Séptima tanda de actividades

Ola familias!

 

Como estades? Esperamos que todo vaia ben.

Deixamos por aquí unha nova tanda de actividades que esperamos que vos resulten entretidas. Recordamos que as actividades interactivas non é preciso que nos enviedes resultados porque nós podemos acceder como administradoras e ver os resultados de cada persoa. Pero non olvidedes poñer o voso nome!

 

Lingua Castelá: Tedes en arquivos adxuntos dúas fichas moi especiais. Na primeira delas, tedes que escribir unha lista de excusas polas que non trouxéchedes os deberes feitos a clase. Na segunda, hai que escribir unha carta ao voso tío Pepe, que é alérxico á letra “a”, polo tanto non podedes utilizala.

 

Lingua Galega: Deixamos un texto de comprensión escrita e unha ficha sobre as palabras compostas nos adxuntos, ademáis doutra actividade interactiva de repaso: https://wordwall.net/play/1980/642/954

 

Matemáticas: Escape room para salvar o mundo coa axuda das matemáticas: https://view.genial.ly/5eac50f8eacf4c0d67165c84/game-breakout-salvar-el-mundo-con-las-mates

Actividade interactiva de repaso das tablas de multiplicar: https://wordwall.net/play/1962/671/399

 

Ciencias da Natureza: Imos convertirnos en investigadoras/es na nosa casa! Deixamos en documentos adxuntos unha ficha cunha explicación das diferentes formas de enerxía. Teredes que investigar pola vosa casa tres aparellos que transmitan cada enerxía (se os hai!). 

 

Ciencias Sociais: Podedes seguir e rematar a actividade da Prehistoria da semana pasada. Ademáis, deixámosvos unha ficha de repaso das capas da atmosfera mais outra actividade online: https://wordwall.net/play/1850/479/821

 

Plástica: O Museo de Belas Artes da Coruña fixo unha proposta moi chula. Trátase de representar unha das nove obras que propón cos materiais ou técnicas que se elixan, facendo a vosa propia versión. Se estades interesadas/os, podedes despois enviala ao Museo de Belas Artes na seguinte dirección: mu.belas.artes.difusión@xunta.gal. O prazo remata o 15 de maio e o día 18 (día Internacional dos museos) subiranse algunhas á páxina web. Aquí deixamos a información e as obras de arte que se propoñen. (Museo de Belas Artes https://www.instagram.com/p/B_XgMUyjPRh/

 

Valores: esta semana propoñemos unha actividade para traballar eses conflitos que poden aparecer en casa durante este confinamento. Deixamos en documentos adxuntos as instruccións do buzón das emocións. 

Relixión Católica: ficha en arquivos adxuntos.

Relixión Evanxélica: ficha en arquivos adxuntos.

Recordámosvos que podedes atopar material complementario en páxinas como:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/

AdxuntoTamaño
LINGUA CASTELÁ - EXCUSAS39.72 KB
LINGUA CASTELÁ - LETRA A738.16 KB
LINGUA GALEGA - PALABRAS COMPOSTAS1.5 MB
LINGUA GALEGA - COMPRENSIÓN PARTE 130.72 KB
LINGUA GALEGA - COMPRENSIÓN PARTE 232.58 KB
NATURAIS - FORMAS DE ENERXÍA44.27 KB
SOCIAIS - CAPAS ATMOSFERA95.73 KB
RELIXIÓN CATÓLICA205.02 KB
RELIXIÓN EVANXÉLICA409.96 KB
VALORES - BUZÓN DAS EMOCIÓNS.pdf2.54 MB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE