Saltar navegación.
Inicio

O CEIP San Vicenzo xa ten Nube

O nos centro xa pode presumir de ter nube propia. Isto que significa? non quere dicir que nos vaia chover mais ou dala sobra sempre que queiramos.

A nube é un xeito de chamarlle a unha palabra moito mais rara e comlicada :

"O servidor local de contidos".

Pois iso, que o servidor local funciona como unha nube imaxinaria que voa por riba do noso colexio e que ten comunicación directa con cada ordenador que hai nel. Á nube poderemos subir contos, xogos, programas educativos, imaxes, etc. O bo é que dende calqueira ordenador despois poderemos acceder inmediatamente e empregar os centos de aplicacións que ten a nube.