Actividades 4ºEP

Ola a todas e a todos!

Imos pasar algunhas semanas na casa, pero xa sabedes que non son vacacións. En canto poidamos voltar ao cole falaremos das experiencias e sensacións que tivemos ao longo deste tempo, que esperemos sexa o máis curto posible.

Mentres, para que traballedes un pouco na casa imos deixar por aquí algunhas pautas xerais para que fagades.

 

Lingua Castelá: como seguro que tendes un montón de libros por ler imos aproveitar este tempo para iso. Ademais, como xa sodes expertas e expertos en facer resumos, teredes que facer un de cada libro que leades nun folio que ten que incluír: título do libro, autor ou autora, resumo e valoración persoal (é dicir, se vous gustou ou se non e os motivos).

Deixamos abaixo, nos documentos adxuntos, un modelo de ficha de resumo para que non se vos esqueza nada.

 

Lingua Galega: estamos pasando por un periodo moi pouco frecuente na historia así que faredes un diario no que anotaredes cada día as cousas que facedes e os avances que ides vendo con respecto a esta situación. Ten que estar en galego e, se podedes, facelo en follas soltas para entregalo cando volvamos a clase.Gustaríanos que incluírades tamén unha descrición de como vos sentides, das vosas emocións.

Ademais deste diario esta semana traballaremos a expresión escrita a través das seguintes situacións e seguindo as pautas marcadas.

 

 

 

 

 

Ciencias Naturais: tendes que facer experimentos con cousas que teñades por casa. Podedes facer todos os que queirades, pero con cada experimento faredes unha ficha co nome do experimento, os elementos necesarios para realizalo, o que pensades que vai ocorrer antes de facelo e o que ocorre despois de facelo.

Deixámosvos en arquivos adxuntos unha ficha de análise de experimentos por se vos serve de guía.

 

Ciencias Sociais: como tiñamos que facer a maqueta de maneira grupal imos cambiala a individual, con cousas que teñades pola casa e de refugallo. O tipo de paisaxe que teredes que facer é o que vos tocou como grupo; é dicir, se a un grupo tocoulle unha maqueta dunha paisaxe industrial, individualmente tamén teredes que facer a maqueta dunha paisaxe industrial. Lembrádevos que os elementos que tiñan que aparecer en cada unha das maquetas segundo o tipo de paisaxe son:

  • Paisaxes agrarias: campos, prados, granxas, vilas (cun par de casiñas é suficiente) e camiños 

  • Paisaxes industriais: fábricas, vías de comunicación, conducións (tuberías por exemplo) e espazos e servizos (oficinas, negocios, gasoliñeiras…)

  • Paisaxes urbanas: edificios, rúas, avenidas, prazas e as zonas da cidade (zona antiga, ensanche e periferia)

Matemáticas: faredes as fichas que adxuntamos como pdf. Hay 4 pdfs (un de números e operacións, un de multiplicacións, un de divisións e un de fraccións). Hai algúns exercicios que están tachados porque todavía non vimos eses contidos.

 

Valores: as nenas e nenos de 4ºA que ides a valores practicade as obras que á volta grabamos os vídeos. As nenas e nenos de 4ºB que ides a valores pensade que precisades para as fotos que faremos á volta.

 

Plástica: tedes abaixo unha ficha explicativa sobre o que facer.

 

Ademais de todo esto podedes facer actividades online de todas as materias na seguinte páxina web:

https://www.mundoprimaria.com/

 

En principio faremos estas cousas. A medida que vaian avanzando os días e se fose preciso, colgaremos máis material. Recomendámosvos que fagades cada día un pouquiño de cada cousa e, de ser posible, que vos marquedes un horario de traballo.

 

Para o que precisedes estamos en contacto mediante os seguintes correos:

alejandraledoc@edu.xunta.gal

albaariasprado@edu.xunta.gal

 

Coidádevos!

 

As titoras de 4º

 

AdxuntoTamaño
1- Números y operaciones.pdf315.98 KB
2- Multiplicaciones.pdf180.79 KB
3- Divisiones.pdf365.64 KB
4- Fracciones.pdf302.14 KB
Plástica.pdf1.33 MB
Hoja resumen.pdf63.52 KB
Fichas experimentos.pdf49.9 KB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE