Oitava tanda de actividades

Ola, familias!

Como estades? Esperamos que todo siga indo moi ben. Por aquí imos deixando unha nova tanda de actividades. 

 

Matemáticas:Deixamos en adxuntos 2 fichas para traballar as unidades, decenas, centenas, etc; e unha actividade interactiva para practicar as sumas: https://wordwall.net/play/2067/774/248  

 

Lingua Castelá:Nesta ligazón atoparedes unha presentación do uso de g e j, e unha actividade interactiva. https://view.genial.ly/5eb2a65da12f7f0d7e9947b8/presentation-gj

 

Lingua Galega: Con motivo da próxima celebración do Día das Letras Galegas dende a biblioteca do cole propoñévomos dous retos: o reto “Eu Falo Galego” e o reto “Ábrese o Pano”. Podedes atopar máis información ao respecto aquí: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorseoane/node/934 

Ademáis, deixámosvos unha actividade para practicar a acentuación (agudas, graves, esdrúxulas): https://wordwall.net/play/2061/160/886

 

Ciencias Naturais: Para repasar a investigación das enerxías da semana pasada, deixámosvos esta actividade: https://es.liveworksheets.com/nb227911yh  

 

Ciencias Sociais:Esta semana volvemos facer unha viaxe no tempo! Esta vez toca o Imperio Romano. Podedes empezar a viaxe premendo aquí: https://view.genial.ly/5eb3e84d2d993f0d2458c2d1/interactive-content-imperio-romano

 

Plástica: Esta semana imos traballar a técnica "Zentangle Art". Para isto precisaremos so un folio e un rotulador negro. 

Comezaremos facendo un punto no centro do folio ou en calquer lugar do mesmo. Debuxamos dende ese punto líneas curvas. Finalmente, encheremos as líneas curvas con patróns deseñados por ti. Podes usar diferentes tipos de línea, curvas, puntos, figuras xeométricas… O que máis che guste!

Neste vídeo (non fai falla velo enteiro) podedes coller ideas: https://youtu.be/gBsW_wpFBxc

 

Valores: Esta semana falaremos sobre as persoas refuxiadas. Para iso, deixamos en arquivos adxuntos un conto e unha ficha cunhas preguntas. Recordade que non tedes que imprimir, podedes facer as preguntas nun folio ou no ordenador.

 

Relixión Católica: ficha en arquivos adxuntos.


Relixión Evanxélica: ficha en arquivos adxuntos.

AdxuntoTamaño
MATEMÁTICAS 1.pdf71.83 KB
MATEMÁTICAS 2.pdf58.29 KB
RELIXIÓN EVANXÉLICA.pdf647.63 KB
RELIXIÓN CATÓLICA.pdf212.22 KB
CONTO VALORES.pdf11.72 MB
PREGUNTAS VALORES.pdf3.24 MB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE