Skip to Content

EXCURSIÓN A SANTIAGO. GRUPO ODAIKO NO AUDITORIO 08-03-17

O mércores día 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller, viaxamos á capital galega para asistir a unha actuación do grupo de percusión ODAIKO, que ofreceu un concerto didáctico no Auditorio de Galicia. Pero antes puidemos facer unha pequena parada na Praza de Abastos, para deleitarnos co peixe, marisco, froita, verduras e hortalizas, pans, queixos, comida recén cociñada, etc. É o 2º lugar máis visiatdo de Santiago. E despois do concerto, demos un paseo pola zona vella, visitamos a Catedral e as prazas que a rodean, o grupo de Infantil fixo unha parada en Correos para enviar varias cartas, saudamos ás Marías, a Valle Inclán e a Rosalía na Alameda, observamos as súas árbores, e descansamos nas escaleiras que dan entrada ao Campus universitario, onde comemos e xogamos un ratiño antes de regresar a San Cosme. Para ver as fotos de ese día, pica en calquera das imaxes.

   



page | by Dr. Radut