Skip to Content

A Paz

DÍA DA PAZ e Save the Children 30 de xaneiro de 2024

O martes, día 30 de xaneiro de 2024, celebramos no patio do colexio o DÍA DA PAZ. Saimos todos ao patio e comezamos facendo un baile "A POLKA DA PAZ". Continuamos coa lectura por parte do alumnado de 6º de primaria dun texto informativo proposto pola ONG Save the Children sobre os problemas que están a sufrir os menores que se atopan en zonas de conflictos bélicos. Posteriormente fixemos a XX Carreira Quilómetros de Solidariedade co fin de recadar cartos para enviarlle a esta ONG, da que somos "Centro Embajador". Recadáronse en total 173,39 € que xa foron ingresados na conta desta ONG Save the Children. Ramatamos a celebración coa "RUMBA DAS APERTAS".

NO COLE DICIMOS "NON Á GUERRA" 18-03-22

"NON Á GUERRA" e o lema que colocamos nas fiestras do cole como rechazo ante calquer tipo de violencia, conflito armado, etc... No cole celebramos un acto conxunto, colaborando tamén na recadación de fondos a través da ONG Save the Children, lendo un Manifesto e bailando unha canción do folclore ucraíno titulada "Oi u haiu". Picando nas imaxes poderedes ver fotos e vídeos de ese día.

DÍA DA PAZ 30-01-22

Celebramos o DÍA DA PAZ o día 30 de xaneiro de 2.022. Iniciamos as actividades cunha lectura sobre MARTE e posteriormente fixemos unha actividade para transformar ao deus da guerra para os romanos no deus da paz. Quedou moi fermoso. Tamén levamos a cabo, un ano máis como centro embaixador, a proposta da ONG Save The Children, celebrando a XVIII edición Carreira Quilómetros de Solidariedade para recadar cartos para os países do Corno de África como Somalia, Kenia e Etiopía.

O alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo unha lectura sobre este problema que sufren os nenos e nenas de esas zonas de África e como remate saímos ao patio para correr un pouco e racadar os cartos destinados para axudar a esta ong. Picade nas fotos e veredes que outras cousas pasaron ese día.

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 30-01-21

O venres 29 de xaneiro celebraremos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Levaremos a cabo diferentes actividades ademáis de unirnos como centro colaborador á proposta da ONG Save the Children, que a través da súa Carreira Kilómetros de Solidariedade recauda cartos para colaborar con países que se atopan en situacións complicadas. Este ano adican a Carreira á República Democrática do Congo. Tedes máis información no Blogue da Biblioteca.

Este curso escollimos como símbolo da paz e dentro do noso proxecto sobre as aves "MAZARICO LE CO PICO", a GRÚA. Se queredes máis información sobre este paxaro, picade no nome. Picando nas imaxes poderemos ver máis fotos de esa celebración.

DÍA DA PAZ 30-01-2020

Celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole o xoves día 30 de xaneiro, despois do recreo. Xuntámonos todos no corredor, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Alí desenvolvimos diversas actividades: nunha pomba xigante de cartón, os diferentes cursos foron pegando nela o anaco que lles tocaba decorado con diferentes motivos e estilos, algúns incluso con técnicas da India. Tamén os alumnos de 5º e 6º de primaria leron un manifesto sobre a Paz e déronnos máis información sobre a quen adica este ano a ONG Save the Children a súa Carreira Kilómetros de Solidariedade, da que somos embaixadores. Este ano adícase aos nenos e nenas da etnia Rohingya que tiveron que marchar a un campo de refuxiados en Bangladesh. A continuación fixemos unha carreira simbólica por grupos no pasillo e metéronse nunha urna os cartos que se xuntaron nas clases enviados ao centro polas familias para esta ong. Rematamos a actividade cantando e bailando a canción de "Don Melitón" e porsuposto coma sempre repartindo apertas a moreas. Pica AQUÍ para ver todas as fotos.

DÍA DA PAZ E SAVE THE CHILDREN 30-01-19

Celebramos o DÍA DA PAZ o mércores día 30 de xaneiro no pasillo do centro, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Os alumnos crearon nas diferentes aulas un VIOLENTOVIRUS, e para combatilo crearon unha vacina para atacalo, xa que neste curso estamos a traballar o Proxecto sobre "A Ciencia". Así cada aula creou "A VACINA DO BO TRATO". Cada grupo explicóulles aos demáis en que consistía esa vacina e como atacaba ao virus. Despois celebramos a XV Carreira Quilómetros de Solidariedade SAVE THE CHILDREN, este ano adicada a ZAATARI, campo de refuxiados Sirios en Xordania, e para os que vai destinada a recadación que se fixo dos cartos que trouxeron os nenos das casa. Rematamos este fantástico día bailando e cantando ao ritmo de "APERTAS QUE VOAN" de Paco Nogueiras. Se queredes ver tódalas fotos picade AQUÍ. E para ver a presentación sobre ZAATARI picade nos carteis.

DÍA DA PAZ 30-01-18

Celebramos o DÍA DA PAZ o martes día 30 de xaneiro de 2018. Os alumnos de 5º e 6º fixeron unhas lecturas para conmemorar este día, bailamos no pasillo do centro e para rematar fixemos unha vía Láctea como referencia ao noso proxecto sobre o Camiño, que nos levaba directamente á biblioteca do centro. Esto foi posible, recortando nas aulas símbolos da Paz en papel dourado e prateado e poñendoos na chan a modo de pegadas. Tódalas fotos de ese día podedes velas AQUÍ.

DÍA DA PAZ 30-01-17

Celebramos o DÍA DA PAZ o luns día 30 de xaneiro de 2017 en horario de tarde, facendo unha serie de actividades cos alumnos no pasillo do centro a través da música de Beethoven coa súa "Oda a alegría". Disfrutamos moito compoñendo parte desta partitura e logo bailamos coa canción "Don Melitón". Preme AQUÍ para ver as fotos de ese día.

   

DÍA DA PAZ 2016

Celebramos esta conmemoración o venres día 29 de xaneiro de 2016: Pola mañá, todos os nenos, visualizaron a película "INSIDE OUT", previamente traballado nas aulas o tema das emocións. Pola tarde, os nenos e nenas de 5º e 6º, leron un manifesto pola paz, que remataba nomeando a palabra PAZ en 15 idiomas diferentes. Tamén por grupos de aula elaboráronse BANDEIRAS OLÍMPICAS a partir de diferentes símbolos, que colocamos no corredor do centro. Para rematar saimos todos ao patio para bailar unha Danza Israelí titulada "Hora Chadera". Rematamos a actividade abrazándonos todos no patio. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

 

 

DÍA DA PAZ 30-01-15

Celebramos o DÍA DA PAZ o venres día 30 de xaneiro de 2015 de 12:30 a 13:30 horas no pasillo do centro. Cada curso fixo carteis de actores de cine con frases que tivesen que ver coa Paz. Explicaron eses traballos e logo expuxéronse nun panel no pasillo do centro. Rematamos bailando e cantando (outros alumnos tocaban instrumentos) a canción "CAMPÁS POLA PAZ". Pola tarde tivemos unha "TARDE DE CINE" coa proxección de fragmentos de películas. Cada neno tiña que traer a súa entrada e dábaselle uns flocos de millo. Os fragmentos visionados foron: en E.I. "El Rey León", no 1º e 2º ciclo "Rebelión en la granja" e no 3º ciclo "Persépolis". Foi un día de Paz completiño!!!!! Para ver máis fotos de ese día, pica en calqueira das que están debaixo.

 

  

  

  

   

DÍA DA PAZ 2014

O DÍA DA PAZ 2014, celebrámolo no colexio o xoves día 30 de xaneiro con diferentes actividades: porqué se celebra ese día, frases da vida de Mandela, lectura de receitas sobre a Paz elaboradas por todos os alumnos do centro e posterior exposición no pasillo e para rematar cantaron e bailaron unha canción de O Sonoro Maxín que levaba por título "Querote máis que a tortilla de patacas con xamón". Eiquí vos queda un link do SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ. Tamén podedes visitar o noso BLOGUE DA BIBLIOTECA, onde atoparedes información sobre esta celebración e varios vídeos sobre a persoa de NELSON MANDELA.

  

  

DÍA DA PAZ 30-01-13

O día 30 de xaneiro de 2013, celebramos no noso colexio, o Día Escolar pola Paz, conmemorando o 65 Aniversario da morte de Gandhi. Fixemos algunhas actividades ás 15:15 horas: colgamos nun mural anacos da pomba que vedes eiquí arriba, como un puzzle, pero cada clase escribiu no seu anaco a palabra PAZ traducida ao idioma que están a traballar no proxecto de aula sobre as culturas (americano, inuit, chino, hindú, ruso e africano). Despois, da man da profe de música (SUSI) tódolos nenos do cole e os mestres, cantamos a canción "APERTAS QUE VOAN".Eiquí tedes o resultado!!!! Picade na pomba para ver máis fotos.

DÍA DA PAZ 30-01-12

CELEBROUSE DURANTE A MAÑÁ DO DÍA 30, COAS SEGUINTES ACTIVIDADES: DENDE AS 10 ATA A HORA DO RECREO VISIONÁRONSE PELÍCULAS SOBRE A PAZ (INFANTIL: "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ"; 1º E 2º CICLO DE PRIMARIA. "EL GIGANTE DE HIERRO"; 3º CICLO DE PRIMARIA: "AZUR E ASMAR"). DESPOIS DO RECREO, FIXEMOS TODOS UNHA GRAN RODA NO PATIO. PRIMEIRO CANTARON OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA UNHA CANCIÓN DE PRODUCCIÓN PROPIA, E DESPOIS TODOS CANTAMOS E BAILAMOS A CANCIÓN "CAMIÑO DE VISEU". PARA REMATAR AS ACTIVIDADES NO PATIO FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS, UNHA POR CURSO. DENTRO DO COLEXIO ELABOROUSE UNHA ÁRBORE CO LEMA "OS NOSOS DESEXOS DE PAZ", ONDE CADA ALUMNO DO CENTRO COLGOU A SÚA POMBA DE PAPEL CUN DESEXO DE PAZ, ATA FORMAR A COPA DA ÁRBORE.


 


           

DÍA DA PAZ 2011

Celebramos o Día da Paz o venres 28 de Xaneiro de 2011, pola tarde no patio cuberto, debido ás inclemencias meteorolóxicas. Recitáronse poemas e léronse manifestos e obras pequeniñas entre todos. Despois cantouse unha canción sobre a paz, con baile incluido, e para rematar soltáronse pombas. ¡¡¡Un día inolvidable.!!! Para ver máis fotos pincha na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut