Cuarto

ENGLISH

As actividades de inglés están nesta mesma páxina máis abaixo.Deixo un enlace para que vos sexa máis doado atopalas.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorseoane/node/830

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Nesta semana, o venres celebraremos o "English Day", os outros días aparecerá un reto na páxina web do cole no que podedes participar.

Esperamos que vos divirtades moito. Saúdos.

Novena tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Esperamos que todo siga indo ben.

Traemos unha nova tanda de actividades que esperamos que vos gusten un montón.

Matemáticas: esta semana faremos unha actividade de repaso das tablas que atoparedes aquí:https://wordwall.net/es/resource/2267630/repaso-tablas . Trátase dunha ruleta na que sairán aleatoriamente multiplicacións que teredes que ir facendo. Recomendámosvos que intentedes facelo o máis rápido posible para traballar o cálculo mental.

Ademais, deixamos tamén en arquivos adxuntos unha ficha de fraccións.

Lingua Castelá: esta semana traballaremos a clasificación de palabras segundo o número de sílabas e a clasificación de palabras segundo a colocación da sílaba tónica. É unha actividade que xa coñecedes e que tedes que explicarlle á vosa familia para que a faga con vós. Volvemos a xogar coas ruletas (que podedes atopar neste enlace:https://wordwall.net/es/resource/2293887/ruleta-letras ) e o modelo da actividade o atoparedes en arquivos adxuntos.

Ademais disto, deixamos tamén en arquivos adxuntos un poema de Gloria Fuertes cunha serie de preguntas sobre el.

Lingua Galega: para seguir na liña da celebración do día das Letras Galegas, teredes que facer algo que xa fixemos na clase. Deixamos en arquivos adxuntos un poema de Rosaía de Castro (Adiós ríos, adiós fontes) no que faltan algunhas palabras. Teredes que completalo escoitando a canción que atoparedes neste enlace:https://www.youtube.com/watch?v=XmZMWldLk6k

Faremos o mesmo co himno galego, que tamén poderedes atopar en arquivos adxuntos, e que teredes que completar as palabras que faltan esoitando esta canción:https://www.youtube.com/watch?v=uuq41AURaFY

Ademais disto, deixamos tamén en arquivos adxuntos outro Caderno de crear historias. Esta vez teredes que axudar a Escarlatina e a Román. Ánimo!

Ciencias da Natureza: agora que xa sabemos os tipos de enerxía, imos traballar coas fontes de enerxía. Para iso, aquí vos deixamos unha breve explicación e unha actividade que esperamos que vos guste moito:https://view.genial.ly/5ebcfd3e99c3dc0d2ad932f5/interactive-content-fontes-de-enerxia

Ciencias Sociais: continuamos co proxecto do Imperio Romano. Se tedes xa a información que se pide, podedes intentar facer unha presentación de PowerPoint, como fixemos coa exposición de Ángeles Alvariño.

Plástica: esta semana traballaremos con un ilustrador moi chulo chamado Serge Bloch. Tedes toda a información en arquivos adxuntos.

Valores: sodes unas expertas/os en ver cortos sobre valores, así que agora ides planificar o voso propio corto no que traballedes os valores. Deixamos unha ficha en arquivos adxuntos onde explicamos o que teredes que pensar. Luces, cámaras e acción!

Relixión católica: deixamos a ficha en arquivos adxuntos.


Relixión evanxélica: deixamos a ficha en arquivos adxuntos.

Recordámosvos que podedes atopar máis actividades en páxinas como:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/category/primaria/3o_e_4o_de_primaria/

 

 

 

Oitava tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Esperamos que todo siga indo moi ben. Por aquí imos deixando unha nova tanda de actividades. 

 

Matemáticas:Deixamos en adxuntos 2 fichas para traballar as unidades, decenas, centenas, etc; e unha actividade interactiva para practicar as sumas: https://wordwall.net/play/2067/774/248  

 

Lingua Castelá:Nesta ligazón atoparedes unha presentación do uso de g e j, e unha actividade interactiva. https://view.genial.ly/5eb2a65da12f7f0d7e9947b8/presentation-gj

 

Lingua Galega: Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas dende a biblioteca do cole propoñévomos dous retos: o reto “Eu Falo Galego” e o reto “Ábrese o Pano”. Podedes atopar máis información ao respecto aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorseoane/node/934 

Ademáis, deixámosvos unha actividade para practicar a acentuación (agudas, graves, esdrúxulas): https://wordwall.net/play/2061/160/886

 

Ciencias Naturais: Para repasar a investigación das enerxías da semana pasada, deixámosvos esta actividade: https://es.liveworksheets.com/nb227911yh  

 

Ciencias Sociais:Esta semana volvemos facer unha viaxe no tempo! Esta vez toca o Imperio Romano. Podedes empezar a viaxe premendo aquí: https://view.genial.ly/5eb3e84d2d993f0d2458c2d1/interactive-content-imperio-romano

 

Plástica: Esta semana imos traballar a técnica "Zentangle Art". Para isto precisaremos so un folio e un rotulador negro. 

Comezaremos facendo un punto no centro do folio ou en calquer lugar do mesmo. Debuxamos dende ese punto líneas curvas. Finalmente, encheremos as líneas curvas con patróns deseñados por ti. Podes usar diferentes tipos de línea, curvas, puntos, figuras xeométricas… O que máis che guste!

Neste vídeo (non fai falla velo enteiro) podedes coller ideas: https://youtu.be/gBsW_wpFBxc

 

Valores: Esta semana falaremos sobre as persoas refuxiadas. Para iso, deixamos en arquivos adxuntos un conto e unha ficha cunhas preguntas. Recordade que non tedes que imprimir, podedes facer as preguntas nun folio ou no ordenador.

 

Relixión Católica: ficha en arquivos adxuntos.


Relixión Evanxélica: ficha en arquivos adxuntos.

Séptima tanda de actividades

Ola familias!

 

Como estades? Esperamos que todo vaia ben.

Deixamos por aquí unha nova tanda de actividades que esperamos que vos resulten entretidas. Recordamos que as actividades interactivas non é preciso que nos enviedes resultados porque nós podemos acceder como administradoras e ver os resultados de cada persoa. Pero non olvidedes poñer o voso nome!

 

Lingua Castelá: Tedes en arquivos adxuntos dúas fichas moi especiais. Na primeira delas, tedes que escribir unha lista de excusas polas que non trouxéchedes os deberes feitos a clase. Na segunda, hai que escribir unha carta ao voso tío Pepe, que é alérxico á letra “a”, polo tanto non podedes utilizala.

 

Lingua Galega: Deixamos un texto de comprensión escrita e unha ficha sobre as palabras compostas nos adxuntos, ademáis doutra actividade interactiva de repaso: https://wordwall.net/play/1980/642/954

 

Matemáticas: Escape room para salvar o mundo coa axuda das matemáticas: https://view.genial.ly/5eac50f8eacf4c0d67165c84/game-breakout-salvar-el-mundo-con-las-mates

Actividade interactiva de repaso das tablas de multiplicar: https://wordwall.net/play/1962/671/399

 

Ciencias da Natureza: Imos convertirnos en investigadoras/es na nosa casa! Deixamos en documentos adxuntos unha ficha cunha explicación das diferentes formas de enerxía. Teredes que investigar pola vosa casa tres aparellos que transmitan cada enerxía (se os hai!). 

 

Ciencias Sociais: Podedes seguir e rematar a actividade da Prehistoria da semana pasada. Ademáis, deixámosvos unha ficha de repaso das capas da atmosfera mais outra actividade online: https://wordwall.net/play/1850/479/821

 

Plástica: O Museo de Belas Artes da Coruña fixo unha proposta moi chula. Trátase de representar unha das nove obras que propón cos materiais ou técnicas que se elixan, facendo a vosa propia versión. Se estades interesadas/os, podedes despois enviala ao Museo de Belas Artes na seguinte dirección: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal. O prazo remata o 15 de maio e o día 18 (día Internacional dos museos) subiranse algunhas á páxina web. Aquí deixamos a información e as obras de arte que se propoñen. (Museo de Belas Artes https://www.instagram.com/p/B_XgMUyjPRh/

 

Valores: esta semana propoñemos unha actividade para traballar eses conflitos que poden aparecer en casa durante este confinamento. Deixamos en documentos adxuntos as instruccións do buzón das emocións. 

Relixión Católica: ficha en arquivos adxuntos.

Relixión Evanxélica: ficha en arquivos adxuntos.

Recordámosvos que podedes atopar material complementario en páxinas como:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/

Sexta tanda de actividades

Ola familias!

 

Como vai indo? Esperamos que todo ben.

 

Deixamos por aquí unha nova tanda de actividades que esperamos que vs resulten entretidas. As actividades interactivas non é preciso que nos enviedes resultados porque nós podemos acceder como administradoras e ver os resultados de cada persoa. 

 

Lingua Castelá: Ficha para recordar os ditongos e os hiatos, ademáis de un xogo para facer un pequeno repaso. 

https://wordwall.net/play/1738/227/922

Ademais disto tedes en arquivos adxuntos un exame un tanto peculiar. Tedes que contestar ás preguntas tendo en conta que sacáchedes un 0. A ver que se vos ocorre… 

 

Lingua Galega: Continuamos co diario. Exercicios online para repasar o vocabulario da familia e o suxeito e predicado.

Vocabulario familia: https://wordwall.net/play/1621/683/158

 

Suxeito e predicado: https://wordwall.net/play/1621/244/237

 

Matemáticas: adxuntamos unha ficha con problemas variados.

Divisiones terroríficas: https://wordwall.net/play/1761/309/408

Tabla do 8: https://wordwall.net/play/1760/276/474

 

Ciencias da Natureza: se non rematáchedes a investigación sobre o voso animal invertebrado, continuamos con ela. Ademais tamén podedes seguir facendo experimentos. 

 

Ciencias Sociais: Imos facer unha viaxe un tanto especial. Se queredes saber máis premede neste enlace: https://view.genial.ly/5ea1592643a2920da1ef6a7e/interactive-content-prehistoria

Deixamos en documentos daxuntos unha ficha chamada “Prehistoria” que podedes usar como referencia para completar a información. Non é preciso que a imprimades pero si podedes usala como modelo e facer esta investigación como unha liña do tempo, marcando o incio e o final de cada período cos acontecementos que os marcaron. 

Repaso do relevo de España: https://wordwall.net/play/1761/235/893

Plástica: Basándonos na obra do fotoperiodista Gregg Segal imos propoñervos unha actividade. Este famoso artista fotografiou nuha reportaxe para a revista Time a nenos e nenas rodeados da comida que consumen nunha semana. 

Unha profesora de Seúl, en Corea do Sur, propuxo ao seu alumnado unha tarefa inspirada nas fotos de Gregg Segal, pero cunha diferencia: cada neno ou nena debe fotografiarse con alomenos dez obxectos cotidianos habituais durante estes días de confinamento na casa: libros, xogos, instrumentos, tablet…

E isto é o que vos propoñemos:

 

1. Faite unha foto no chan, xunto polo menos dez obxectos que utilices estes días de encerro na casa , ou que definan a túa personalidade, os teus gustos e aficións... Procura que non sexan todos xoguetes. Podes poñer libros, xogos, material deportivo, instrumentos musicais, tecnoloxías, traballos que fixxeras, prendas de roupa... A lista de obxectos podería ser interminable. 

 

2. A foto ten que contar unha historia: como pasas o confinamento: as túas aficións, obxectos favoritos, os teus estados de ánimo...

 

3. Tómate o teu tempo: plafinica e prepara o escenario. Deseña a túa imaxe cuidadosamente coma se fose un plató de cine. Elixe o fondo, planifica a colocación dos obxectos e fai probas ata que atopes unha posición que che guste.

 

4. Cando esté todo listo, pide a alguén da túa familia que che faga a foto. A cámara ou o teléfono han de estar o máis horizontal posible. O mellor é subirse a unha cadeira ou escaleira de man(se a tes).

 

5. Vixila que teñas suficiente luz. A mellor é a luz do día. Colócate preto dunha ventá se tes opción.

 

6. Elixe unha postura. O teu corpo pode expresar sentimentos, emocións, e actitudes. Non fai falta que estedes ríxidas/os e estiradas/os. Podes adoptar unha posición diferente: de lado, de brazos abertos, agarrando algún obxecto... Tampouco fai falta que se che vexa a cara se non queres. Podes poñer unha mascarilla ou un gorro, unha sudadeira de capucha ou, simplemente, non mirar á cámara.

 

Deixamos en documentos adxuntos unha imaxe a modo de exemplo. 

Cando teñades a foto, por favor enviadea ao noso correo, e faremos un vídeo co resultado da actividade.

 

Valores: Esta semana vai de cine. Buscade unha peli que vos guste moito (de debuxos ou non) e pensade que valores dos que vimos na clase transmite. É a hora de sacar o noso ollo crítico e analizar se os valores que se transmiten son positivos ou negativos. No caso de ser negativos, pensade que cambio poderíamos facer no guión da peli para que fosen positivos. 

Educación Física: tedes un xogo preparado para o día da EF na casa. Premede neste enlace e o atoparedes. https://cosasdeducacionfisica.blogspot.com/2020/04/juego-de-ef-en-casa-el-dado.html

*INFO VIDEOCHAMADA

Ola familias!

Este é o enlace para acceder á información sobre como entrar á plataforma para levar a cabo a videochamada. (Só para as persoas participantes).

https://drive.google.com/open?id=1RyvyWUA3Ub_bhR6DnYPxh1QWuL70GnoE

Quinta tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Por aquí imos deixando unha nova tanda de actividades. 

Lembrámosvos que non son todas obligatorias, así que non vos agobiedes e ide facendo pouco a pouco. 

 

Lingua Galega: como é a semana do libro deixámosvos en documentos adxuntos unha serie de retos para que fagades ao longo desta semana. Ademais vos animamos tamén a que continuedes co diario. 

 

Lingua Castelá: podedes practicar a acentuación e as sílabas cos seguintes xogos: 

 

Palabras agudas: https://wordwall.net/play/1570/860/363 

 

Sílabas: https://wordwall.net/play/1571/183/451

 

Ademais, igual que Román, imos facer un libro de receitas. Estamos seguras de que estades aprendendo a facer un montón de cousas, así que queremos que compartades con nós unha (ou varias!) receitas para poer xuntalas todas. Deixamos en arquivos adxuntos un modelo das cousas que ten que incluír a vosa folla de receitas. Si, chef!

Matemáticas: atoparedes unha ficha de repaso das horas nos ficheiros adxuntos. Ademáis, faremos un kahoot dende unha tablet, un ordenador ou un teléfono móbil. Non olvidedes poñer o voso nome onde di "enter nickname".

 

https://kahoot.it/challenge/03127873?challenge-id=6d3c02fa-291d-459b-a6f2-d5ed7f1f1785_1587241296342

 

 

 

 

Ciencias da Natureza: xa sodes expertas e expertos en animais vertebrados, así que agora imos traballar os invertebrados. O traballo consiste en que cubrades os datos que vos facelitamos no documento adxunto (que son os mesmos que os que analizamos nos vertebrados) e fagades algún traballo cos materiais que teñades por casa (lapbook a pequena escala, presentación de PowerPoint ou similares, un resumo da información pedida… o que queirades e se vos ocorra). Tamén nos gustaría que nos enviarádes un vídeo facendo unha exposición do traballo realizado. Estamos traballando en dar algunha opción para que subades os vídeos, porque polo correo pode supoñer un problema polo tamaño. En canto teñamos iso resolto volo comunicamos!

 

Ciencias Sociais: actividade interactiva sobre as Comunidades Autónomas 

https://wordwall.net/play/1571/456/875

 

Plástica: imos poñernos creativas e creativos! Imos levar a cabo esta proposta da biblio do cole que consiste en representar a portada dun libro… ou dos que queirades! Deixamos por aquí o enlace á explicación, con exemplo incluído. 

 

http://bibliomistos.blogspot.com/2020/04/proposta-para-o-dia-do-libro.html

 

Relixión Católica: atoparedes unha nova ficha en adxuntos.

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE