear un videoxogo.

 

Lingua Galega: Deixamos en arquivos adxuntos unha comprensión lectora sobre as medusas e unha ficha para traballar as palabras homófonas.

 

Ciencias da Natureza: Continuamos coa actividade da semana pasada.

 

Ciencias Sociais: Deixámosvos unha actividade na que teredes que pensar e imaxinar un montón: https://view.genial.ly/5ecb75e59330ad0d7cd6f37d/interactive-content-desena-o-teu-pais

 

Plástica: Como moitos museos aínda están pechados, Hervé Tullet propón que creemos unha exposición na casa. Algunhas das súas recomendacións son:

“Fainas á tua maneira, utilizando as cores que TI queiras, so/a oun coa tua familia, cos ollos abertos ou pechados, nun día ou durante unha semana, fainos pequeniños ou xigantes… Cando remates, podes ter a túa propia exposición coma nun museo de verdade: no teu cuarto, na túa ventá ou incluso un caderno”.

Tedes toda a información desta actividade nos arquivos adxuntos. Se queredes ver algúns exemplos para inspirarvos, podedes entrar no seguinte enlace:

https://lexpoideale.com/fr/expo-ideales/

 

Valores: Visualizaremos un corto e traballaremos sobre a asertividade. Podedes velo aquí: https://youtu.be/q1K9EH90CyA . Deixamos en arquivos adxuntos toda a información ao respecto.

 

Educación Física: Esta semana tedes un reciclaxogo: como construir xoguetes con materiais de refugallo. Ademáis de “antídotos saludables”: un xogo para derrotar ao virus.

Toda a información no blogue de EF:https://cosasdeducacionfisica.blogspot.com/

 

Ademais de todo isto deixamos por aquí algunhas páxinas onde podedes atopar máis actividades:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/

 

Tamén vos deixamos uns enlaces a libros virtuais por se precisades de máis:

Lingua Castelá: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202024243_U32_U1_U101_U2

Lingua Galega: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua4/program/index.html#/lb

Matemáticas: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202014243_U32_U1_U101_U2

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE