Skip to Content

VISITA AO NOSO CENTRO DO CONTACONTOS MANUEL DE PADERNA 19-04-16

Entre outras actividades que lle adicaremos ao DÍA DO LIBRO, está a visita ao noso centro de MANUEL DE PADERNA, Contacontos pero sobre todo peote, que fixo as delicias dos nenos. Este home aseguraba ser mestre do gran poeta Manuel María, a quen se lle adicará o Día das Letras Galegas 2016. Picade nas fotos para ver máis fotos.


CONCERTO E EXPOSICIÓN NO AUDITORIO DE GALICIA 15-04-16

Asistimos a un Concerto ofertado pola Banda de Música Municipal de Santiago no Auditorio de Galicia, que levaba por título "BANDANZA", que incluía pezas de bailes de salón, representadas polos bailarines Lucía Vázquez e Cristián García. Tamén vimos a Exposición "IX Premio Auditorio de Galicia 2015", composto por 40 obras que vimos da man de Loli, a nosa guía. En pequenos grupos, e para rematar, os nenos elaboraron pequenos proxectos que logo explicaron aos demáis. Picade nas fotos para ver todo o que fixemos ese día.


OBRADOIRO DANZAS HÚNGARAS 05-04-16

Contamos coa presenza de tres músicos espectaculares: Vera, Serxio e Xesús, que nos amosaron con música e danzas diferentes pezas típicas húngaras. Tamén nos falaron un pouco das costumes húngaras, as súas tradicións e un pouquiño de vocabulario. Grazas. Si picades nas fotos veredes como bailachedes ese día.


VISITA AO DOLMEN DE DOMBATE 01-04-16

Todo o colexio fomos de visita ao DOLMEN DE DOMBATE, considerado o monumento megalítico máis importante de Galicia. Tamén visionaron documentais e debuxos animados sobre o tema. Despois nos dividimos en dous grupos para facer uns obradoiros. un grupo estaba formado polos alumnos de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria que levaron a cabo o obradoiro titulado "As cores de Dombate: pinturas máxicas". O outro grupo estaba formado polos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria que fixeron un obradoiro titulado "Proceso de transformación do barro: a cerámica". Aquí tedes todas as fotos.



PELÍCULA-DOCUMENTAL "ENTRE LOBOS" 18-03-16

Durante esa mañá fomos invitados polo Concello de Santa Comba para asistir á proxección da película-documental "Entre lobos", baseada na viad de Marcos Rodríguez Pantoja, criado durante 12 anos por unha manada de lobos. Contabamos ademáis coa presenza do Propio Marcos, que ao remate da película, falou cos nenos asistentes e contestou ás súas preguntas. Para máis información, pica nas fotos o no seu nome.

 

EXCURSIÓN AO MACUF (A CORUÑA) 15-03-16

Visitamos cos nenos e nenas de educación primaria o Museo de Arte Contemporánez Unión Fenosa (MACUF). Fixemos dous grupos: un de educación infantil ata 3º de educación primaria que visitou "Os rostros do naufraxio", e outro coa nenos de 4º a 6º de educación primaria que visitaron a exposición "Narrativas Monumentales". Para rematar a visita, ambos grupos fixeron uns obradoiros nos que os alumnos o pasaron de maravilla. Picando nas fotos veredes as cousas que fixemos ese día.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 08-03-16

Para a celebración deste día elaboramos unhas bandeiras olímpicas e en cada grupo se centraron en 5 mulleres deportistas de diferentes paises. Pica nas fotos para ver que ocurreu ese día.



DÍA DE ROSALÍA 24-02-16

Para conmemorar este día, desenvolvimos unha proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Así os nenos e nenas elaboraron unha postal deseñada por esta asociación. Para ver fotos de ese día pica nas fotos.


QUEIMA DO MECO 2016

O 1º día despois das vacacións de Entroido, o xoves día 11 de febreiro, aproveitamos unha tregua que nos deu o tempo e poidemos rematar o Entroido coma se merece: coa QUEIMA DO MECO. Esperamos que este ano o pasarades o mellor posible, e ata o vindeiro curso!!!!. Picade nas fotos para ver máis fotos de ese día.

                

ENTROIDO 2016

oCelebramos o noso ENTROIDO 2016 o venres día 5 de febreiro de 2016, en horario de 10 a 13 horas no patio do centro. Os disfraces foron moi coloridos e moi traballados. Así os de E.I. ían de CAMPOS DE FÚTBOL; os alumnos de 1º e 2º ían de ANTORCHAS; os alumnos de 3º e 4º ían de ABANDEIRADOS/AS dos xogos olímpicos; e os alumnos de 5º e 6º foron de DEPORTISTAS OLÍMPICOS FAMOSOS. Pais, nais e mestres tamén se disfrazaron para a ocasión. Despois do desfile fixemos o XOGO DAS PIÑATAS, por cursos e os pais/nais e os mestres, e para rematar a celebración, fomos todos para o comedor do colexio para DEGUSTAR OS DELICIOSOS MANXARES típicos desta festa, que nos trouxeron os pais e nais dos alumnos. Todo, por suposto, aderezado cunha boa dose de MÚSICA DE ENTROIDO. Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ.

 

  

       

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2016

Comezamos indicándovos os MANDADIÑOS que rexirán no centro esta semana de ENTROIDO 2016. Pica AQUÍ para ver tódalas fotos.

   

  

     

                    

DÍA DA PAZ 2016

Celebramos esta conmemoración o venres día 29 de xaneiro de 2016: Pola mañá, todos os nenos, visualizaron a película "INSIDE OUT", previamente traballado nas aulas o tema das emocións. Pola tarde, os nenos e nenas de 5º e 6º, leron un manifesto pola paz, que remataba nomeando a palabra PAZ en 15 idiomas diferentes. Tamén por grupos de aula elaboráronse BANDEIRAS OLÍMPICAS a partir de diferentes símbolos, que colocamos no corredor do centro. Para rematar saimos todos ao patio para bailar unha Danza Israelí titulada "Hora Chadera". Rematamos a actividade abrazándonos todos no patio. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

 

 

NOVO SITIO GOOGLE OLÍMPICO

Se premedes AQUÍ ou pinchando na imaxe, poderedes acceder á páxina que imos elaborando desde a Biblioteca para aprender moitas cousas sobre os Xogos Olímpicos. Tamén podedes acceder dende a barra lateral dereita do blogue da biblioteca, premendo sobre a imaxe do cartel das "Olerpíadas 2015-2016". 

CALENDARIO OLÍMPICO 2016

Xa o temos eiquí, recén saído do forno, a nosa creación: O CALENDARIO OLÍMPICO 2016. Esperamos que vos guste, e así acompañarédesnos neste camiño cara ÁS NOSAS OLERPÍADAS. Pincha no calendario para ver os 12 meses do ano 2016.

FESTIVAL DE NADAL 2015

Celebramos coma tódolos anos o FESTIVAL DE NADAL 2015 o venres día 18 de decembro en horario de mañá e no comedor do colexio. Houbo unha gran variedade de actuacións, eso si, todas relacionadas co noso Proxecto "AS OLERPÍADAS". Houbo poemas, bailes, pezas a guitarras, pandeiretas, frautas e demáis instrumentos, etc... Un festival do máis variopinto!!!!!!. Despois chegaron ao colexio OS MAGOS DE ORIENTE que trouxeron para tódolos nenos e nenas do centro un sin fin de agasallos. Se queredes ver os VÍDEOS das actuacións, están todos no Blogue da Biblioteca. Para ver todas as fotos de ese día pincha AQUÍ.

 

             

 

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2015

Para despedir o 1º trimestre deste curso 15-16 celebramos no colexio o VIII Concurso de Postais de nadal 2015. Eran todas fantásticas e super orixinais. Neste concurso entregáronse 5 medallas de ouro:

  • ED. INFANTIL: O premio foi para toda a clase
  • 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para NEREA OZÓN OTERO
  • 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para IRIA BLANCO DEL RÍO
  • 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O premio foi para DIEGO COUSO NIETO
  • PREMIO ESPECIAL DO XURADO: Foi para ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA

      E como seguro que queredes ver as postais gañadoras picade AQUÍ.

E a Postal Gañadora 2015 foi a seguinte:

   

 Tamén podedes ver todas as postais participantes pinchando AQUÍ.

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS 11-12-15

O Venres día 11 de decembro de 2015 celebramos no centro, en hoario de tarde, O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS E DO NENO E A XII CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN. Os alumnos de 6º leron un pequeno resumo sobre a Convención dos Dereitos do Neno de 1989. Traballáronse os dereitos nas aulas e este ano engadímoslle unha novidade que consistía en que os nenos puxesen nunha árbore de Nadal aros olímpicos que simbolizaban un desexo. Cantamos unha canción, fixemos unha carreira simbólica polo patio e recaudamos como tódolos anos cartos para axudar aos nenos de Burkina Faso, Níxer, Mauritania ou Malí. Para ver tódalas fotos de ese día pinchade nas imaxes.

 

O NOSO PEQUENO HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS 1928-2015

No centro rendimos un pequeno e humilde homenaxe a este gran narrador, periodista e poeta galego. Descanse en Paz. Para ter máis información pica nos seguintes enlaces: Fundación Xosé Neira Vilas, Biografía e Wikipedia.

           

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25-11-15

Podedes ver moitos vídeos e moita información sobre a celebración de ese día no noso BLOG DA BIBLIOTECA.

 

 

VISITA A FEIRACO DENTRO DA SEMANA GANDEIRA 23-11-15

O luns día 23 de novembro fixemos unha visita a FEIRACO cos alumnos de Educación Primaria, como unha actividade máis que celebra o Concello de Mazaricos dentro da Semana Gandeira. Visitamos as instalacións e nos deron unha charla sobre temas gandeiros, e rematamos bebendo uns riquísimos iogures. Alí estaba a TVG que non se quixo perder este acontecemento e sacounos fotos e gravounos para a canle de televisión. Estas imaxes sairon no programa da TVG chamado "O Agro" e podedelas ver no noso BLOG DA BIBLIOTECA. As fotos de esta actividade podedes velas picando AQUÍ. Tamén entrevistaron aos nenos de 6º para RADIONORDÉS. Participamos tamén nun concurso de ilustración e fotografía.

MAGOSTO 13-11-15

Celebramos O MAGOSTO o venres día 13 de novembro de 2015 en horario de tarde e no patio, xa que o tempo acompañaba. Mentras se asaban as castañas (gracias á colaboración de Miguel e Rubén), puidemos levar a cabo unha serie de xogos por equipos para entretemento dos nenos. Despois cantamos, tocamos instrumentos e bailamos coas coreografías da profe Susi, e xa para rematar o día demos renda solta ao bandullo e fartámonos de castañas.No patio xuntámonos alumnos, mestres, pais/nais, ex alumnos e mestras doutros anos, coma Cruz e Rocío, que se uniron a nos nesta celebración. Gracias a todos/as. Pica AQUÍ para ver todas as fotos deste día.

           

VISITA DE FÉLIX FERNÁNDEZ 4 E 6 DE NOVEMBRO (MAC)

Visitóunos o gran artista FÉLIX FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, a través dunhas actividades propostas polo MAC. Ensinóulles aos alumnos de 3º e 4º o mércores día 4 de novembro e o venres día 6 aos alumnos de 5º e 6º a ler imaxes. Tamén experimentou con eles sacándolles fotos e posteriormente visualizándoas na pantalla, para ver que eran capaces de dicir cos seus xestos. Foron dous días do máis apaisoantes. Gracias Félix!!!!!. Pica AQUÍ para ver as fotos de 3º e 4º e AQUÍ para ver as fotos de 5º e 6º.

 

  

 

PROXECTO INTEGRADO DO CENTRO 15-16: "AS OLERPÍADAS"

Para este curso 2015-2016 decidimos entre todos que sería un Proxecto moi apropiado, dado que para o ano é ano de Olimpíada, traballar sobre o tema dos XOGOS OLÍMPICOS. O lema que se nos ocurriu para este ano é "AS OLERPÍADAS", e o cartel que xa temos exposto no pasillo do centro, elaborouno a nosa compañeira Susi. Esperamos que vos guste e de seguro que ao longo de todo o ano sairán noticias e actividades relacionadas con esta temática.

SAMAÍN 29-10-15. COMEZAN AS NOSAS OLERPÍADAS.

Pola mañá, no comedor do colexio, levamos a cabo un obradoiro de COMIDAS TERRORÍFICAS (pica AQUÍ para ver todas as fotos), que foron degustadas polos nenos no recreo. Na hora de despois do recreo tivemos unha das novidades deste ano que foi a presenza no centro da prima de Rosiña "PEPA PIG" que se acercou ata o noso colexio para facer entrega dos agasallos aos gañadores/as do CONCURSO DE CABAZAS e de RELATOS DE MEDO. Para rematar o día, na biblioteca do centro e pola tarde, tivemos a actuación de TÍTERES CACHIRULO cun espectáculo adicado totalmente ás Historias de Medo (pica AQUÍ para ver as fotos dos títeres)..

 

 

Os gañadores do CONCURSO DE CABAZAS foron: MARTINA PEREIRA TUÑAS (EI-5), JORGE OTERO PITA (2º) E ÁLEX INSUA MOLDES (6º). Pincha AQUÍ para ver tódalas cabazas participantes.

                                                    

Os premiados nos relatos de medo foron: EDUCACIÓN INFANTIL co seu relato "A BRUXA E GALIÑA". En 2º E.P. o gañador foi JORGE LEMA ZAMORA co seu relato "AS OLIMPÍADAS ZOMBIES". En 3º E.P. a gañadora foi PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS co seu relato "A CABAZA QUE SEMPRE ÍA AOS XOGOS OLÍMPICOS". E en 6º E.P. o gañador foi MARIO ANTELO CAMBEIRO co seu relato "A GRAN AVENTURA POLAS ILLAS CANARIAS".

                             

Se queredes ler os Relatos de Medo gañadores e ver tódalas cabazas participantes no concurso, podedes entrar no BLOG DA BIBLIOTECA.E xa para rematar o día todos/as quixemos sacar unha foto coa prima da Rosiña "PEPA PIG". Ata os mestres non se resistiron. Para ver todas las fotos de Pepa Pig pica AQUÍ.

    

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 23-10-15

Celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS o venres día 23 de outubro, no patio do centro, facendo coincidir esta celebración coa hora de ler. Limos un pregón e un pequeno poema co fin de adiviñar unha serie de xogos e deportes.

INICIO CURSO ESCOLAR 2015-2016

 

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

O venres día 15 de maio de 2015, e co fin de conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015, fixemos unha serie de actividades no patio. Fixemos un MAIO coas flores que trouxeron os rapaces da casa, e cantamos unha canción preparada pola mestra de música Susi, titulada "O Maio das Nogais". Logo esta mesma mestra deu lectura a un conto viaxeiro que se está a elaborar dende o Día do Libro, e para rematar entregáronse os premios do noso Concurso Literario das Letras Galegas, inspirándose os nenos nos textos da obra de Filgueira Valverde. De todo isto, premiados, traballos literarios, maio, etc... tedes un bo reportaxe fotográfico ao voso alcance. En E.I. premiouse a todo o ciclo co seu traballo "Este mes de maio"; no 1º ciclo de E.P. a gañadora foi NEREA OZÓN OTERO (1º) con "A miña horta"; no 2º ciclo de E.P. gañou RUBÉN BLANCO PEREIRA (4º) co traballo "Xoán Paticorto"; no 3º ciclo de E.P. gañou ÁLEX INSUA MOLDES (5º) con "A Amiguiña"; e como premio especial do xurado foi gañadora a obra de YANIRA PARÍS PARÍS (4º) titulada "Jaime O Melenas". Pinchando nas fotos poderedes ver estos traballos gañadores e o resto de actividades de ese día.

       

EXCURSIÓN A SANTIAGO 2º E 3º CICLO E.P. 24-04-15

Os alumnos do 2º e 3º ciclos de E.P. foron de EXCURSIÓN A SANTIAGO o venres día 24 de abril de 2015, para ver no Auditorio de Galicia a obra da Real Filarmonía de Galicia xunto coa Compañía de monicreques Per Poc titulada "Romeo e Julieta". Despois fixeron unha actividade titulada "Emocións Creativas dunha colección-Teatro de Emocións" na Sede de A Fundación.

  

DÍA DO LIBRO: MARCAPÁXINAS, APADRIÑAMENTOS LECTORES E CINE

Continuando coas actividades do DÍA DO LIBRO, os nenos fixeron uns MARCAPÁXINAS super orixinais que se expuxerón posteriormente no pasillo do centro. Tamén fixemos o día 23 de abril, na hora de ler, os APADRIÑAMENTOS LECTORES, nos que alumnos de cursos superiores leíanlle aos máis pequenos un conto. E para rematar tivemos pola tarde sesión de cine, a través do visionado de fragmentos de películas nos diferentes ciclos.

  

HÉCTOR LORENZO CONTACONTOS MUSICAL 20-04-15

O luns día 20 de abril de 2015 visitou o noso centro HÉCTOR LORENZO, un contacontos musical, que coa a súa guitarra e as súas historias recitaba poemas de Raúl Pato, para ledicia de tódolos nenos e nenas asistentes.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut