Skip to Content

Biblioteca

DÍA DE ROSALÍA COA MÚSICA DE TRUQUE MATRUQUE 23-02-22

Dentro das moitas actividades programadas para celebrar o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, ocurríusenos a idea de traer ao centro a TRUQUE MATRUQUE para cantar versos de Rosalía. Para ver máis fotos picade nas imaxes.

 

PACO NOGUEIRAS "RADIO BULE BULE" 14-02-22

O luns 14 de febreiro comezamos a semana cun estupendo concerto no patio a cargo de PACO NOGUEIRAS, para celebrar que o domingo día 13 foi o Día Mundial da Radio. Así Paco coa súa RADIO BULE BULE fixo as delicias do alumnado e bailaron e cantaron como se non houbese un mañá. Picando nas fotos veredes o que pasou con fotos e vídeos.

DÍA DAS BIBLIOTECAS-GALEATRO CON ALBA BERMÚDEZ 24-10-21

O día 24 de outubro celebramos no noso centro o DÍA DAS BIBLIOTECAS, a través dunha actividade de contacontos a cargo de ALBA BERMÚDEZ de Galeatro, que en dúas quendas fixo as delicias de tódolos nenos do cole, cos seus contacontos "Comechíns, segundo prato". Para ver as fotos de ese día picade nas imaxes.


RADIO "ROSIÑA" EN RTV ENXEBRE 21-05-21

O día 21 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo unha actividade moi especial: gravaron en directo un programa de radio con "RTV ENXEBRE", no Auditorio de Vimianzo, onde tamén participaron o CPI Virxe de Cela de Monfero e o CEIP Labarta Pose de Zas. Este programa foi unha das actividades do proxecto que a ONG "Ayuda en Acción" desenvolve no noso centro durante este curso a través do "Laboratorio de Radio", gracias á axuda de Sergio, Dani e Lorena.

Desde o noso centro agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta xuntanza, así como ao Concello de Vimianzo por facer posible esta actividade nos tempos que corren e como non aos nenos e nenas dos tres centros a través das súas radios: "Onda Labarta", "Radio Xesteira" e a nosa "Radio Rosiña". Picade na foto para ver máis.

O NOSO CONTO VIAXEIRO 20-21

Xa está publicado o CONTO VIAXEIRO no blogue da Biblioteca, que leva por título "A VIAXE ESTRELADA". Este conto realizouse co alumnado de Educación Infantil e Primaria. A proposta lanzouse na semana do "Día do Libro", e tivo a todos nuns días de actividade frenética de creación, redacción, ilustración e gravación. O resultado de todo ese traballo colectivo é o vídeo que veredes a continuación. Para unha maior información visitade o noso Blogue da Biblio, onde Rosiña vos atenderá de maravilla. Esperamos que vos guste.

ANXO MOURE Contacontos no Día do Libro 21-04-21

O mércores 21 de abril, antesala do DÍA DO LIBRO e da Terra, visitou o noso cole un contacontos que nos levou por mundos de máxicas historias, ANXO MOURE "O carballo con botas". Traia personaxes que viaxan con el nunh cesto, e vestido de árbora falounos de como amar e salvar a natureza. Podedes ver as fotos de ese día picando nas imaxes. E tamén pinchando no seu nome, accederedes á súa páxina de Contos Solidarios.

PETER PUNK E "A CHUNGATRONA" 26-03-21

O venres día 26 de marzo de 2.021 tivemos a visita no cole do noso amigo e paiaso preferido PETER PUNK do País de Nunca máis que nos presentou o seu espectáculo "A Chungatrona", cheo de humor e malabares, cos que fixo as delicias dos nenos, sempre con tódalas medidas sanitarias correspondentes. Tamén tivemos a sorte de que nos presentou á súa cadeliña Gaza e un avance do seu derradeiro espectáculo "Concerto Punkinfantil". Picando nas fotos poderedes ver o que ocurriu ese día.

XIMCANA DA IGUALDADE-COMPAÑÍA DINAMO 08-03-21

O luns día 8 de marzo, conmemorando o DÍA DA MULLER, levamos a cabo no colexio unha XIMCANA DA IGUALDADE a través da compañía de actividades DINAMO. Nela participou todo o alumnado do centro en diferentes quendas, onde a través de diferentes xogos, tentábase de eliminar certos estereotipos, de non discriminar, de coidar a nosa linguaxe e de aceptar as diferenzas. Foi unha sesión moi participativa e interesante ao tempo que moi necesaria nestos tempos que corren. Si queredes ver as fotos de ese día, picade na foto.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Actividades

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, celebrámolo no cole cunha serie da actividades fantásticas realizadas nas diferentes titorías e das que vos deixamos eiquí as seguintes:

  • Podcast en Radio Rosiña dos nenos e nenas de infantil de 4-5 anos da clase da mestra Patri. Picando no podcast, escoitaredes o audio a través do Blogue da Biblioteca.
  • Vídeo coas cancións das diferentes titorías, para lembrar a esta gran escritora, Rosalía de Castro.

OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS 26-02-21

O venres día 26 de febreiro de 2.021 en horario de mañá, levamos a cabo un obradoiro con Suso e Amparo a través de "Ciencia en Movemento" para todo o alumnado en diferentes horarios adicado ás "Excelentes Mulleres Científicas". Moitas delas descoñecidas, debido ao seu escaso recoñecemento, tanto en vida como posteriormente. Fíxose un percorrido dende o máis pequeno, como os virus, ata o máis grande, o universo; dende o máis sinxelo, coma o carbón, ata o máis complexo, o wifi. Picando na foto veredes todas as fotos de ese obradorio.

             

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-21

O vindeiro mércores día 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, e dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) compartiron con nos un recurso para aproximarnos á vida da escritora. Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria dese centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019. Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro, participaron na revisión dos datos biográficos. Aparte doutras actividades que levaremos a cabo no centro, eiquí vos queda o vídeo.

"ACTIVIDADES FICAMOS NA CASA". O CORONAVIRUS NON NOS FREA

 

Neste días de confinamento, o profesorado contacta coas familias e co alumnado para darlles ánimos, enviarlles vídeos, para marcar tarefas escolares sobre os libros de texto que tedes todos na casa e outro tipo de actividades e recursos, etc. Este contacto faise a través das aplicacións tokapp, whatsapp, correo electrónico e/ou teléfono. Ademáis no seguinte enlace, que esta no blogue da biblioteca cólganse actividades e recursos para o alumnado. Se queredes velos, picade na imaxe ou entrade no noso blogue da biblioteca

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 28-02-20

O venres día 28 de febreiro celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Non o pudemos celebrar o seu día, 24 de febreiro, porque estabamos de vacacións. Esta mañá, na Biblioteca do centro, xuntámonos todos para falar de Rosalía. Os nenos de 6º leron un manifesto do escritor Daniel Asorey e que nos achegou a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Os nenos de infantil cantaron "Eu ben vir estar o moucho"; en 1º e 2º puxéronlle música a unha estrofa da Alborada; en 3º e 4º acompañaron con pandeiretas o coñecido "Adiós ríos, adiós fontes" e en 5º recitaron un poema sobre a dor da muller do emigrante. Para ver máis fotos, picade AQUÍ.

FORMACIÓN EN RADIO ROSIÑA 2ª SESIÓN CON PABLO PORTABALES 27-01-2020

O luns, día 27 de xaneiro, tivemos a 2ª sesión de FORMACIÓN en RADIO ROSIÑA, recibindo a visita de PABLO PORTABALES BARROS. Leva no mundo da radio dende hai máis de 25 anos, e nestes intres dirixe o Programa "Voces de A Coruña" en Radio Voz, e colabora directamente na Voz de Galicia cunha sección propia na edición da Coruña. Nestas dúas décadas suma máis de 12.000 horas de radio en programas musicais, deportivos, informativos e en especial magazines. A formación volveu a ser para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Pablo traballou cos nenos e nenas na nosa Radio preparando un anuncio para a radio, co fin de promocionar o noso colexio e outras moitas cousas. Picade AQUÍ para ver as fotos de ese día.

FORMACIÓN EN RADIO ROSIÑA 1ª SESIÓN CON LORETO SILVOSO 20-01-2020

O luns, día 20 de xaneiro, tivemos a primeira sesión de FORMACIÓN do curso en RADIO ROSIÑA, recibindo a visita de LORETO SILVOSO, unha das locutoras do programa de Radio Voz "Voces de A Coruña". A Formación era para rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria. O luns, día 27 de xaneiro, teremos a 2ª sesión de formación. Loreto traballou cos nenos cousas tan importantes coma o uso da voz, aspecto importantísimo para o traballo nunha radio, e a vocalización para un bo entendemento do que se quere transmitir. Picando nas imaxes veredes máis de ese día.

OBRADOIROS LUPO 13-12-19

O venres día 13 de decembro, realizamos no centro e durante todo o día, un OBRADOIRO CON MATERIAIS LUPO, que é unha actividade baseada na práctica e traballo cooperativo dos alumnos, para construir estructuras e figuras peculiares, a través do traballo coas formas, tamaños, etc. Fixemos tres grupos para levar a cabo esta actividade: os de infantil e 4º, 5º e 6º de primaria foron pola mañá. e os de 1º, 2º e 3º de primaria fixeron a actividade pola tarde. Picade nas fotos para ver máis.

TÍTERES CACHIRULO. A Hª DO APALPADOR 11-12-19

O mércores día 11 de decembro, tivemos a sorte de coñecer un pouco máis da Historia do Apalpador, a través da actuación de TÍTERES CACHIRULO, que nos contou un montón de aventuras deste peculiar personaxe. Premendo nas fotos podedes ver outras máis.

TÍTERES CASCANUECES "Unha armadura con ferruxe" 25-11-19

O luns día 25 de novembro de 2019, entre outras actividades, para celebrar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, tivemos pola tarde a sorte de ver unha obra de TÍTERES CASCANUECES que levaba por título "UNHA ARMADURA CON FERRUXE", tratando de transmitir mensaxes sobre a igualdade de xénero. Pica nas fotos para ver máis.

OBRADOIRO DE ORIGAMIS DE ANDORIÑAS CON PALMIRA 15-11-19

O venres día 15 de novembro visitounos PALMIRA, que xa estivera outras veces con nós, para levar a cabo un OBRADOIRO DE ORIGAMI DE ANDORIÑAS, a través da papiroflexia. Asistiron a este obradoiro tódolos alumnos/as de primaria. E pasaron dúas horas maravillosas facendo á andoriña e escoitando as historias que nos contou Palmira. Ata sempre amiga!!!!!

PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 2019-2020: "AS AVES"

Eiquí vos deixamos o cartel, elaborado pola nosa compañeira Susi, do noso PROXECTO INTEGRADO DE CENTRO 2019-2020 SOBRE "AS AVES" e cuio lema votado polos nenos e nenas do centro foi "MAZARICO LE CO PICO". Esperamos que vos guste.

EXPOSICIÓN SOBRE AS AVES

Durante tres semanas do mes de novembro, teremos no pasillo do centro unha EXPOSICIÓN DE "AVES DE GALICIA" da Xunta de Galicia, proporcionada polo CEIDA, para todos/as os/as alumnos/as e aquelas persoas que se acerquen polo centro e teñan interese en vela. Esta actividade enmarcase dentro do Proxecto Integrado de Centro para este ano adicado ÁS AVES.

CELEBRACIÓN DO "DÍA DAS AVES MIGRATORIAS" 11-10-19

Celebramos o día 11 de outubro no patio o "DÍA DAS AVES MIGRATORIAS" (12-10-19), adicándolle este día á Protección das aves contra a contaminación dos plásticos. Xuntámonos todo o colexio no patio, e a mestra Susi falounos un chisco sobre as aves migratorias e leunos un texto sobre as Andoriñas. Finalmente colocamos unha CAIXA-NIÑO no noso fermoso castiñeiro, co fin de ver aniñar a algunha ave. Para rematar o día vimos unha fermosa película sobre aves "VOANDO LIBRE". Pica nas fotos para ver máis.

         

        

DIFERENTES SECCIÓNS NA NOSA "RADIO ROSIÑA".

Cabe destacar que a nosa RADIO ROSIÑA, cada vez ten maior actividade. Así podemos mencionar diferentes seccións que se están levando a cabo ao longo deste ano. Entre estas cabe destacar, A entrevista que se lle fixo a uns avos e avoas dos alumnos do cole sobre "O BOLO DO POTE", a participación no I CONCURSO DE PODCASTS DE RADIO, onde NOTICIÓN!!!!!!! os nosos alumnos máis pequenos de infantil, foron os gañadores do I Concurso de Podcasts Radio na Biblio, coa súa gravación "O MAZARICO" que será difundido pola Radio Galega. Ou que viñera un pai a ler un texto para o día do Libro Infantil 2019 (Luís Martínez Tubío). GRAZAS A TODOS POLA VOSA DESINTERESADA PARTICIPACIÓN. Se queredes escoitar estes audios premer nas imaxes.

"Mazarico, lindo mazarico,

quen che deu a ti ese tremendo pico.

Ai, ai, meu mazaricán,

flor da miña vida dame a túa man.

Ai, ai, meu mazaricón, flor da miña vida do meu corazón".

CELTIA FIGUEIRAS NO DÍA DO LIBRO E AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES 23-04-19

O martes, día 23 de abril de 2019, celebramos o DÍA DO LIBRO, traendo ao colexio a CELTIA FIGUEIRAS, que encheu de contos e música a nosa biblioteca, xa que viña acompañada dunha familia de bonecos, que fixeron as delicias dos nosos nenos. Pola tarde e seguindo coas celebracións de ese día, levamos a cabo os AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES, que consisten en que nenos de maior idade lles lean un conto a outros máis pequenos en calqueira parte do colexio, para rematar facendo un debuxo de conto leído. Picade nas imaxes, para ver as fotols de ese día.

2ª XORNADA DE FORMACIÓN PARA OS ALUMNOS EN RADIO ROSIÑA 29-03-19

Durante dúas xornadas Luís de Radio Espora, visitounos para darlles aos nosos alumnos unhas pequenas clases a modo de formación na nosa Radio Rosiña. Foron indo en diferentes grupos para que todos poideran gravar algo na Radio. Se queredes escoitar as gravacións feitas ese día, picade AQUÍ.

NOVIDADES EN RADIO "ROSIÑA" 14-03-19

Dende principios de marzo, contamos na nosa RADIO ROSIÑA, cunha nova ferramenta: a de avisar á xente que pasa polo pasillo do centro de cando se está a gravar na radio e cando non, co fin de que se faga o menor ruído posible. Para este fin, colocouse un sinal visual coas letras "ON AIR" que cando se está gravando na radio está acendido.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

                          

DÍA DE ROSALÍA 26-02-19

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA o martes día 26 de febreiro despois do recreo. Co maravilloso día que facía, saímos todos para o patio e cada neno dende infantil a 6º de primaria, foron recitando as poesías de Rosalía dun xeito espectacular!!!!!!! Seguro que en breve poderedes escoitar os podcats na nosa Radio Rosiña.

DÍA MUNDIAL DA RADIO "AS NOVAS QUE QUEREMOS" (RADIO ESPORA) 13-02-19

Hoxe día 13 de febreiro de 2019, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO, a través dun programa realizado por RADIO ESPORA co traballo de moitos centros de toda Galicia que crearon unha grabación sobre a tolerancia, a paz e o diálogo, nas súas diferentes radios. O Programa leva por título "AS NOVAS QUE QUEREMOS", e consiste nun noticieiro creado nas radios dos coles. Nos por suposto a través da nosa RADIO ROSIÑA, puxemos o noso grao de area, facendo a grabación a alumna de 5º de primaria NEREA OZÓN OTERO. Esperamos que vos guste. Picando na foto da esquerda, oiredes todo o programa.

DÍA MUNDIAL DA RADIO "AS NOVAS QUE QUEREMOS" (RADIO ESPORA) 13-02-19

Hoxe día 13 de febreiro de 2019, celébrase o DÍA MUNDIAL DA RADIO, e a través de RADIO ESPORA fíxose un programa no que participaron varios colexios sobre a tolerancia, a paz e o diálogo, que leva por nome "AS NOVAS QUE QUEREMOS". É un noticieiro de boas novas creado polos nenos nas súas radios de diferentes centros de Galicia. Nos evidentemente fixemos este traballo na nosa RADIO ROSIÑA, e realizou a grabación a alumna de 5º de primaria NEREA OZÓN OTERO. Esperamos que vos guste.

Distribuir contido


by Dr. Radut