Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 08-03-18

O xoves día 8 de marzo de 2018, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018. Eiquí vos queda un video dunha cantautora colombiana chamada Marta Gómez. A canción "Manos de mujeres" é unha homenaxe a tódalas mulleres do mundo. Tamén temos o cartel da Xunta para esta conmemoración.

EXCURSIÓN A FISTERRA E CEE 02-03-18

O venres día 2 de marzo de 2018, fomos todo o colexio de excursión. Aproveitamos un intre no que a chuvia nos daba unha tregua para acercarnos ao FARO DE FISTERRA, onde sacamos unha chea de fotos cos nenos. Debido ás inclemencias meteorolóxicas non puidemos ver outros lugares que tiñamos previstos como a FERVENZA DO ÉZARO e o CASTELO DE SAN CARLOS. Despois fomos a CEE onde asistimos a un Concerto do grupo de percusión ODAIKO, cos que sacamos fotos ao remate da actuación. De ahí regresamos para xantar no colexio. Para ver todas as fotos de FISTERRA ou de CEE, pica nos seus nomes.

ELABORACIÓN DOS BOLOS DO POTE NA PICOTA 26-02-18

O alumnado de 1º e 2º de primaria do colexio, asistiu xunto co seu titor Óscar á Picota para levar a cabo unha actividade gastronómica organizada polo Concello. Co fin de manter viva a tradición de elaborar BOLOS DO POTE nas Terras de Mazaricos, ao longo da semana os máis pequenos foron os protagonistas da actividade "O BOLO MIÚDO". Foi unha xornada turístico-educativa que se desenvolveu na nova aula gastronómica do Concello, e na que participaron nenos e nenas, ademáis do noso centro, de Pino de Val e da Picota. Os rapaces aprenderon a elaborar eles mesmos os bolos do pote, e coñeceron de man das amas de casa todos os ingredientes que os compoñen. A iniciativa foi deseñada e organizada polos alumnos-traballadores do obradoiro de emprego Proturismo 2017 coa colaboración das Amas de casa e o Concello de Mazaricos. Para ver tódalas fotos de ese día picade AQUÍ.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-18

O martes día 27 de febreiro de 2018, celebramos o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO. Esa mañá adicámoslle a hora de ler a Rosalía. Léronse poemas e días antes os nenos nas súas aulas fixeron unha actividade específica para esta celebración "AS FIESTRAS ABERTAS". Así cada neno, nena ou mestre lemos os nosos poemas abrindo as fiestras e ensinando tamén os debuxos que ían dentro. Con todas estas fiestras fíxose unha exposición no pasillo do centro. Para ver as fotos de esa celebración, picade AQUÍ.


EXCURSIÓN A CORUÑA 23-02-18

O venres día 23 de febreiro de 2018, fomos todo o colexio de excursión á Coruña. Os alumnos de 3 anos foron ao AQUARIUM acompañados pola súa titora Patricia e o mestre David. Mentras os de 4 e 5 anos e todos os de primaria forón ao Palacio da Ópera para asistir ao Concerto Didáctico "Noe, Noemí e Noemilia" interpretado pola Orquestra Sinfónica. Despois xuntámosnos todos e subimos ao Monte de San Pedro para xantar e xogar un rato nos columpios e máis no laberinto (o día era fantástico). Sobre as 15:15 horas regresamos para o colexio. Picando nas diferentes fotos, poderedes ver as fotos de ese día.


DÍA MUNDIAL DA RADIO 2018

O martes día 13 de febreiro de 2018, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO 2018. A través da plataforma "ESPORA", fixemos unha actividade días antes (xa que o día 13 era Entroido e polo tanto festivo), que consistía en gravar un pequeno audio na nosa Radio sobre a temática das mulleres deportistas. O texto foi facilitado polo organizadores da actividade, que se faría na Radio de varios centros educativos, co fin de xuntar tódalas gravacións e facer un audio que quedou moi bonito. A alumna do noso centro que se encargou de facer a gravación foi PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (5º de Primaria), que leu un texto sobre RONDA ROUSEY, campiona de artes marciais mixtas na UFC. Para escoitar o audio, picade na 1ª foto ou no audio que se atopa debaixo das fotos.

 

ENTROIDO 2018. "O EXÉRCITO DOS PANOS" DE ARCOS (Mazaricos).

Este ano, e despois de moito traballar tanto mestres, nenos como as familias, todo o centro disfrazámonos do "EXÉRCITO DOS PANOS" co fin de revitalizar o ENTROIDO DE ARCOS (Mazaricos). Ademáis do Exército había cegos, xenerais e músicos como Marcos e o mestre Óscar, que nos acompañaron durante toda a xornada levando cos seus instrumentos o ritmo deste exército. Celebrouse o venres día 9 de febreiro, e debido ao mal tempo, demos unha pequena volta polo pobo de San Cosme e regresamos axiña xa que a chuvia nos acompañaba durante todo o percorrido (ata nos tivemos que resguardar no Bar PEGO). Xa no cole de volta fixemos un desfile polo pasillo ao ritmo de támbor e bombo, para rematar no comedor levando a cabo a pertinente sesión fotográfica. Rematamos a xornada xantando todos xuntos no comedor do centro todos aqueles doces típicos de Entroido que elaboraron con moita amabilidade as familias (orellas, fillos, chulas,...) e bailando ao son da música típica destas datas. Deixamos a queima do Meco e o xogo das piñatas para o 1º día que faga bo tempo á volta das vacacións de Entroido. Si queredes ver tódalas fotos de ese día, picade AQUÍ.


CHARLA COA ARQUEÓLOGA DO CONCELLO 05-02-18

O luns día 5 de febreiro, tivemos a visita no centro de Nina, Arqueóloga do Concello, para dar unha charla aos nenos sobre o Patrimonio material e inmaterial do Concello de Mazaricos, sobre o cal estamos a traballar no centro co noso Proxecto do Plan Proxecta sobre o Camiño de Santiago a Fisterra ao seu paso por Mazaricos.

 

CHARLA DE FORMACIÓN SOBRE A RADIO NA BIBLIO 01-02-18

O xoves día 1 de febreiro e continuando coa posta a punto da nosa RADIO, tivemos para o profesorado unha charla con JAVIER PRADO ESPIÑEIRA (Rede Espora), sobre "O TRABALLO COA RADIO NA ESCOLA. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS". Ademáis puxo a funcionar todos os aparellos que mercamos para dotar á nosa Radio do instrumental imprescindible para comezar a funcionar (micros, mesa de mezclas, auriculares, ordenador, cableado, etc. E hasta comezamos a facer algunha grabación na nosa radio na escolar. Tamén tivemos algunha que outra experiencia cos nenos. Esto non fixo máis que comezar!!!!!!.

 

A CREACIÓN PASO A PASO DA NOSA RADIO-xaneiro 2018

Dende que nos concederon o Proxecto da "RADIO NA BIBLIO", non paramos de darlle voltas á cabeza para ver que aula poderiamos destinar a tal fin. Finalmente e despois de moreas de postas en común, tomamos a decisión de levar a cabo unha transfromación completa dun pequeno recuncho que está no medio do corredor e que estaba destinado a gardar documentación de Secretaria (antigamente, tamén fora a Dirección do centro). Pois nos puxemos mans á obra e comezamos a facerlle un cambio radical a dita aula. Pintura, tarima, revestimento nas paredes con madeira, conexións de internet, eléctricas, dotación do material necesario para a posta en marcha dunha radio, etc...E a cousa vai quedando como veredes a continuación. Pica AQUÍ para ver tódalas fotos.

   Continuará...

CHARLA DE SUSO E LEIRO SOBRE O ENTROIDO DE ARCOS 31-01-18

O mércores día 31 de xaneiro, tivemos a sorte de contar no centro coa presencia de Suso do Concello e o Sr. Leiro de Arcos, que nos viñeron a dar unha charla e poñer fotos cunha presentación, para coñecer máis polo miúdo o ENTROIDO DE ARCOS, sobre o que estamos a traballar este ano para o Entroido. As fotos de esta charla, verédelas picando AQUÍ.


DÍA DA PAZ 30-01-18

Celebramos o DÍA DA PAZ o martes día 30 de xaneiro de 2018. Os alumnos de 5º e 6º fixeron unhas lecturas para conmemorar este día, bailamos no pasillo do centro e para rematar fixemos unha vía Láctea como referencia ao noso proxecto sobre o Camiño, que nos levaba directamente á biblioteca do centro. Esto foi posible, recortando nas aulas símbolos da Paz en papel dourado e prateado e poñendoos na chan a modo de pegadas. Tódalas fotos de ese día podedes velas AQUÍ.

EXCURSIÓN A SANTIAGO AO AUDITORIO PARA VER "VIAXE ARREDOR DO MUNDO" 29-01-18

O Luns día 29 de xaneiro de 2018, fumos de excursión cos alumnos de primaria ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela para presenciar na sala Mozart "VIAXE ARREDOR DO MUNDO", dentro da programación DIDÁCTICOS AUDIOVISUAIS 17-18. Si picades no cartel, poderedes acceder á Unidade Didáctica. Os de primaria con anterioridade viron a exposición 10º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2017. Os de infantil foron á Fundación cunha visita guiada para ver "A ARTE NO CÓMIC" e despois visitaron unha oficina de Turismo. Rematamos o día xantando todos xuntos nun parque infantil na Alameda.

Todas as fotos de ese día podedes velas no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS EN NOIA 26-01-18

FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS EN A BAÑA 19-01-18

ESCOLLIDOS PARA PARTICIPAR NA 2ª FASE DO PROXECTO E-LBE.2.

En relación co desenvolvemento da segunda fase do Proxecto E-LBE, denominado E-LBE.2., que pretende explorar as posibilidades de uso do libro electrónico nas bibliotecas escolares, fumos escollidos para participar nel. Conta este proxecto cunha dotación de 2.000 € que deberán destinarse á actualización dos medios da biblioteca para poder facilitar actividades relacionadas coa lectura dixital á comunidade educativa. Esta iniciativa desenvolve obxectivos do actual Plan LÍA 2016-2020.

                   

CONTINUACIÓN CO PROXECTO DE FORMACIÓN DE MINDFULNESS

Continuaremos neste curso 2017-2018 co Proxecto de Formación S1701190-PFPP-S1731101 MINDFULNESS NA ESCOLA, e seguiremos un ano máis coas ponencias do docente do ano pasado JOAQUÍN CASTAÑO GUASH. A nosa intención e seguir adquirindo pautas sobre relaxación e mindfulness co fin de aplicalo posteriormente nas aulas cos nenos e na nosa propia vida cotiá.

FESTIVAL DE NADAL 2017

O xoves día 21 de decembro de 2017 en horario de mañá e no comedor do colexio, levouse a cabo coma tódolos anos o FESTIVAL DE NADAL 2017, coas actuacións musicais dos alumnos e alumnas (gracias á colaboración conxunta de alumnos e mestres, pero sobre todo ao gran traballo de Susi e Óscar), todas elas con un claro referente ao Proxecto integrado de Centro que este  ano baseabase no Turismo, e que leva por título "O MUNDO É MÁIS LINDO LENDO". Ao remate do festival, coma outros anos, tivemos a sorte de contar no centro coa presencia das súas maxestades de Oriente "OS REIS MAGOS", que agasallaron aos nenos e nenas do centro con regalos e caramelos.Si queredes ver tódalas fotos de ese día picade AQUÍ. E para ver os vídeos das actuacións, picando AQUÍ, poderedes velos descargados no blogue da Biblioteca.


FOTOS DE PACO RODRÍGUEZ PARA O CALENDARIO 2018

A finais de decembro deste ano, e cando estabamos en plena faena para a confección do noso CALENDARIO 2018, este ano adicado ao TURISMO, tivemos a gran sorte de poder contar no noso centro coa inestimable axuda de PACO RODRÍGUEZ, fotógrafo de La Voz de Galicia e amigo de Óscar e Susi, que nos axudou pero que moito, na creación e montaxe das fotografías do noso calendario. Aquí podedes ver fotos do traballo de ese día e o noso calendiario rematado. Mil grazas e outras mil apertas de parte dos nenos, nenas, mestres e demáis membros da comunidade educativa para ti Paco. Picando nas fotos do calendario, poderedes ver o calendario ampliado.

 

                   

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017

Celebramos coma tódolos anos o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2017. A participación foi total e os deseños maravillosos e con motivos relacionados co noso proxecto do turismo. As postais gañadoras foron as seguintes:

  • Educación Infantil: LUCÍA MOURELLE TORRADO
  • 1º e 2º de educación primaria: ÁNGEL GRILLE CALVELO
  • 3º e 4º de educación primaria: SAMUEL AROSA ANTELO
  • 4º e 5º de educación primaria: AINHOA CAL CURRAIS
  • Premio Especial: MIGUEL BARRUL IGLESIAS

Ademáis houbo unha postal gañadora total e que é a que representará ao colexio para enviar felicitacións destas festas fora do centro, que foi a de ÁNGEL GRILLE CALVELO (1º E.P.). Esta postal gañadora levará un poema de Manuel María titulado "Panxoliña de neve". Podesdes ver o resto das postais AQUÍ.

 

TEATRO EN INGLÉS FACE 2 FACE NA PICOTA 19-12-17

O martes día 19 de decembro pola mañá, asistimos na Aula de Cultura da Picota a unha obra de teatro do grupo FACE 2 FACE en inglés. Ademáis do teatro visionáronse 2 películas: "A volta ao mundo en 80 días" para infantil e 1º e 2º de primaria e "O Principiño" para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Esta actividade levouse a cabo xunto cos alumnos do C.E.I.P. de Pino de Val. Mentres uns veían a película os outros estaban no teatro e viceversa. As obras do teatro en inglés foron, para os máis pequenos "Snowball" e para os maiores "Labyrinth". Podedes ver tódalas fotos AQUÍ.


DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E HUMANOS 11-12-17

O luns día 11 de decembro de 2017, celebramos en horario de tarde e no pasillo do centro, O DÍA DOS DEREITOS DO NENO E HUMANOS e levamos a cabo a Celebración da XIV Carreira Quilómetros de Solidariedade SAVE THE CHILDREN, este ano para axudar ós/ás nenos/as de SUDÁN DO SUR. Primeiro os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria faláronos da problemática que sofre este país, a súa localización nun mapa de África e unha comparativa moi curiosa con Galicia. O alumnado de educación infantil fixo uns bonitos debuxos, inspirándose nas cinco cores da bandeira de Sudán do Sur. Despois cantamos a canción "Frère Jacques", coa compaña dos ukeleles dos nenos e nenas de 1º e 2º. Logo mentras sonaba esta mesma canción pero en africano os nenos colgaron na nosa árbore de nadal cunchas de cores (o proxecto de centro deste curso é sobre o Turismo) con desexos que leron mentras iban colgando as cunchas. Xa para rematar cada clase recadou algúns cartos para enviarlle á ONG Save The Chldren para enviar axuda a este país de Sudán do Sur para paliar os problemas derivados da desnutrición infantil. Para ver as fotos pica AQUÍ.

PLAN PROXECTA 2017-2018: "Mirando polo camiño"

Dentro do Programa de Educación Patrimonial do PLAN PROXECTA, concedéusenos un subprograma que leva por nome "MIRANDO POLO CAMIÑO". O noso centro foi un dos 9 seleccionados para participar neste proxecto, promovendo unhas pautas e un xeito común de traballar co patrimonio cultural da nosa zona. É este un proxecto estreitamente ligado ao noso proxecto interdisciplinar de centro que para este curso 17-18 tratará sobre o "TURISMO".


Picando nas imaxes, poderedes ver a resolución definitiva dos proxectos admitidos para a participación no Plan Proxecta para este curso 2017-2018, ademáis de información sobre o noso proxecto.

A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO, ESCOLLIDA PARA O PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"

A Consellería de Educación vén de publicar a lista de 20 Bibliotecas escollidas de toda Galicia para desenvolver o proxecto piloto “Radio na Biblio”. Entre elas atópase o noso centro xunto con outros 5 centros da Costa da Morte.

As Bibliotecas da Costa da Morte son: a do CEIP Canosa-RUS (Coristanco), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), o CEIP Milladoiro (Malpica), o CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos), o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Muros) e o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba) que recibirán un total de 2.000€ para desenvolver este Proxecto.

Este é un Proxecto piloto, para a introducción da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares que matriculan alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, para o curso 2017-2018. Se queredes máis información, picade nos enlaces. Tamén aparece esta noticia no Diario Dixital da Costa da Morte "Que pasa na Costa". Se queredes ver esta noticia picade na imaxe.

EXPOSICIÓN DE SETAS DA ASOCIACIÓN MICOLÓXICA "SENDEIRIÑA" 21-11-17

O martes, día 21 de novembro, visitaron o noso centro Emilio e Mª Carmen, para facernos chegar unha fermosa EXPOSICIÓN DE SETAS. A través da súa ASOCIACIÓN MICOLÓXICA "SENDEIRIÑA" de Negreira, tivemos no centro en horario de 10 a 16:30 horas máis de 130 especies diferentes de setas, expostas ao público. A 2ª hora da mañá tivemos un video e unha charla para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º, e na 3ª hora para os alumnos máis pequenos de infantil e 1º e 2º. A maioría destas setas foron recolectadas na zona de Negreira, ainda que tamén había setas de zonas como Santiago e A Baña. Tamén tiñamos á nosa disposición unha pequena pero moi interesante exposición de libros sobre setas, para que os alumnos poideran visualizalos. Moitísimas grazas aá Asociación e máis en concreto a Emilio e Mª Carmen.

    

              

"A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR" REDRUM TEATRO. 16-11-17 AULA CULTURA A PICOTA

O Xoves día 16 de  novembro na Aula de Cultura de Mazaricos vimos o conto “A nena que quería navegar” da compañía Redrum teatro, sobre o acoso escolar. Picando no subraiado poderedes ver máis información sobre a compañía de teatro e sobre a obra.

Picando na 1ª imaxe poderedes ver o conto, e picando na 2ª imaxe veredes a Unidade Didáctica.

 

Para ver o resto das fotos de ese día pica AQUÍ.

O MAGOSTO E CONTACONTOS CELSO FDEZ. SANMARTÍN 10-11-17

Celebramos o MAGOSTO o venres día 10 de novembro. Despois de xantar, baixamos para o patio para comer as castañas que prepararan previamnete no comedor do colexio as cociñeiras, xunto cos pais/nais e antiguos alumnos que se acercaron ata o centro. Unha vez rematado este acto, tivemos a sorte de poder contar no centro cun contacontos fantástico que xa estivera no noso centro hai polo menos 7 anos que é CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN. Esta sesión levouse a cabo na Biblioteca do centro e asistiron numerosos pais e antigos alumnos. Para ver o resto das fotos, as fotos do contacontos e os vídeos picade AQUÍ.


 

SAMAÍN 31-10-17

Celebramos o Samaín no cole o martes día 31 de outubro en horario de mañá con diversas actividades. En primeiro lugar fixemos tres obradoiros. O 1º de Música onde cantamos dúas cancións sobre o esta celebración, "O Samaín" e "Zombie Jamboree"; o 2º de Petiscos onde nos convertemos en terroríficos cociñeiros para crear petiscos que comemos antes de sair ao recreo; e o 3º de Maquillaxe ao regresar do recreo e coa axuda de algunha mama, todos eles no comedor do centro. Para ver as fotos de cada obradoiro, picade en cada foto:


Despois entregamos os premios ás cabazas gañadoras no CONCURSO DE CABAZAS, que celebramos tódolos anos, e como é costume quedamos sorprendidos dos grandes traballos realizados. E os gañadores foron: O 1º premio foi para PAULA LÓPEZ SANCHIÑO (3º E.P.), o 2º premio foi para MARTINA PEREIRA TUÑAS (2º E.P.) e o 3º premio foi compartido  empatando dous irmáns ZAIRA NÚÑEZ TUÑAS (Ed. Infantil) e JOEL NÚÑEZ TUÑAS (4º E.P.). Estas son as súas creacións:

 

E o resto das cabazas participantes neste concurso podédelas ver picando na seguinte imaxe.

Tamén tivo lugar o VIII CONCURSO DE RELATOS DE MEDO, sendo gañadores por ciclos os seguintes: ED. INFANTIL co seu relato titulado "Os vampiros de París"; gañadora do 2º curso E.P. SARA LABANDEIRA GERPE co seu relato "A nena que soñaba con monstros"; no 4º curso JORGE LEMA ZAMORA co seu relato "As viaxes do terror"; no 6º curso E.P. IRIA BLANCO DEL RÍO co seu relato "O trasno da ponte de Brandomil"; e o premio especial do xurado para ANDREA CARBALLO POMBO (6º e.p.) co seu relato "O Bosque". Aquí queda a foto dos gañadores. Para ver os relatos premiados picade AQUÍ.

Para ver tódalas historias PRESENTADAS (aínda que non premiadas) picade AQUÍ.

E para ver o resto de fotos de ese día picade AQUÍ.

PACO PAKOLAS, DÍA DAS BIBLIOTECAS 24-10-17

Celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS o día 24 de outubro ás 12 da mañá na Biblioteca do centro coa actuación de PACO PAKOLAS. É un músico cunha longa traxectoria. Entre outras cousas, formou parte do grupo Mamá Cabra, e na actualidade é un dos integrantes de A Gramola Gominola. Recibímilo na biblioteca, onde leu para todos nós o pregón escrito por Alejandro Palomas para a ocasión. E despois, música!!! "O Furafollas", o "Monstro Antón", "Baldomero o Mero", "A Quenlla Madrugadora", "Mac Pac" ou "Campión Internacional". Para ver as fotos de ese día, pica nas fotos.


CURSO ESCOLAR 2017-2018

Distribuir contido


by Dr. Radut