RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2021/22 PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O próximo 11 de xaneiro iníciase o prazo para a reserva de praza nos centros adscritos para o alumnado de 6º de Primaria. 

Podedes acceder a toda a información pinchando aquí.

SPREAD CHRISTMAS CHEER

Buscamos o espírito do Nadal na nosa comunidade. Atréveste a mandarnos unha foto ou un pequeno video como os que vedes neste video? Se é así, podedes facelo enviándoo ao correo electrónico: vilose2019@gmail.com poñendo no asunto o nome do alumno/a e o seu curso.

Calendario de Advento de Contos

Este ano querémosvos agasallar cun conto para cada un dos días antes do Nadal. Todos eles cunha temática relacionada coa igualdade, diversidade, repecto e a tolerancia representados polo noso alumnado con todo o seu agarimo. Abride o cartel que corresponde ao día da semana e gozade do conto! Cada día estrearase un deles (non se poderán ver antes do día). Podedes deixar o voso comentario no blog despois de velos para que os creadores poidan velos.

  


 

Devolución cartos excursión cancelada a Manzaneda do curso 19-20

 

AVISO IMPORTANTE PARA O ALUMNADO QUE CURSABA 6º NO CURSO 19-20

 

Dende Manzaneda xa realizaron a devolución dos cartos da reserva da excursión programada o pasado curso e que foi cancelada por mor do confinamento. Realizaremos a entrega dos cartos o xoves 22 de outubro de 2020 de 16:00 a 18:00. Poderán pasar a recollelo as nais, pais ou titores legais. Por mor do COVID-19 a entrega realizarase do seguinte xeito: Chamades ao timbre e o conserse achegarase co sobre e o listado para anotar a recollida. Moitas grazas.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG do 08/10/2020)

MARTES 29 DE OUTUBRO ÁS 12:00 HORAS, 

SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN DOS 

MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL

(Titulares e Suplentes)

 

IMPORTANTE: A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR QUEDA POSPOSTA ATA NOVO AVISO

PROTOCOLOS COVID

No lateral da páxina, no apartado de protocolo COVID, en documentos, tedes colgados os protocolos adaptados da ANPA FARO e o da FEDERACIÓN DE ANPAS.

 

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE