Skip to Content

3º Ciclo

HABILIDADES SOCIAIS: "AUTOESTIMA", PARA 3º CICLO 03-02-15

O Martes día 3 de febreiro de 2015, en horario de 10 a 11:50 horas, tivemos no centro unha charla para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria sobre HABILIDADES SOCIAIS, para tratar concretamente o tema da "AUTOESTIMA", a través da Asociación Neria.

  

VIDEOCONFERENCIA DO IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 12-11-13

O martes, día 12 de outubro de 2013, levaremos a cabo en horario de 10:30 a 11:30 unha Videoconferencia para os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, co título IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, a cargo de Marilar Aleixandre, coordinada pola Coordinadora Galega de ENDL.


 


Tamén vos deixamos a presentación de ese día sobre "BENQUERIDOS INSECTOS".


ESCENIFICACIÓN DOS ALUMNOS DE 4º E 6º DE PRIMARIA 31-10-12

O mércores 31 de outubro, ás 12:20 e coincidindo coa hora de ler, os alumnos de 6º e 4º de primaria fixeron dúas escenificacións na biblioteca do centro. Os alumnos de 6º relatarón e escenificaron un conto popular ruso que leva por título A BRUXA REGAÑADENTES, e os alumnos de 4º cantaron unha canción típica mexicana sobre AS HORAS E AS CAVEIRAS. Se queredes ver fotos de esas actuacións, picade en calquera das fotos que aparecen eiquí.


 


 

OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS 3º CICLO PRIMARIA

Os días 17 e 26 de outubro de 2012, leváronse a cabo no centro uns OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de ed. primaria, organizados polo Equipo de Prevención de Drogodependencias e outras Condutas Adictivas da Asociación NERIA. Traballouse nestes obradoiros a AUTOESTIMA, a ASERTIVIDADE e a PRESIÓN DE GRUPO, saber dicir que non a través de xogos de rol. Eiquí tedes a todo o grupo cos traballos realizados. Pica nesta foto para ver máis.


CAMPAÑA DE PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS E O DÍA DOS NAMORADOS 14-02-11

O luns día 14 de febreiro de 2011, celebrouse no colexio unha  Campaña de sensibilización para a prevención de incendios forestais" para os alumnos/as de 5º e 6º de ed. Primaria (se queredes ver fotos pinchade na foto da campaña). Tamen se celebrou o Día dos namorados. Se queredes ver actividades sobre este tema visitade o noso Blogue da biblioteca. A nosa porquiña ROSIÑA moi gostosamente vos atenderá.


      

Distribuir contido


by Dr. Radut