Cuarta tanda de actividades

Ola familias!

 

Como estades? Esperamos que todo vaia ben e que o sigades levando o mellor posible. 

 

Despois destas “vacacións” temos que intentar volver á rutina. Como de momento non temos noticias de como proceder co curso seguiremos facendo actividades variadas e de repaso e de todas as materias. 

Se non rematáchedes o anterior podedes seguir facendo esas actividades. Recordamos que todo o que propoñemos non é obrigatorio, senón que queremos darvos unha variedade de actividades para que poidades escoller. 

 

Lingua Castelá: deixámosvos as seguintes fichas interactivas, nas que poderedes responder directamente no ordenador e comprobar os resultados.  Unha vez rematada a ficha, pulsade en “terminado”, e despois en “comprobar as miñas respostas”.

So tedes que premer nos seguintes enlaces:

Acentos y tildes

Género y número de los sustantivos

 

Lingua Galega: Seguimos co diario.

 

Matemáticas: igual que en Lingua Castelá, aportamos as seguintes fichas interactivas:

Crucinúmeros

Fracciones - unir con flechas

 

Ciencias Sociais: Ninguén dixo que sen saír da casa non se pode viaxar, así que vos propoñemos que nos contedes como serían as vosas vacacións ideais. Para iso vos deixamos esta páxina para que sigades todos os pasos (https://view.genial.ly/5e946517f4ee500d9fed3367/horizontal-infographic-timeline-vacacions-1). Gustaríanos tamén que, unha vez rematedes, vos grabedes un vídeo facendo unha exposición de todos os puntos que vos pedimos. Recomendámosvos que empreguedes aplicacións como o Google Maps ou o Google Earth e ademais, algunhas páxinas de museos de todo o mundo están a permitir visitar virtuais que seguro que son moi chulas.

 

Plástica: Adxuntamos un titorial de como facer un afundir a frota caseiro.

 

 

 
AdxuntoTamaño
PLÁSTICA - AFUNDIR A FROTA596.55 KB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE