Cuarto

ENGLISH

GAMES AND ACTIVITIES   (Neste link atoparedes varias actividades e xogos para practicar vocabulario e contidos deste nivel)

BIG SURPRISE    (Neste link atoparedes audios e videos do libro de texto BIG SURPRISE)

Todas as actividades propostas nos seguintes documentos descargables que van a continuación,seguen sendo de repaso das unidades traballadas ata agora. O venres porei un documento no que poderedes comprobar as respostas das actividades.

SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO

ACTIVITIES 4º ( review Unit 4)

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

ACTIVITIES 4º ( Tell the time)

ANSWER ACTIVITIES ( Tell the time)

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

ACTIVITIES 4º (review the time)

 ANSWERS ACTIVITIES (review the time)

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Nesta semana, o venres celebraremos o "English Day", os outros días aparecerá na páxina web do cole un "challenge" no que podedes participar.

Esperamos que vos divirtades moito. Saúdos.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

ACTIVITIES 4º (7-11) - UNIT 3

Answers activities (7-11) - UNIT 3

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

BIG SURPRISE 4º - UNIT 3

ACTIVITIES 4º (1-6) - UNIT 3

Answers activities (1-6) - UNIT 3

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

ACTIVITIES 4º(7-10) UNIT 2

Answer activities 4º(7-10) UNIT 2

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

BIG SURPRISE 4º - UNIT 2

ACTIVITIES 4º(1-6) UNIT 2

Answers activities (1-6) - UNIT 2

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

ACTIVITIES 4º (7-13) - UNIT 1

Answers activities (7-13) - UNIT 1

Cuarta tanda de actividades

Ola familias!

 

Como estades? Esperamos que todo vaia ben e que o sigades levando o mellor posible. 

 

Despois destas “vacacións” temos que intentar volver á rutina. Como de momento non temos noticias de como proceder co curso seguiremos facendo actividades variadas e de repaso e de todas as materias. 

Se non rematáchedes o anterior podedes seguir facendo esas actividades. Recordamos que todo o que propoñemos non é obrigatorio, senón que queremos darvos unha variedade de actividades para que poidades escoller. 

 

Lingua Castelá: deixámosvos as seguintes fichas interactivas, nas que poderedes responder directamente no ordenador e comprobar os resultados.  Unha vez rematada a ficha, pulsade en “terminado”, e despois en “comprobar as miñas respostas”.

So tedes que premer nos seguintes enlaces:

Acentos y tildes

Género y número de los sustantivos

 

Lingua Galega: Seguimos co diario.

 

Matemáticas: igual que en Lingua Castelá, aportamos as seguintes fichas interactivas:

Crucinúmeros

Fracciones - unir con flechas

 

Ciencias Sociais: Ninguén dixo que sen saír da casa non se pode viaxar, así que vos propoñemos que nos contedes como serían as vosas vacacións ideais. Para iso vos deixamos esta páxina para que sigades todos os pasos (https://view.genial.ly/5e946517f4ee500d9fed3367/horizontal-infographic-timeline-vacacions-1). Gustaríanos tamén que, unha vez rematedes, vos grabedes un vídeo facendo unha exposición de todos os puntos que vos pedimos. Recomendámosvos que empreguedes aplicacións como o Google Maps ou o Google Earth e ademais, algunhas páxinas de museos de todo o mundo están a permitir visitar virtuais que seguro que son moi chulas.

 

Plástica: Adxuntamos un titorial de como facer un afundir a frota caseiro.

 

 

 

- Proposta para vacacións

Estimadas familias:

Como estes días estamos de vacacións, propoñémosvos unhas actividades máis lúdicas que iremos ampliando ao longo da semana.

 

Escape Room:  https://view.genial.ly/5e87653ad0f86b0d967e6d09/game-breakout-aventuras-polo-mundo

 

Quiz sobre "Escarlatina, la cocinera cadáver": https://view.genial.ly/5e8daeda0666b30d8a96124e/game-escarlatina

 

Como facer un parchís: nos ficheiros adxuntos.

 

Esperamos que todo vaia ben.

 

Alejandra e Alba.

Terceira tanda de actividades

Ola familias!


Deixámosvos outra tanda de actividades para que vaiades facendo. 

 

Lingua Castelá: Adxuntamos unhas páxinas onde podedes facer ou ben actividaes interactivas (http://pdi.vicensvives.com/pdi/lengua4/program/index.html#/lb ), ou ben actividades no caderno

(

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202024243_U32_U1_U101_U2 ). Deste último recomendamos que vaiades facendo das páxinas 4 á 29, pouco a pouco e sen ser obrigatorio facelo todo. Recordamos que é de repaso, así que podedes escoller actividades tipo de cada contido. 

Ademais vos deixamos por aquí un xogo de repaso que esperamos que vos guste. https://view.genial.ly/5e814beb3fea8d0db0d816d9/game-genially-sin-titulo

 

Lingua Galega: Ademais de seguir co diario, engadimos novos cadernos de contar historias e vos deixamos por aquí outro enlace no que podedes ir facendo actividades interactivas. http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua4/program/index.html#/lb

 

Ciencias da Natureza: continuamos facendo experimentos coa ficha correspondente. 

 

Ciencias Sociais: continuamos coa maqueta e as actividades de Manzaneda que colgamos a semana pasada. 

 

Matemáticas: Deixámosvos por aquí un enlace a un libro virtual no que podedes ir facendo actividades das seguintes páxinas: 12-13; 16-21; 32-33; 36.

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202014243_U32_U1_U101_U2

Deixámosvos tamén outro xogo de repaso do que levamos dado:

https://view.genial.ly/5e8142d03fea8d0db0d8086a/game-genially-sin-titulo

 

Plástica: Engadimos en arquivos adxuntos a actividade que vos propoñemos para plástica para esta semana. Animádevos a facela e a enviarnos as fotos dos resultados!

Propoñévomos participar nesta escape room que preparamos para vós:

https://view.genial.ly/5e81c5e17fd6910db4861d9c/game-breakout-escape-game-4o-vls

 

 

Tamén engadimos unha serie de pasatempos que podedes elaborar vós na casa ou xogar a partir dun dispositivo. Podedes atopalos nos arquivos adxuntos.

 

Esperamos que vaia todo ben e poidamos vernos o antes posible.

 

Unha aperta.

 

Alba e Alejandra

ENGLISH

Instruccións para descargar o libro de texto CLASS BOOK 4 (no documento adxunto Titorial Classbook 4)

Por se hai quen non consegue descargar o libro, ao facer a proposta de actividades incluirei en cada unidade un documento en PDF, no que se pode ver o libro de texto BIG SURPRISE 4(poderanse consultar contidos estáticos, pero non disporá de audios nin videos).

Todas as actividades propostas seguen sendo de repaso das unidades traballadas ata agora. O venres porei un documento no que poderedes comprobar as respostas das actividades propostas.

SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Segunda tanda de actividades

Estimadas familias:

 

Aquí tedes a segunda tanda de actividades. Atoparedes as fichas correspondentes no apartado de "ficheiros adxuntos". Recordamos que cada persoa poderá ir facendo as actividades ao seu ritmo. O importante é crear unha rutina, pero sempre tendo en conta a situación excepcional que estamos a vivir.

 

Lingua Castelá: Ademáis dos libros e resumos que podedes seguir lendo e  facendo, incluímos unhas fichas: dúas de comprensión escrita, e outras dúas fichas de repaso.

 

 

Lingua Galega: Ademáis do diario, esta semana traballaremos a expresión escrita a través das situacións que veredes nos arquivos adxuntos, seguindo as pautas marcadas. No diario teredes que incluír tamén un apartado de emocións comentando como vos sentides cada día.  

 

Ciencias Naturais: Continuación dos experimentos.

 

Ciencias Sociais: Unha vez rematada a maqueta, podedes realizar a ficha de investigación de "proxecto campamento". Se fose preciso, servídevos de Internet, empregade Google Maps, etc.

 

Matemáticas: Engadimos dúas fichas máis de repaso do sistema de numeración decimal, e de suma e resta.

 

Plástica: Realizaredes unha banda deseñada, tamén nos ficheiros adxuntos.

 

 

Relixión Católica: Ficha nos arquivos adxuntos.

 

 

Relixión Evanxélica: Ficha nos arquivos adxuntos.

 

 

 

 

Deixamos por aquí outra páxina web na que podedes atopar actividades de todo tipo moi interesantes:

http://aulasgalegas.org/

 

 

Actividades 4ºEP

Ola a todas e a todos!

Imos pasar algunhas semanas na casa, pero xa sabedes que non son vacacións. En canto poidamos voltar ao cole falaremos das experiencias e sensacións que tivemos ao longo deste tempo, que esperemos sexa o máis curto posible.

Mentres, para que traballedes un pouco na casa imos deixar por aquí algunhas pautas xerais para que fagades.

 

Lingua Castelá: como seguro que tendes un montón de libros por ler imos aproveitar este tempo para iso. Ademais, como xa sodes expertas e expertos en facer resumos, teredes que facer un de cada libro que leades nun folio que ten que incluír: título do libro, autor ou autora, resumo e valoración persoal (é dicir, se vous gustou ou se non e os motivos).

Deixamos abaixo, nos documentos adxuntos, un modelo de ficha de resumo para que non se vos esqueza nada.

 

Lingua Galega: estamos pasando por un periodo moi pouco frecuente na historia así que faredes un diario no que anotaredes cada día as cousas que facedes e os avances que ides vendo con respecto a esta situación. Ten que estar en galego e, se podedes, facelo en follas soltas para entregalo cando volvamos a clase.Gustaríanos que incluírades tamén unha descrición de como vos sentides, das vosas emocións.

Ademais deste diario esta semana traballaremos a expresión escrita a través das seguintes situacións e seguindo as pautas marcadas.

 

 

 

 

 

Ciencias Naturais: tendes que facer experimentos con cousas que teñades por casa. Podedes facer todos os que queirades, pero con cada experimento faredes unha ficha co nome do experimento, os elementos necesarios para realizalo, o que pensades que vai ocorrer antes de facelo e o que ocorre despois de facelo.

Deixámosvos en arquivos adxuntos unha ficha de análise de experimentos por se vos serve de guía.

 

Ciencias Sociais: como tiñamos que facer a maqueta de maneira grupal imos cambiala a individual, con cousas que teñades pola casa e de refugallo. O tipo de paisaxe que teredes que facer é o que vos tocou como grupo; é dicir, se a un grupo tocoulle unha maqueta dunha paisaxe industrial, individualmente tamén teredes que facer a maqueta dunha paisaxe industrial. Lembrádevos que os elementos que tiñan que aparecer en cada unha das maquetas segundo o tipo de paisaxe son:

  • Paisaxes agrarias: campos, prados, granxas, vilas (cun par de casiñas é suficiente) e camiños 

  • Paisaxes industriais: fábricas, vías de comunicación, conducións (tuberías por exemplo) e espazos e servizos (oficinas, negocios, gasoliñeiras…)

  • Paisaxes urbanas: edificios, rúas, avenidas, prazas e as zonas da cidade (zona antiga, ensanche e periferia)

Matemáticas: faredes as fichas que adxuntamos como pdf. Hay 4 pdfs (un de números e operacións, un de multiplicacións, un de divisións e un de fraccións). Hai algúns exercicios que están tachados porque todavía non vimos eses contidos.

 

Valores: as nenas e nenos de 4ºA que ides a valores practicade as obras que á volta grabamos os vídeos. As nenas e nenos de 4ºB que ides a valores pensade que precisades para as fotos que faremos á volta.

 

Plástica: tedes abaixo unha ficha explicativa sobre o que facer.

 

Ademais de todo esto podedes facer actividades online de todas as materias na seguinte páxina web:

https://www.mundoprimaria.com/

 

En principio faremos estas cousas. A medida que vaian avanzando os días e se fose preciso, colgaremos máis material. Recomendámosvos que fagades cada día un pouquiño de cada cousa e, de ser posible, que vos marquedes un horario de traballo.

 

Para o que precisedes estamos en contacto mediante os seguintes correos:

alejandraledoc@edu.xunta.gal

albaariasprado@edu.xunta.gal

 

Coidádevos!

 

As titoras de 4º

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE