DÉCIMA TANDA DE ACTIVIDADES

Ola, familias!

 

Como estades? Esperamos que siga indo todo o mellor posible.

 

Por aquí vos deixamos unha tanda nova de actividades para esta semana. Aproveitamos para recordarvos que esta semana celebraremos o English Day! Tedes máis información na páxina web do cole. Non volo perdades! https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorseoane/node/1027

 

Matemáticas: Realizaremos unha actividade para practicar o cálculo mental nas restas: https://wordwall.net/play/2504/502/358

nas sumas: https://wordwall.net/play/2539/813/757

e unha ficha interactiva da descomposición de números: https://es.liveworksheets.com/gy125564bn

 

Lingua Castelá: En arquivos adxuntos tedes unha ficha para traballar sobre un poema de Federico García Lorca.  Ademáis de dúas actividades de expresión escrita: na primeira seremos uns famosos/as youtubers, e na segunda teremos que crear un videoxogo.

 

Lingua Galega: Deixamos en arquivos adxuntos unha comprensión lectora sobre as medusas e unha ficha para traballar as palabras homófonas.

 

Ciencias da Natureza: Continuamos coa actividade da semana pasada.

 

Ciencias Sociais: Deixámosvos unha actividade na que teredes que pensar e imaxinar un montón: https://view.genial.ly/5ecb75e59330ad0d7cd6f37d/interactive-content-desena-o-teu-pais

 

Plástica: Como moitos museos aínda están pechados, Hervé Tullet propón que creemos unha exposición na casa. Algunhas das súas recomendacións son:

“Fainas á tua maneira, utilizando as cores que TI queiras, so/a oun coa tua familia, cos ollos abertos ou pechados, nun día ou durante unha semana, fainos pequeniños ou xigantes… Cando remates, podes ter a túa propia exposición coma nun museo de verdade: no teu cuarto, na túa ventá ou incluso un caderno”.

Tedes toda a información desta actividade nos arquivos adxuntos. Se queredes ver algúns exemplos para inspirarvos, podedes entrar no seguinte enlace:

https://lexpoideale.com/fr/expo-ideales/

 

Valores: Visualizaremos un corto e traballaremos sobre a asertividade. Podedes velo aquí: https://youtu.be/q1K9EH90CyA . Deixamos en arquivos adxuntos toda a información ao respecto.

 

Educación Física: Esta semana tedes un reciclaxogo: como construir xoguetes con materiais de refugallo. Ademáis de “antídotos saludables”: un xogo para derrotar ao virus.

Toda a información no blogue de EF:https://cosasdeducacionfisica.blogspot.com/

 

Ademais de todo isto deixamos por aquí algunhas páxinas onde podedes atopar máis actividades:

https://www.mundoprimaria.com/

https://aulasgalegas.org/

 

Tamén vos deixamos uns enlaces a libros virtuais por se precisades de máis:

Lingua Castelá: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202024243_U32_U1_U101_U2

Lingua Galega: http://pdi.vicensvives.com/pdi/lingua4/program/index.html#/lb

Matemáticas: https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202014243_U32_U1_U101_U2

AdxuntoTamaño
LINGUA CASTELÁ - FEDERICO GARCÍA LORCA1.44 MB
LINGUA CASTELÁ - EXPRESIÓN ESCRITA YOUTUBER994.31 KB
LINGUA CASTELÁ - EXPRESIÓN ESCRITA VIDEOXOGO515.41 KB
LINGUA GALEGA - COMPRENSIÓN LECTORA492.6 KB
LINGUA GALEGA - PALABRAS HOMÓFONAS536.62 KB
PLÁSTICA66.99 KB
VALORES - A ASERTIVIDADE25.44 KB

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE