Skip to Content

Magosto

MAGOSTO 2023

O venres 10 de novembro celebramos no cole o MAGOSTO. Durante a mañá o alumnado de 5º e 6º axudado por algún mestre, Luís e as cociñeiras picaron as castañas. Xa pola tarde comemolas e nunha maravillosa xuntanza coas familias, antiguos alumnos e mestres (Susi), levamos a cabo unha xincano de xogos tradicionais. Pasámolo fantásticamente ben!!!!!

MAGOSTO 2.021-ANXO MOURE E A SÚA CICLOBIBLIOTECA

Celebramos o San Martiño 2021 o xoves 11 de novembro e con el o MAGOSTO de cada ano. Para levar a cabo unha das festas máis fermosas do outono, decidimos que nos acompañara ANXO MOURE coas súas historias e a súa ciclobiblioteca. Chegou ao cole coa súa bici cargada de contos que compartiu con nós nunha tarde solleira e maravillosa debaixo do noso castaño, para rematala comendo o seu froito, as castañas. Picando na imaxe veredes máis fotos de ese día.

MAGOSTO 2020

O venres día 13 de novembro e cunha tarde fantástica, celebramos como é habitual o MAGOSTO. Este ano dun xeito diferente xa que ante todo cumprimos coas normas de separación, uso de xel hidroalcólico e lavado de mans, ademáis de levar a máscara. Pero tamén tivemos momentos para xogar, divertirnos e sobre todo comer castañas. Picando AQUÍ veredes todas as fotos de ese día.



 

MOGOSTO E ACTUACIÓN DO MAGO BENXAMÍN 11-11-19

O luns día 11 de novembro celebramos o MAGOSTO coa visita do MAGO BENXAMÍN, que fixo a delicia dos nenos e nenas cos seus fantásticos trucos de maxia. Ao remate do día para celebrar esta festividade, todo o colexio e pais e nais saímos para o patio pola tarde para comer as castañas que previamente asaron as cociñeiras na cociña. Pica nas imaxes para ver máis.


12-11-18 O MAGOSTO. "SIRCÓPATAS" CIRCO NA RÚA, PARA A RÚA E POLA RÚA.

O luns día 12 de novembro celebramos, como é habitual no centro, O MAGOSTO. Ás 14:45 tivemos o espectáculo da compañía galega "AS SIRCÓPATAS" de teatro e circo de rúa presentando "ROGELIO UN PAIASO EN RECUPERACIÓN". Despois comimos as castañas no patio, que previamente se cociñaron no forno do comedor.

(Rogelio, leva recluido en casa 20 anos, e vai sair por primeira vez a facer o que máis lle gusta: a máxia e os malabares. Rogelio un paiaso aparentemente inociente, que se vai xogar a vida polo cariño do público. Todos necesitamos que nos querian e nos axuden, no fondo todos levamos un Rogelio dentro. Dicir o que se pensa, sen prexuicios, dende a inocencia, axúdalle a empatizar cos demáis).

O MAGOSTO E CONTACONTOS CELSO FDEZ. SANMARTÍN 10-11-17

Celebramos o MAGOSTO o venres día 10 de novembro. Despois de xantar, baixamos para o patio para comer as castañas que prepararan previamnete no comedor do colexio as cociñeiras, xunto cos pais/nais e antiguos alumnos que se acercaron ata o centro. Unha vez rematado este acto, tivemos a sorte de poder contar no centro cun contacontos fantástico que xa estivera no noso centro hai polo menos 7 anos que é CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Esta sesión levouse a cabo na Biblioteca do centro e asistiron numerosos pais e antigos alumnos. Para ver o resto das fotos, as fotos do contacontos e os vídeos picade AQUÍ.


 

MAGOSTO 13-11-15

Celebramos O MAGOSTO o venres día 13 de novembro de 2015 en horario de tarde e no patio, xa que o tempo acompañaba. Mentras se asaban as castañas (gracias á colaboración de Miguel e Rubén), puidemos levar a cabo unha serie de xogos por equipos para entretemento dos nenos. Despois cantamos, tocamos instrumentos e bailamos coas coreografías da profe Susi, e xa para rematar o día demos renda solta ao bandullo e fartámonos de castañas.No patio xuntámonos alumnos, mestres, pais/nais, ex alumnos e mestras doutros anos, coma Cruz e Rocío, que se uniron a nos nesta celebración. Gracias a todos/as. Pica AQUÍ para ver todas as fotos deste día.

           

MAGOSTO 12-11-14

Debido ao mal tempo que nos acompaña, non poidemos celebrar o MAGOSTO cando tiñamos previsto e o 1º día que fixo algo de melloría (o mércores día 12 de novembro), saimos ao patio para celebralo. Saimos pola tarde e cantamos e bailamos unha canción que preparaou a mestra Susi chamada "Arao" de Pelo Gato 24. E despois a xantar as castañas ata fartar.



MAGOSTO 2013 (11-11-13)

Celebramos o MAGOSTO 2013, o luns día 11 de novembro pola tarde. Ademáis do asado de castañas, levaremos a cabo, coa colaboración de todos, unha ruleta de xogos, como en anos atrás. Tamén cantamos unha canción sobre o Magosto, con instrumentos, preparada pola mestra Susi. Pinchando nestas dúas fotos veredes as fotos dese día.


 

O MAGOSTO 09-11-12

O venres día 9 de novembro pola tarde, celebraremos O MAGOSTO. Ás 3 da tarde teremos a actuación do HOME ORQUESTRA, actividade que se organiza a través dun convenio entre a Deputación e a Anpa, e que quedara aprazada do curso pasado. Ás 4 da tarde comeremos as castañas, asadas previamente. Para ver máis fotos, picade el calquera de estas.


     

O MAGOSTO 2011

Celebramos o noso Magosto o xoves día 10 de novembro, no patio do colexio, ante a previsión, como así foi, de que o venres chovese. Os alumnos sairon ás 15:45 para o patio onde antes de comer as castañas, cantaron con instrumentos a canción "O agro" coa axuda inestimable da profe de música.


   

O MAGOSTO 2010

O luns día 15 de novembro, celebrouse O Magosto no noso centro, a pesar da climatoloxía. Ás tres da tarde e no pasillo do colexio os/as nenos/as representaron con intrumentos, cantando e bailando, cancións típicas destas festas. Saimos para o patio ás 15:45, momento no que se repartiron as castañas entre todos/as os/as nenos/as e algúns familiares que se acercaron ata o centro. Finalmente e ata a hora de marchar fixéronse algúns xogos como se ven facendo dende hai moitos anos. Ahí van algunhas das fotos para que vexades o ben que o pasamos entre todos/as. Ata o vindeiro ano.


                      

Distribuir contido


by Dr. Radut