Skip to Content

QUEIMA DO MECO E XOGO DAS PIÑATAS 06-03-17

O luns día 6 de marzo pola tarde, queimamos o meco no patio e xogamos ao xogo das piñatas, que non nos dera tempo de facelo no Entroido. Así rematamos este período tan tradicional en Galicia. Pica nas fotos para ver máis.

 

ENTROIDO 2017

Celebramos o ENTROIDO 2017 o venres día 24 de febreiro en horario de mañá. A temática foi sobre a música e en concreto sobre as TRIBUS URBANAS. En educación infantil foron de RAPEIROS, en 1º e 2º de primaria foron de PUNKIS, en 3º e 4º de primaria foron de GÓTICOS e en 5º e 6º de primaria foron de ROCKABILLIES. Todos xuntos saímos a dar unha volta polo pobo de San Cosme, acompañados pola música de Marcos á gaita e Josefa que se arrancou a tocar a pandeireta. Despois subimos ao escenario no comedor para lucir os nosos traxes e bailar as diferentes músicasdas tribus. Sacamos fotos e para rematar xantamos todo aquilo que trouxeron as familias para conmemorar ese día de Entroido: orellas, filloas, rosquillas, etc... Picando AQUÍ poderedes ver as fotos de ese día.

   

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-17

Conmemoramos este día o 180 aniversario do nacemento dunha das escritoras máis importantes da nosa literatuta, ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela 1837-1885). Por iso decidimos celebralo, elaborando unha careta de Rosalía e escribindo e cantando un dos poemas máis versionados "Negra Sombra" (1880). Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ. E podes ver máis información no noso blogue da biblioteca picando AQUÍ.

       

EXCURSIÓN PALACIO DA ÓPERA EN CORUÑA "HISTORIA DO MAR" 21-02-17

O martes día 21 de febreiro fomos de excursión todo o colexio a Coruña. Os nenos de Ed. Infantil viron o AQUARIUM, e os alumnos de Primaria asistiron ao PALACIO DA ÓPERA DE CORUÑA, para ver "HISTORIAS DO MAR" representado pola ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA e coa narración de KIKO CADAVAL. Logo fomos xantar ao Monte de San Pedro (pica para ver máis fotos), para despois de xogar un rato voltar para o centro. Para ver vídeos poca AQUÍ. E para ter máis información visita o nosoi blogue da Biblioteca ou pica AQUÍ.

   

  

  

EXCURSIÓN A CORUÑA. TEATRO COLÓN. A FRAUTA MÁXICA. 14-02-17

O martes 14 de febreiro de 2017, fomos todo o colexio A Coruña, para ver no TEATRO COLÓN unha adaptación da Ópera de Mozart para nenos titulada "A Frauta Máxica", a través do grupo Ferroteatro. Posteriormente visitamos A DOMUS, antes de xantar.

 

 

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017-2018

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2017-18

 

DÍA DA PAZ 30-01-17

Celebramos o DÍA DA PAZ o luns día 30 de xaneiro de 2017 en horario de tarde, facendo unha serie de actividades cos alumnos no pasillo do centro a través da música de Beethoven coa súa "Oda a alegría". Disfrutamos moito compoñendo parte desta partitura e logo bailamos coa canción "Don Melitón". Preme AQUÍ para ver as fotos de ese día.

   

FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS OUTES 27-01-17

O venres día 27 de xaneiro de 2017 celebrouse na Serra de Outes a Fase Intercomarcal de Campo a Través, para a que se clasificaron do noso centro, PAULA BARCIA (3º), JORGE OTERO (3º) E MIGUEL BARRUL (3º). Fixérono fantástico a pesar da gran cantidade de choiva que caeu durante a carreira. Noraboa aos tres!!!!!! Picade AQUÍ para ver as fotos e AQUÍ para ver os vídeos da entrada en meta dos tres alumnos.

                  

EXCURSIÓN AO MACUF NA CORUÑA 20-01-17

O venres día 20 de xaneiro de 2017, fumos todo o colexio de excursión á Coruña para visitar o MACUF.Mentres os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º facían unha visita guiada ás exposicións de Rubén Ramos Balsa "El doble de la mitad" e de Juan Luis Moraza "Trabajo absoluto", os máis pequenos do cole, os de E.I. e 1º e 2º, facian un obradoiro sobre o medo os cales comerían posteriormente convertidos en chocolate. Despois fumos xantar ao Monte de San Pedro e os nenos disfrutaron coas vistas e co fantástico día que fixo. Preme na foto para ver todas as de ese día.

 

CAMPO A TRAVÉS COMARCAL EN A BAÑA 12-01-17

O xoves día 12 de xaneiro de 2017, participamos con 13 alumnos/as na Fase Comarcal de Campo a Través no circuito de A Baña. Conseguimos un 2º posto na categhoría alevín masculino con Miguel Barrul, e un 3º posto na categoría benxamín masculino con Jorge Otero. Dende aquí a nosa noraboa a todos/as os/as participantes e á organización da carreira. Para ver tódalas imaxes de ese día picade AQUÍ.

   

CALENDARIO 2017

Recén sacado do forno, chega ás aulas e ás casas o CALENDARIO 2017, realizado polos nenos/as e mestres, este ano coa temática da MÚSICA, e co lema "BAILEMOS NA MUSITECA". Esperamos que vos guste e vos faga máis levadeiro este ano que comeza. Para velo enteiro e por meses, picade no calendario.

VISITA DO NOSO ALUMNO RUBÉN BLANCO Á RADIO

O noso alumno de 6º de Primaria RUBÉN BLANCO PEREIRA, visitou con outros rapaces e rapazas do Concello a RADIO NORDÉS CADENA SER en Cee para felicitarnos o Nadal. Para escoitar o video pica AQUÍ.

   

FESTIVAL DE NADAL 2017

Para despedir este 1º trimestre de curso 16-17, fixemos un FESTIVAL DE NADAL, coma tódolos anos. Este ano un pouco máis especial xa que foi adicado completamente á MÚSICA. Despois do festival, os nenos recibiron a agradable visita de PAPA NOEL, que trouxo agasallos para todos eles.Poderedes ver tódalas fotos de ese día picando nas fotos que tedes máis abaixo.

 

Se queredes ver as grabacións das actuacións de ese día picade AQUÍ.

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 15-12-17

Para rematar decembro, e coma tódolos anos, levamos a cabo o Concurso de Postais de Nadal 2016. Participaron tódolos nenos do centro con postais fermosísimas, que se puderon visualizar no pasillo do centro. Cando chegou a hora de escoller as gañadoras por ciclos, votamos tanto nenos coma mestres e este foi o resultado:

  • Postal gañadora en Ed. Infantil para ANXO CARREIRA ANTELO (E.I. 4)
  • Postal gañadora para o 1º e 2º cursos de Ed. Primaria para XOEL SANTABAYA ESPERANTE (2º)
  • Postal gañadora para o 3º e 4º cursos de Ed. Primaria para NEREA OZÓN OTERO (3º)
  • Postal gañadora para o 5º e 6º cursos de Ed. Primaria para RUBÉN BLANCO PEREIRA (6º)
  • Postal gañadora e que representou ao noso centro IRIA LÓPEZ CARREIRA (5º) 

   

E a postal gañadora enviada representando ao noso centro para este ano 2016 foi a da alumna Iria López Carreira (5º). No reverso vai acompañando á postal un fragmento dunha canción de NARF. Picando AQUÍ veredes o resto de postais participantes.

  

     

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS NA PICOTA 13-12-16

O martes día 13 de decembro de 2016, fomos á Aula de Cultura da Picota para ver a actuación do grupo de teatro FACE 2 FACE, que levou a cabo dúas sesións de contacontos en inglés: un para o alumnado de ed. infantil e 1º e 2º cursos de ed. primaria titulada "JUNGLE FEVER", e outra para os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria co título de "CINDERELLA". Foron dúas sesións e mentras uns vían o contacontos os outros visionaban unha serie de curtas sobre o espacio, e viceversa. Esta actividade fíxose co colexio de Pino de Val.


   

DÍA DOS DEREITOS DO NENO E SAVE THE CHILDREN 09-12-16

O venres día 9 de decembro celebramos, coma tódolos anos, o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS, e facémolo coincidir coa XIII Carreira Kilómetros de Solidariedade SAVE THE CHILDREN que este ano é a favor dos nenos e nenas de Etiopía. Os maiores prepararon uns textos para lerlle ao resto sobre os dereitos e a pobreza en este país, e despois tódolos nenos colgaron na nosa árbore de Nadal unhas notas musicais con desexos. Rematamos o día facendo entrega dos cartos recadados poara esta ONG, que se ingresarán nos vindeiros días. Nas aulas traballáronse unhas unidades didácticas enviadas pola ONG.


    

ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR A VIOLENCIA DE XÉNERO 28-11-16 "ROEDORES"

Asistimos, invitados polo Concello de Santa Comba, a unha obra teatral titulada "ROEDORES" da compañía REDRUM no Multiusos de Santa Comba, xunto con outros colexios, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Foi en horario de mañá de 11:15 a 12:15 horas o luns día 28 de novembro de 2016. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

  

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25-11-16

O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, celebrámolo no noso centro o venres día 25 de novembro, levando a cabo na hora de ler e no pasillo do centro unha actividade en todalas clases do centro. A nosa actividade para conmemorar ese día chamouse "AS CLAVES CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER". Así cada clase elaborou unha clave musical que cousas que queremos que se cumplan. Para máis información, visitar o noso blog da Biblioteca. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

       

PUBLICACIÓN NO Nº 2 DE "PAPAGAIO" DOS NOSOS ALUMNOS RUBÉN E ANDREA

Estamos de NORABOA, xa que se ven de publicar no nº 2 da revista "O PAPAGAIO" unhas lendas da nosa zona redactadas por estes dous alumnos de 6º de educación primaria, ANDREA LABANDEIRA OTERO E RUBÉN BLANCO PEREIRA . Aquí podedes ver a 1ª publicación destes grandes artistas.

 

ACTUACIÓN DE LUIS SOTO AMIL FRAUTISTA DA RFG 22-11-16

Para celebrar este día 22 de novembro Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, poetas e cegos, e dada a temática do noso proxecto integrado de centro de este ano sobre a música, tivemos a sorte de poder contar no centro coa actuación de LUIS SOTO AMIL, frautista, membro fundador do Taller Atántico Contemporáneo e parte da plantilla da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, que nos deleitou coa súa presenza e algunha que outra actuación. Para ver todas as fotos pica AQUÍ.

   

MAGOSTO 2016 E ACTUACIÓN DE ÁLVARO MURAS "A ILUSIÓN DUN MÚSICO" 11-11-16

O venres día 11 de novembro e coincidindo coa celebración do Magosto 2016, tivemos no centro ás 14.45 horas a actuación de Álvaro Muras (Músico) e Martín Camiña (maxía) co seu espectáculo "A ILUSIÓN DUN MÚSICO", na Biblioteca do centro. Picando no cartel veredes un video de estos magnificos artistas. Despois desta actuación fomos todos para o comedor do centro e xantamos as castañas asadas polas cociñeiras que picaron o día anterior os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria. Para ver fotos de ese día picade nas imaxes.

     

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA. TEATRO COLÓN E PALACIO DA ÓPERA 09-11-16

O mércores día 9 de novembro fixemos unha saída didáctica con todos os alumnos de educación primaria á Coruña para asistir ás 11 horas, ao TEATRO COLÓN para ver "AS CATRO ESTACIÓNS" de Vivaldi a través de Danza Contemporánea da man dos coreógrafos Iker Gómez e Kenneth Tindall, a través do Centro Coreográfico Galego. Primavera, verán, outono e inverno, reflectidas sobre o escenario nas distintas variacións interpretadas por un elenco de 8 bailaríns e bailarinas. De 12:15 ás 13 horas demos un paseo pola cidade herculina ata o Palacio da Ópera e de 13 a 14 horas fixemos unha visita guiada ao Palacio da Ópera sede da Orquestra Sinfónica de Galicia. Vimos diferentes salas e estivemos no escenario do Auditorio Principal, dotado de extraordinarias condicións acústicas e técnicas, polo que pasaron grandes nomes do mundo do espectáculo.

     

"PITUSA E SEMIFUSA E A FAMILIA DOS INSTRUMENTOS" AUDITORIO SANTIAGO 03-11-16

O xoves día 3 de novembro, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infatil e 1º e 2º de educación primaria, para ver no Auditorio de Galicia o Concerto "PITUSA E SEMIFUSA, E AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS" ás 12 horas. Tamén poideron ver a Exposición "SEMENTES" dos premios Auditorio de Galicia para novos artistas. Rematou a xornada xogando nun parque infantil e xantando, acompañados polo precioso día que facía. Para ver tódalas fotos de ese día (paseando por Santiago, vendo o Concerto de Fusa e Semifusa e na exposición "Sementes") pica nas fotos.


SAMAÍN. CONCURSO DE CABAZAS E RELATOS DE MEDO 28-10-16

Celebramos o SAMAÍN o venres día 28 de outubro durante toda a xornada. Ao chegar ao colexio, reunímonos na Biblioteca, para anunciar os gañadores do Concurso de Cabazas, que foron escollidos polo alumnado e o profesorado. As cabazas gañadoras foron as de: UXÍA GRILLE SUÁREZ (Ed. Infantil), ANDREA ALVELA RODRÍGUEZ (2º Ed. Primaria) e PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS (4º Ed. Primaria).



Seguro que queredes ver todas as cabazas presentadas, que estaban todas moi ben! Ademais, participastes case todas e todos vós, polo que queremos tamén mandar as nosas felicitacións para todas as familias, xa que son parte tamén deste concurso decorativo. NORABOA A TODAS!!!! Picando nestas dúas imaxes da exposición veredes todas as cabazas presentadas a concurso.

Depois entregáronse os premios aos Relatos de Medo. Para ver os relatos de Medo gañadores podedes picar no seguinte enlace:

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/2016/10/samain-2016-concurso-de-cabazas-e.html

E os gañadores foron:

AULA DE EDUCACIÓN INFANTIL polo seu conto "Cabeza Tola".

ALBA LAGO GARCÍA (2º Ed. Primaria) pola historia "O Vampiro".

DANIELA MATO BERMÚDEZ (4º Ed. Primaria) co seu conto "A casa encantada".

AINHOA CAL CURRAIS (5º Ed. Primaria) coa historia titulada "A desaparición de Susi".

MIGUEL BARRUL IGLESIAS (3º Ed. Primaria) co conto "O vampiro Beethoven".


As fotos da entrega de premios podedes velas premendo no seguinte enlace:

https://photos.google.com/share/AF1QipOp2_FeAPMuV9B3DAbUqtmQ_9foFPOSHw6HIjx9DNd_lMbP0YUHoZuKQ0gCHDIuPw?key=VG1QeTBLeEYtM2xkREpCajg0bU1GaGxiaW9ET2Nn

Despois, elaboramos no comedor do colexio os PETISCOS TERRORÍFICOS DE SAMAÍN, que os nenos comerían ao salir ao recreo. Picando nas imaxes podedes ver todas as fotos de ese obradoiro.

Ao regresar do recreo, na HORA DE LER, tamén fixemos actividades sobre o samaín e a música. O profesorado organizou un conto para quitarnos todos os medos que temos, cada un de nós. Baseado na historia de "FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS", a banda sonora estivo a cargo de Rubén, Andrea e Óscar. E rematamos todos cantando e bailando: primeiro os grupos de 1º e 2º de primaria, que nos interpretaron unha fermosa canción co seu mestre öscar á guitarra titulada "BUAJAJAJAJÁ". Despois todos xuntos cantamos a canción "XA CHEGOU O SAMAÍN", acompañados polas turutas de os nenos de 5º e 6º de primaria e o ukelele de Jorge e Aroa que tocou o mestre Óscar. Picade nas imaxes para ver o que pasou!!!!!


Xa, pola tarde, pasámolo de medo austando a todas as persoas que andaban polo colexio, para a cal nos pintamos coma vampiros, monstros, zombies, etc. E xogamos no patio aproveitando a fermosa xornada de sol!!!

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 16-17: A MUSITECA

Este curso 2016-2017 dentro do noso PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO, escollimos como tema A MÚSICA. Tamén os nenos/as e mestres/as do centro escollimos o lema: A MUSITECA. E xa temos tamén o cartel. Querédelo ver?. Todo canto queirades saber sobre o noso proxecto poderedelo ver picando no Blogue da Biblioteca.

OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO 24-10-16

O luns día 24 de outubro, en horario de 10 a 12 horas na Biblioteca do centro, fixemos 2 Obradoiros de Percusión con Material de Refugallo a cargo de José Troncoso Barros, celebrando así o "Día da Biblioteca". Un obradoiro para os pequenos de infantil e 1º e 2º de primaria, e outro para os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Estes obradoiros estaban baseados en ritmos interpretados con instrumentos musicais feitos con obxectos de refugallo do tipo de botellas de plástico, latas de conservas, globos, ou mesmo botes de pintura. Picando na imaxe veredes as fotos que fixemos esa mañá.

  

      

Tamén podedes ver un vídeo gravado noutra escola, pero onde se pode ver o tipo de actividade que fixemos esa mañá. Pica no enlace.

https://youtu.be/MOA4iG4HRoY

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO 13-10-16

O venres, día 13 de outubro, á hora de xantar, tivemos a gran sorte de que parou no noso centro o noso padriño da Biblioteca Escolar, Ángel Carracedo, para facernos unha pequena visita. Viña da Ponte do Porto de dar unha conferencia e parou a visitarnos e xantar con nós. Tanto nenos como adultos quedamos abraiados deste feito, que foi fugaz pero intenso, xa que case ca comida no boca marchou a outra reunión que tiña en Santiago. Grazas pola túa presenza!!!!!

EMILIO PRESÉNTANOS INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL 13-10-16

O venres día 13 de outubro visitounos Emilio, acompañado de Irene, que é a presidenta da Asociación de Amas de casa de San Cosme. Emilio é músico e presentounos varios instrumentos musicais, para animarnos a asistir ás clases que a Asociación oferta para este curso: acordeón, frauta, pandeireta, tambor, gaita,...Picando nas imaxes, veredes algunhas das fotos de ese día.

  

XORNADAS DE CAPTACIÓN CLUBE BALONMÁN XALLAS

Os dias 20 e 21 de setembro de 2016, visitou o noso centro Juan Carlos Lois Pastoriza, Técnico Deportivo Territorial de Balonmán e adestrador do BM Xallas Infantil Feminino, para levar a cabo no noso centro unhas Xornadas de Captación de novos talentos para o Club Balonmán Xallas, para os alumnos de 2º a 6º de educación primaria. Tedes a información e o contacto na folla explicativa que aparece máis abaixo.



PROXECTO INTEGRADO 16-17: A MÚSICA

Esta e a carta que nos enviou dende a Biblioteca Escolar a Rosiña para dar comezo, un ano máis, ao noso Proxecto Integrado de Centro:

Ola, rapaciñas e rapaciños !!!!!!

Como estades? Eu sigo no Brasil. Onte remataron os Xogos Paralímpicos, nos que España conseguiu un total de 31 medallas, a grande parte delas en natación, como as que gañou a nosa coñecida TERESA PERALES. A festa destes grandes deportistas paralímpicos coincidiu coa cerimonia de clausura: a pira non se acenderá ata dentro de 4 anos a miles de quilómetros de Río: os próximos Xogos Olímpicos celebraranse en Tokio.

E eu, durante estas semanas no Brasil, ademais de desfrutar dos acontecementos deportivos, tamén quixen coñecer a fondo esta cultura, así que aproveitei todo o que puiden: viaxes, espectáculos, xuntanzas con amizades, películas, encontros con persoas relacionadas co mundo da literatura, cociñeiros e cociñeiras, etc. Tantas cousas que non vou ter tempo para contárvolo todo!!! 

Pero o que si vos quero dicir é que houbo unha cousa que me sorprendeu moitísimo: a CAPOEIRA. Descoñecía por completo o que era isto, e a primeira vez que puiden ver un espectáculo de capoeira quedei marabillada. Introducida no Brasil por descendentes africanos sobre o século XVI, é unha arte marcial que combina danza, música e acrobacias. Caracterízase polos movementos de pernas e brazos e polos saltos. Tradicionalmente practicábase ao ritmo do "berimbau", que é un instrumento de corda percutida, pero na actualidade tamén se empregan outros instrumentos de percusión como acompañamento.

Bueno, non quero contarvos máis sobre a capoeira, pero si dicirvos que tanto me emocionei vendo aos brasileiros practicándoa que pensei: a capoeira ten algo de deporte e moito de música. Sobre o deporte xa investigamos, pero... sobre a MÚSICA non!!! Así que aquí vai a miña proposta: que tal se convertimos o 2016-2017 nun curso musical? Que banda/s sonora/s lle poñemos? 

Para empezar, anímovos a que me axudedes co lema. Chegarei na próxima semana, así que sería estupendo que xa o tiverades decidido!!! Veña, poñede xa esa creatividade en marcha; seguro que saen cousas tan atraíntes que non quedará unha soa persoa que non se enganche á biblioteca a través da música. Agardo as vosas propostas con tanta emoción que xa non sei se durmirei durante os próximos días...
Unha aperta enorme para todos, ARTISTAS!!!!
 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut