Quinta tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Por aquí imos deixando unha nova tanda de actividades. 

Lembrámosvos que non son todas obligatorias, así que non vos agobiedes e ide facendo pouco a pouco. 

 

Lingua Galega: como é a semana do libro deixámosvos en documentos adxuntos unha serie de retos para que fagades ao longo desta semana. Ademais vos animamos tamén a que continuedes co diario. 

 

Lingua Castelá: podedes practicar a acentuación e as sílabas cos seguintes xogos: 

 

Palabras agudas: https://wordwall.net/play/1570/860/363 

 

Sílabas: https://wordwall.net/play/1571/183/451

 

Ademais, igual que Román, imos facer un libro de receitas. Estamos seguras de que estades aprendendo a facer un montón de cousas, así que queremos que compartades con nós unha (ou varias!) receitas para poer xuntalas todas. Deixamos en arquivos adxuntos un modelo das cousas que ten que incluír a vosa folla de receitas. Si, chef!

Matemáticas: atoparedes unha ficha de repaso das horas nos ficheiros adxuntos. Ademáis, faremos un kahoot dende unha tablet, un ordenador ou un teléfono móbil. Non olvidedes poñer o voso nome onde di "enter nickname".

 

https://kahoot.it/challenge/03127873?challenge-id=6d3c02fa-291d-459b-a6f2-d5ed7f1f1785_1587241296342

 

 

 

 

Ciencias da Natureza: xa sodes expertas e expertos en animais vertebrados, así que agora imos traballar os invertebrados. O traballo consiste en que cubrades os datos que vos facelitamos no documento adxunto (que son os mesmos que os que analizamos nos vertebrados) e fagades algún traballo cos materiais que teñades por casa (lapbook a pequena escala, presentación de PowerPoint ou similares, un resumo da información pedida… o que queirades e se vos ocorra). Tamén nos gustaría que nos enviarádes un vídeo facendo unha exposición do traballo realizado. Estamos traballando en dar algunha opción para que subades os vídeos, porque polo correo pode supoñer un problema polo tamaño. En canto teñamos iso resolto volo comunicamos!

 

Ciencias Sociais: actividade interactiva sobre as Comunidades Autónomas 

https://wordwall.net/play/1571/456/875

 

Plástica: imos poñernos creativas e creativos! Imos levar a cabo esta proposta da biblio do cole que consiste en representar a portada dun libro… ou dos que queirades! Deixamos por aquí o enlace á explicación, con exemplo incluído. 

 

http://bibliomistos.blogspot.com/2020/04/proposta-para-o-dia-do-libro.html

 

Relixión Católica: atoparedes unha nova ficha en adxuntos.

AdxuntoTamaño
LINGUA GALEGA - RETO368.46 KB
MATE - AS HORAS1.61 MB
NATURAIS - OS INVERTEBRADOS68.91 KB
RELIXIÓN148.62 KB
LINGUA CASTELÁ - RECETA.pdf1.79 MB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE