Skip to Content

Infantil

COMEZA O IOGA PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS

O xoves día 15 de febreiro deu comezo as clases de IOGA para nenos co alumnado de 4º de Educación Infantil e que sigue levando adiante a profesora de Ioga Ana. Pasárono xenial e esta actividade repetirase cada 15 días ata o remate do curso. O resto de cursos xa estaban integrados nesta actividade ata final de curso, gracias á axuda inestimable da ONG Ayuda en Acción, que é quen nos subvenciona tal actividade, entre outras.

CANCIÓN DE INFANTIL PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS: "MEU O MUNDO É"

As nenas e nenos de Educación Infantil, fixeron este vídeo no que bailan ao ritmo da canción "MEU O MUNDO É", de Paco Nogueiras, amosándonos algunhas das palabras máis fermosas do noso idioma. Este vídeo forma parte das actividades feitas no colexio para rendir homenaxe a Xela Arias polo Dia das Letras Galegas. Esperamos que vos guste¡¡¡¡¡¡¡

Celebración do DÍA DA EDUCACIÓN 24-01-21

O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil do centro, quixo dun xeito moi especial celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN, e así nos deixaron este maravilloso vídeo. Esperamos que vos guste.

DÍA DA POESÍA

O día 21 de Marzo, coa chegada da primavera, celébrase o día da poesía. Os/as nenos/as de Educación Infantil quixemos festexalo traendo ó colexio algunhas poesías para compartir cos compañeiros/as e as mestras. Pedimos axuda ós nosos pais/nais, buscamos en libros, incluso se nos ocorreu sacar a voar a nosa inspiración e inventar algún poemiña.


Aquí tedes unha mostra:


                            

CHARLA DE Mª TERESA ANTELO, NAI DUN ALUMNO DE INFANTIL, SOBRE OS GOLFIÑOS E OUTROS ANIMAIS MAMÍFEROS 17-03-11

A nai de Manú Yago, deulles unha charla a todos os alumnos de ed. infantil o xoves día 17 de marzo, sobre os golfiños e outros animais mamíferos, dentro do Proxecto que están a traballar as mestras de ed. infantil durante este curso e que esta relacionado co tema do mar.


  

Distribuir contido


by Dr. Radut