Skip to Content

FESTA VOZ NATURA 2012

O Sábado día 2 de xuño, en horario de 11 da mañá ás 19:30 horas, celebrarase no Parque Deportivo de Acea de Ama, no municipio coruñes de Culleredo, a FESTA VOZ NATURA 2012 á que está invitado todo o mundo que queira asistir, con entrada libre e participación gratuita en tódalas actividades. Alí acudirá unha comunidade formada por 288 centros, casi 49000 alumnos e 3000 mestres. A festa convertirase na clausura da decimoquinta edición do programa, que acollerá a exposición final, na que mestres e alumnos mostrarán os traballos realizados durante todo o curso para protexer e recuperar os ecosistemas. Pola nosa parte exporemos unha maqueta dos nosos bosques, elaborada polo alumnado de 4º de primaria, os proxectos documentais elaborados ao longo do curso, sobre a temática dos bosques, a memoria final do proxecto, un traballo titulado "A árbore feita poesía" e algúns traballos máis de plástica. Para máis información da web pincha aquí.


 



page | by Dr. Radut