COIDÁNDONOS ENTRE TODOS

Familias, cando deixemos aos peques no cole temos que dar exemplo, sexamos puntuais e manteñamos as distancias!!! É duro, pero necesario.

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Agradecemos a colaboración das familias pola boa entrada no día de hoxe. 

Recordade que debedes chegar ao centro no voso horario, nin antes nin despois para evitar aglomeracións. 

 

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS!!!

 

 

ALUMNADO QUE SE INCORPORA POR PRIMEIRA VEZ AO CENTRO

O alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro terá que esperar ata ás 9:15horas no exterior do recinto para que o profeosrado os acompañen as súas respectivas aulas. 

NOVOS AGRUPAMENTOS CURSO 2020/21

          Pinchade nas iconas dos vosos/as fillos/as

                     

                       

                                               

                       

                       

                                               

                       

                                                

                         

 

 

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Mañá mércores 9 de setembro haberá reunións presenciais en grupos reducidos para as familias do alumnado de Educación Infantil.
Achegamos os horarios e a información relativa aos diferentes cursos de 3, 4 e 5 anos.
 
 
                                              
 (pincha na icona)                                         (pincha na icona)
     4 e 5 anos                                                      3 anos                    
 
 

COMENZO DE CURSO 2020/21

O xoves día 10 de setembro comenzarán en horario de 9-14 horas os seguintes cursos:

  • 1º, 2º e 3º de E. PRIMARIA   
  • 5º de E. INFANTIL (4 anos)
  • 4º de E. Infantil (3 anos) comenzará tamén o xoves 10 de setembro en horario segundo o seu período de adaptación.

venres 11 de setembro  incorporarase ao colexio o resto do alumnado en horario de 9-14 horas. E dicir, asistirán o alumnado que veu xa o xoves e será o primeiro día para os seguintes grupos:

  • 4º, 5º e 6º Ed. Primaria 
  • 6º de Ed. Infantil (5 anos)

Benvida Curso 20/21

Benvidos e benvidas a un novo curso:

 

Benvida da directora Carmen Franco Novoa as familias do CEIP Víctor López Seoane. Dende a comunidade educativa estamos a preparar un retorno ás aulas o máis seguro posible. Por favor, consultade a circular para coñecer as novidades deste curso. Moitas grazas.

 

SERVICIOS DE COMEDOR E MADRUGADORES: SOLICITUDES

Ola familias!

Esperamos que estedes todos ben. 

Recordámosvos que na web do ANPA (https://anpafaro.wordpress.com/) tedes toda a información para solicitar os servicios de Madrugadores e Comedor.

 

RECOMENDACIÓNS NOVAS FAMILIAS

Ainda non sabemos como será o comezo do curso que vén, pero o que si sabemos é que tentaremos que sexa o máis tranquilo e seguro posible para todo o noso alumnado.

Se premedes na seguinte imaxe encontraredes unhas pequenas recomendacións para as novas familias de 3 anos do vindeiro curso 2020/21. 

                                     

RECOLLIDA DO MATERIAL DO ALUMNADO

Como xa estamos na fase 2 poderedes vir ao centro a recoller o material que quedou nas aulas dos vosos fillos e fillas. Esto terémolo que facer de forma organizada para evitar aglomeracións e poder cumprir así co protocolo de seguridade sanitaria

Normas de acceso

 * Na medida do posible acudir unha persoa por familia

* Non se permitirá a entrada ao centro sen mascarilla. 

* Esperarase no porche mantendo a distancia de seguridade a que sexa o noso turno. 

 

 Os días para recoller os materiais son os seguintes:

 

DIA (10 a 13 h.)

CURSOS

Mércores 27/05

1º e 2º EP

Xoves 28/05

3º e 4º EP

Venres 29/05

5º e 6º EP 

Luns 01/06

5 anos

Martes 02/06

3 e 4 anos

 

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE