Saltar navegación.
Inicio

Recursos mestres

A aula de audiovisuais do centro "actualizase"

 

A aula de audiovisuais do terceiro piso ven de recibir interesantes melloras para o seu uso. Estas melloras consisten na istalación fixa dun proxector e unha pantalla de grandes dimensións.

Ademais disto existirá a corto prazo un equipo de DVD, ordenador portátil e un altofalante de alta fidelidade con microfonía. Con estas melloras búscase a dotación dunha aula específica e especializada na reproducción de filmes, organización de conferencias e charlas, presentacións e proxeccións multimedia, etc.

 


 

 

O CEIP San Vicenzo xa ten Nube

O nos centro xa pode presumir de ter nube propia. Isto que significa? non quere dicir que nos vaia chover mais ou dala sobra sempre que queiramos.

A nube é un xeito de chamarlle a unha palabra moito mais rara e comlicada :

"O servidor local de contidos".

Pois iso, que o servidor local funciona como unha nube imaxinaria que voa por riba do noso colexio e que ten comunicación directa con cada ordenador que hai nel. Á nube poderemos subir contos, xogos, programas educativos, imaxes, etc. O bo é que dende calqueira ordenador despois poderemos acceder inmediatamente e empregar os centos de aplicacións que ten a nube.

 


 

 

VozME

Pasa os teus textos a MP3 con vozMe

vozMe é unha páxina web que permite pasar os teus textos a formato Mp3 polo que é moi útil para escoitar os teus apuntamentos neste formato no teu  reproductor habitual.

 

Como inserir unha imaxe integrada no texto

Estas é unha proba na que se realizan os pasos para poder poñer unha foto acompañada de imaxe e que esta se axuste ao texto e non utilice un párrafo separado.
1º Inserimos o texto sen co formato totalmente limpo, sen ningunha etiqueta html estraña. Podemos crealo en bloc de notas e logo copialo e pegalo.
2º Poñemonos no lugar nbo cal queremos inserir unha imaxe e abrimos o cadro de propiedades de imaxe.
3º. Unha vez aberto este cadro, eleximos a imaxe pertinente.

4º Unha vez elixida, voltamos á taboa de propiedades de imaxe. Onde atopamos opcións tales como aliñación (elixide por exemplo "dereita"), espazo vertical ("5px") e espazo horizontal ("5px"). 
5º. Despois inserimos a imaxe. Con isto a imaxedebera de aparecer representada debidamente á dereita e coa separación de 5px do texto tanto vertical como horizontal.

CONCLUSIÓN: Para integrar unha imaxe no texto, on é necesario utilizar as táboas. As táboas son un dos elementos mais inestables nesta web e solen ser o resultado de múltiples problemas de visualización dos contidos creados. Evitade empregalas na medida do posible.

Descarga SUPER Video Converter

Este programa permíteche transformar os teus vídeos a formato flv-swf para depois poder adxuntalos ás túas novas na web.

Podes descargar o programa de instalación premendo no arquivo adxunto.

 


 

Descargar resize

Este programa "libre" permiteche cambiar dun xeito moi doado as dimensións de todas aquelas imaxes que desexes empregar para a nos web.

Solo tes que descargar o arquivo adxunto e o programa execútase.

 


 

Suxerencia sobre o navegador

A páxina web do noso centro funciona moito mellor con Mozilla Firefox. 
Anímate a empregalo instalando este navegador  no teu ordenador.
 

(Fai Click na imaxe) 

Charla informativa

06/02/2009 14:00
06/02/2009 14:30
Etc/GMT
Distribuir contido