Skip to Content

Biblioteca

DOCENCIA NA RADIO ROSIÑA CON LUIS (RADIO ESPORA) COS NENOS 08-02-19

O venres día 8 de febreiro de 2019, tivos a sorte de contar no centro coa visita de Luis, membro de Radio Espora e gran coñecedor do mundo da radio escolar, para dar pautas e consellos aos alumnos de 6º, 5º, 4º e 3º de primaria e para formalos no funcionamento da nosa RADIO ROSIÑA. Esperando que veñas en vindeiras datas, dámosche as grazas por todo. Se queredes ver as fotos de ese día, picade nas imaxes.

EXPERIMENTOS NA BIBLIOTECA 23-01-19

O mércores día 23 de xaneiro, chegou o momento de presentar os experimentos realizados nas aulas ao longo do 1º trimestre do curso, dentro do noso Proxecto Integrado sobre "A Ciencia". Fixemos na Biblioteca do centro unha actividade chamada "EXPERIMENTOS NA BIBLIO", consistente en que cada aula tiña que explicarlle ás demáis o experimento que fixeron na aula con anterioridade, pero agora ante a atenta mirada dos seus compañeiros. Reunímonos todos despois do recreo, e escoitamos atentamente a cada grupo que nos contou a súa experiencia como científicos con todo detalle. Uns explicando o seu experimento e incluso realizándoo en directo. Os de 6º expuxeron "O PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES". Os de 5º a súa "LÁMPADA DE LAVA". Os de 3º e 4º o seu proxecto de "DEPURADORA". Os alumnos de 1º e 2º "COMO INFLAR UN GLOBO SEN SOPLAR", e por último os de Infantil o seu experimento das "AS PIÑAS E A AUGA".

CALENDARIO 2019 SOBRE A CIENCIA

Aquí está o noso CALENDARIO 2019, recén saído do forno. Esperamos que vos guste este traballo feito con moitas gañas e adicación, tanto polos alumnos, mestres e a encargada de todo isto, a nosa SUSI!!!! Si picades no calendario, poderedes ver mes a mes o traballo dos nenos nas aulas.

CINEDOMEVR 360º NO COLEXIO

Tivemos a visita no centro dunha empresa que traía un iglú inchable no que se proxectou aos nenos, por grupos, películas moi interesantes relacionadas coa Ciencia, o Universo, o Sistema Solar, a Orixe da Vida, etc. que se chamaba CINEDOMEVR 360º. Como colofón, no patio do colexio, fixemos todos un OBRADOIRO DE ASTRONÁUTICA, lanzando cohetes ou simulando os nenos ser parte do Sistema Solar. Picade nas fotos.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 26-11-18

Para celebrar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, preparamos unhas "PROBETAS CONTRA A VIOLENCIA". A ver se con este remedio, deixa de haber tanta maldade. Estas puxéronse nun panel no pasillo do colexio, e cada neno leu a mensaxe que nela puxeran. Pica nas fotos.

12-11-18 CUMPREANOS DO NOSO PADRIÑO DA BIBLIOTECA D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ

Hoxe día 12 de novembro de 2018, dende o C.E.I.P. Víctor Sáenz, queremos felicitar o cumpreanos ao noso padriño da Biblioteca D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ.

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 18-19: "A CIENCIA"

Xa temos Proxecto Integrado de Centro para este curso 18-19, cartel e Lema. O Proxecto xirará entorno a "A CIENCIA", e o lema que se escolleu no centro por parte de nenos e mestres foi: "LE CON-CIENCIA". a TRABALLAR!!!!!! Tamén podedes visitar unha serie de sitios a través de GOOGLE SITES que están publicados no blogue da Biblioteca, que son moi interesantes.

24-10-18 DÍA DAS BIBLIOTECAS. VISITA AO CENTRO DE XURXO SOUTO

O mércores día 24 de outubro celebrouse o "DÍA DAS BIBLIOTECAS" e tivemos a gran sorte que nos visitou XURSO SOUTO. Xantou con nós, entrevistárono os nenos e nenas de 5º e 6º na RADIO ROSIÑA e logo na Biblioteca do centro, deleitounos coa súa música e as súas historias case dando a volta ao mundo polo mar.  Para evr o que pasou ese día con máis detalle, déixovos o link do noso blogue da Biblioteca, onde tamén poderemos escoitar a entrevista que lle fixemos. Podedes ver as fotos na Radio Rosiña AQUÍ, e tamén as da Biblioteca AQUÍ.

LOGO DA NOSA RADIO ROSIÑA

Xa podemos presumir da nosa radio. É "RADIO ROSIÑA" e ata temos logo, que poderedes ver nos enlaces dos podcast, que levarano incluído. Eiquí vos queda unha mostra de como vai a cousa.

              

DÍA DO LIBRO. APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES 23-04-18

O luns día 23 de abril celebramos no colexio, en horario de tarde, o DÍA DO LIBRO. Fixemos coma tódolos anos os APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES, consistentes en que nenos de 2º a 6º de primaria lles lean aos máis pequenos do colexio en calquer lugar do centro escolar, e despois fixeron unha ilustración sobre o conto en cuestión para expoñelas máis tarde no pasillo. Tamen puxemos un gran panel blanco co título "RAZÓNS PARA LER" no que cada alumno escribía cun rotulador de cores aquela razón que lle parecera oportuna. Para ver as fotos, piocade AQUÍ.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 08-03-18

O xoves día 8 de marzo de 2018, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2018. Eiquí vos queda un video dunha cantautora colombiana chamada Marta Gómez. A canción "Manos de mujeres" é unha homenaxe a tódalas mulleres do mundo. Tamén temos o cartel da Xunta para esta conmemoración.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-18

O martes día 27 de febreiro de 2018, celebramos o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO. Esa mañá adicámoslle a hora de ler a Rosalía. Léronse poemas e días antes os nenos nas súas aulas fixeron unha actividade específica para esta celebración "AS FIESTRAS ABERTAS". Así cada neno, nena ou mestre lemos os nosos poemas abrindo as fiestras e ensinando tamén os debuxos que ían dentro. Con todas estas fiestras fíxose unha exposición no pasillo do centro. Para ver as fotos de esa celebración, picade AQUÍ.


DÍA MUNDIAL DA RADIO 2018

O martes día 13 de febreiro de 2018, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO 2018. A través da plataforma "ESPORA", fixemos unha actividade días antes (xa que o día 13 era Entroido e polo tanto festivo), que consistía en gravar un pequeno audio na nosa Radio sobre a temática das mulleres deportistas. O texto foi facilitado polo organizadores da actividade, que se faría na Radio de varios centros educativos, co fin de xuntar tódalas gravacións e facer un audio que quedou moi bonito. A alumna do noso centro que se encargou de facer a gravación foi PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (5º de Primaria), que leu un texto sobre RONDA ROUSEY, campiona de artes marciais mixtas na UFC. Para escoitar o audio, picade na 1ª foto ou no audio que se atopa debaixo das fotos.

 

CHARLA COA ARQUEÓLOGA DO CONCELLO 05-02-18

O luns día 5 de febreiro, tivemos a visita no centro de Nina, Arqueóloga do Concello, para dar unha charla aos nenos sobre o Patrimonio material e inmaterial do Concello de Mazaricos, sobre o cal estamos a traballar no centro co noso Proxecto do Plan Proxecta sobre o Camiño de Santiago a Fisterra ao seu paso por Mazaricos.

 

CHARLA DE FORMACIÓN SOBRE A RADIO NA BIBLIO 01-02-18

O xoves día 1 de febreiro e continuando coa posta a punto da nosa RADIO, tivemos para o profesorado unha charla con JAVIER PRADO ESPIÑEIRA (Rede Espora), sobre "O TRABALLO COA RADIO NA ESCOLA. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS". Ademáis puxo a funcionar todos os aparellos que mercamos para dotar á nosa Radio do instrumental imprescindible para comezar a funcionar (micros, mesa de mezclas, auriculares, ordenador, cableado, etc. E hasta comezamos a facer algunha grabación na nosa radio na escolar. Tamén tivemos algunha que outra experiencia cos nenos. Esto non fixo máis que comezar!!!!!!.

 

CHARLA DE FORMACIÓN SOBRE A RADIO NA BIBLIO 01-02-18

O xoves día 1 de febreiro e continuando coa posta a punto da nosa RADIO, tivemos para o profesorado unha charla con JAVIER PRADO ESPIÑEIRA (Rede Espora), sobre "O TRABALLO COA RADIO NA ESCOLA. ORIENTACIÓNS DIDÁCTICAS". Ademáis puxo a funcionar todos os aparellos que mercamos para dotar á nosa Radio do instrumental imprescindible para comezar a funcionar (micros, mesa de mezclas, auriculares, ordenador, cableado, etc. E hasta comezamos a facer algunha grabación na nosa radio na escolar. Tamén tivemos algunha que outra experiencia cos nenos. Esto non fixo máis que comezar!!!!!!.

 

A CREACIÓN PASO A PASO DA NOSA RADIO-xaneiro 2018

Dende que nos concederon o Proxecto da "RADIO NA BIBLIO", non paramos de darlle voltas á cabeza para ver que aula poderiamos destinar a tal fin. Finalmente e despois de moreas de postas en común, tomamos a decisión de levar a cabo unha transfromación completa dun pequeno recuncho que está no medio do corredor e que estaba destinado a gardar documentación de Secretaria (antigamente, tamén fora a Dirección do centro). Pois nos puxemos mans á obra e comezamos a facerlle un cambio radical a dita aula. Pintura, tarima, revestimento nas paredes con madeira, conexións de internet, eléctricas, dotación do material necesario para a posta en marcha dunha radio, etc...E a cousa vai quedando como veredes a continuación. Pica AQUÍ para ver tódalas fotos.

   Continuará...

ESCOLLIDOS PARA PARTICIPAR NA 2ª FASE DO PROXECTO E-LBE.2.

En relación co desenvolvemento da segunda fase do Proxecto E-LBE, denominado E-LBE.2., que pretende explorar as posibilidades de uso do libro electrónico nas bibliotecas escolares, fumos escollidos para participar nel. Conta este proxecto cunha dotación de 2.000 € que deberán destinarse á actualización dos medios da biblioteca para poder facilitar actividades relacionadas coa lectura dixital á comunidade educativa. Esta iniciativa desenvolve obxectivos do actual Plan LÍA 2016-2020.

                   

FOTOS DE PACO RODRÍGUEZ PARA O CALENDARIO 2018

A finais de decembro deste ano, e cando estabamos en plena faena para a confección do noso CALENDARIO 2018, este ano adicado ao TURISMO, tivemos a gran sorte de poder contar no noso centro coa inestimable axuda de PACO RODRÍGUEZ, fotógrafo de La Voz de Galicia e amigo de Óscar e Susi, que nos axudou pero que moito, na creación e montaxe das fotografías do noso calendario. Aquí podedes ver fotos do traballo de ese día e o noso calendiario rematado. Mil grazas e outras mil apertas de parte dos nenos, nenas, mestres e demáis membros da comunidade educativa para ti Paco. Picando nas fotos do calendario, poderedes ver o calendario ampliado.

 

                   

PLAN PROXECTA 2017-2018: "Mirando polo camiño"

Dentro do Programa de Educación Patrimonial do PLAN PROXECTA, concedéusenos un subprograma que leva por nome "MIRANDO POLO CAMIÑO". O noso centro foi un dos 9 seleccionados para participar neste proxecto, promovendo unhas pautas e un xeito común de traballar co patrimonio cultural da nosa zona. É este un proxecto estreitamente ligado ao noso proxecto interdisciplinar de centro que para este curso 17-18 tratará sobre o "TURISMO".


Picando nas imaxes, poderedes ver a resolución definitiva dos proxectos admitidos para a participación no Plan Proxecta para este curso 2017-2018, ademáis de información sobre o noso proxecto.

A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO, ESCOLLIDA PARA O PROXECTO "RADIO NA BIBLIO"

A Consellería de Educación vén de publicar a lista de 20 Bibliotecas escollidas de toda Galicia para desenvolver o proxecto piloto “Radio na Biblio”. Entre elas atópase o noso centro xunto con outros 5 centros da Costa da Morte.

As Bibliotecas da Costa da Morte son: a do CEIP Canosa-RUS (Coristanco), CPI Plurilingüe Cabo da Area (Laxe), o CEIP Milladoiro (Malpica), o CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos), o CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío (Muros) e o CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña (Santa Comba) que recibirán un total de 2.000€ para desenvolver este Proxecto.

Este é un Proxecto piloto, para a introducción da radio nas bibliotecas de centros públicos integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares que matriculan alumnado de educación infantil, primaria e secundaria, para o curso 2017-2018. Se queredes máis información, picade nos enlaces. Tamén aparece esta noticia no Diario Dixital da Costa da Morte "Que pasa na Costa". Se queredes ver esta noticia picade na imaxe.

PACO PAKOLAS, DÍA DAS BIBLIOTECAS 24-10-17

Celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS o día 24 de outubro ás 12 da mañá na Biblioteca do centro coa actuación de PACO PAKOLAS. É un músico cunha longa traxectoria. Entre outras cousas, formou parte do grupo Mamá Cabra, e na actualidade é un dos integrantes de A Gramola Gominola. Recibímilo na biblioteca, onde leu para todos nós o pregón escrito por Alejandro Palomas para a ocasión. E despois, música!!! "O Furafollas", o "Monstro Antón", "Baldomero o Mero", "A Quenlla Madrugadora", "Mac Pac" ou "Campión Internacional". Para ver as fotos de ese día, pica nas fotos.


CURSO ESCOLAR 2017-2018

REVISTA "O SANCOSMEIRO" Nº 30 E GUÍA DE LECTURA PARA O VRAN

Picando nas imaxes poderedes ver o nº 30 da nosa Revista "O SANCOSMEIRO" e a guía de Lectura que preparou Susi para o verán. Boas vacacións a todos e ata a volta.

  

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 21-04-17

Para celebrar O DÍA DO LIBRO 2017, fixemos varias actividades o venres día 21 de abril pola tarde no patio do colexio, xa que o día era fantástico. Saimos todos ao patio e 1º Susi leeunos a todos o poema que cada ano edita a Consellería de Cultura, Educación e O.U.. Neste caso foi dun texto de Rosalía Fernández Rial. Despois cantamos e bailamos todos nun círculo a canción "O Libro Máxico" do grupo Migallas. E para rematar fixemos os apadriñamentos e amadriñamentos lectores, nos que os nenos maiores lenlle un conto aos máis pequenos en calquer lugar do centro elexido por eles, e rematan facendo entre os dous un debuxo sobre a temática do libro. Durante a vindeira semana, farase nas titorías unha actividade de creación de marcapáxinas. Para ver as fotos picada nas imaxes.

      

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-17

Conmemoramos este día o 180 aniversario do nacemento dunha das escritoras máis importantes da nosa literatuta, ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela 1837-1885). Por iso decidimos celebralo, elaborando unha careta de Rosalía e escribindo e cantando un dos poemas máis versionados "Negra Sombra" (1880). Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ. E podes ver máis información no noso blogue da biblioteca picando AQUÍ.

       

CALENDARIO 2017

Recén sacado do forno, chega ás aulas e ás casas o CALENDARIO 2017, realizado polos nenos/as e mestres, este ano coa temática da MÚSICA, e co lema "BAILEMOS NA MUSITECA". Esperamos que vos guste e vos faga máis levadeiro este ano que comeza. Para velo enteiro e por meses, picade no calendario.

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 16-17: A MUSITECA

Este curso 2016-2017 dentro do noso PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO, escollimos como tema A MÚSICA. Tamén os nenos/as e mestres/as do centro escollimos o lema: A MUSITECA. E xa temos tamén o cartel. Querédelo ver?. Todo canto queirades saber sobre o noso proxecto poderedelo ver picando no Blogue da Biblioteca.

PROXECTO INTEGRADO 16-17: A MÚSICA

Esta e a carta que nos enviou dende a Biblioteca Escolar a Rosiña para dar comezo, un ano máis, ao noso Proxecto Integrado de Centro:

Ola, rapaciñas e rapaciños !!!!!!

Como estades? Eu sigo no Brasil. Onte remataron os Xogos Paralímpicos, nos que España conseguiu un total de 31 medallas, a grande parte delas en natación, como as que gañou a nosa coñecida TERESA PERALES. A festa destes grandes deportistas paralímpicos coincidiu coa cerimonia de clausura: a pira non se acenderá ata dentro de 4 anos a miles de quilómetros de Río: os próximos Xogos Olímpicos celebraranse en Tokio.

E eu, durante estas semanas no Brasil, ademais de desfrutar dos acontecementos deportivos, tamén quixen coñecer a fondo esta cultura, así que aproveitei todo o que puiden: viaxes, espectáculos, xuntanzas con amizades, películas, encontros con persoas relacionadas co mundo da literatura, cociñeiros e cociñeiras, etc. Tantas cousas que non vou ter tempo para contárvolo todo!!! 

Pero o que si vos quero dicir é que houbo unha cousa que me sorprendeu moitísimo: a CAPOEIRA. Descoñecía por completo o que era isto, e a primeira vez que puiden ver un espectáculo de capoeira quedei marabillada. Introducida no Brasil por descendentes africanos sobre o século XVI, é unha arte marcial que combina danza, música e acrobacias. Caracterízase polos movementos de pernas e brazos e polos saltos. Tradicionalmente practicábase ao ritmo do "berimbau", que é un instrumento de corda percutida, pero na actualidade tamén se empregan outros instrumentos de percusión como acompañamento.

Bueno, non quero contarvos máis sobre a capoeira, pero si dicirvos que tanto me emocionei vendo aos brasileiros practicándoa que pensei: a capoeira ten algo de deporte e moito de música. Sobre o deporte xa investigamos, pero... sobre a MÚSICA non!!! Así que aquí vai a miña proposta: que tal se convertimos o 2016-2017 nun curso musical? Que banda/s sonora/s lle poñemos? 

Para empezar, anímovos a que me axudedes co lema. Chegarei na próxima semana, así que sería estupendo que xa o tiverades decidido!!! Veña, poñede xa esa creatividade en marcha; seguro que saen cousas tan atraíntes que non quedará unha soa persoa que non se enganche á biblioteca a través da música. Agardo as vosas propostas con tanta emoción que xa non sei se durmirei durante os próximos días...
Unha aperta enorme para todos, ARTISTAS!!!!
 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 22-04-16

Cúmprense 400 anos da morte de MIGUEL DE CERVANTES, WILLIAM SHAKESPEARE E INCA GARCILASO DE LA VEGA. Entregóuselles a cada un texto de PEDRO FEIJOO e un MARCAPÁXINAS para conmemorar o IV centenario da morte de estos tres escritores anteriormente mencionados. E na "Hora de Ler" fixemos a actividade "APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES" como levamos facendo nestes anteriores anos. Pica nas fotos para ver as fotos de ese día.


Distribuir contido


by Dr. Radut