Novena tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Esperamos que todo siga indo ben.

Traemos unha nova tanda de actividades que esperamos que vos gusten un montón.

Matemáticas: esta semana faremos unha actividade de repaso das tablas que atoparedes aquí:https://wordwall.net/es/resource/2267630/repaso-tablas . Trátase dunha ruleta na que sairán aleatoriamente multiplicacións que teredes que ir facendo. Recomendámosvos que intentedes facelo o máis rápido posible para traballar o cálculo mental.

Ademais, deixamos tamén en arquivos adxuntos unha ficha de fraccións.

Lingua Castelá: esta semana traballaremos a clasificación de palabras segundo o número de sílabas e a clasificación de palabras segundo a colocación da sílaba tónica. É unha actividade que xa coñecedes e que tedes que explicarlle á vosa familia para que a faga con vós. Volvemos a xogar coas ruletas (que podedes atopar neste enlace:https://wordwall.net/es/resource/2293887/ruleta-letras ) e o modelo da actividade o atoparedes en arquivos adxuntos.

Ademais disto, deixamos tamén en arquivos adxuntos un poema de Gloria Fuertes cunha serie de preguntas sobre el.

Lingua Galega: para seguir na liña da celebración do día das Letras Galegas, teredes que facer algo que xa fixemos na clase. Deixamos en arquivos adxuntos un poema de Rosaía de Castro (Adiós ríos, adiós fontes) no que faltan algunhas palabras. Teredes que completalo escoitando a canción que atoparedes neste enlace:https://www.youtube.com/watch?v=XmZMWldLk6k

Faremos o mesmo co himno galego, que tamén poderedes atopar en arquivos adxuntos, e que teredes que completar as palabras que faltan esoitando esta canción:https://www.youtube.com/watch?v=uuq41AURaFY

Ademais disto, deixamos tamén en arquivos adxuntos outro Caderno de crear historias. Esta vez teredes que axudar a Escarlatina e a Román. Ánimo!

Ciencias da Natureza: agora que xa sabemos os tipos de enerxía, imos traballar coas fontes de enerxía. Para iso, aquí vos deixamos unha breve explicación e unha actividade que esperamos que vos guste moito:https://view.genial.ly/5ebcfd3e99c3dc0d2ad932f5/interactive-content-fontes-de-enerxia

Ciencias Sociais: continuamos co proxecto do Imperio Romano. Se tedes xa a información que se pide, podedes intentar facer unha presentación de PowerPoint, como fixemos coa exposición de Ángeles Alvariño.

Plástica: esta semana traballaremos con un ilustrador moi chulo chamado Serge Bloch. Tedes toda a información en arquivos adxuntos.

Valores: sodes unas expertas/os en ver cortos sobre valores, así que agora ides planificar o voso propio corto no que traballedes os valores. Deixamos unha ficha en arquivos adxuntos onde explicamos o que teredes que pensar. Luces, cámaras e acción!

Relixión católica: deixamos a ficha en arquivos adxuntos.


Relixión evanxélica: deixamos a ficha en arquivos adxuntos.

Recordámosvos que podedes atopar máis actividades en páxinas como:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/category/primaria/3o_e_4o_de_primaria/

 

 

 

AdxuntoTamaño
MATEMÁTICAS.jpg81.1 KB
L. CASTELÁ - Xogo.pdf36.75 KB
L. CASTELÁ - Gloria Fuertes.pdf1.19 MB
L. GALEGA - Adios Ríos, Adiós Fontes.pdf106.28 KB
L. GALEGA - Himno galego.pdf236.74 KB
L. GALEGA - Caderno de crear historias.pdf149.88 KB
PLÁSTICA - Serge Bloch.pdf164.02 KB
VALORES - Creamos o noso corto.pdf9.02 KB
RELIXIÓN CATÓLICA.pdf54.07 KB
RELIXIÓN EVANXÉLICA.pdf414.88 KB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE