Saltar navegación.
Inicio

Aplicacións, Infantil, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo

Poisson Rouge

Novos xogos educativos para Infantil e 1º ciclo.

Na carpeta de ciclos, en infantil e primaria temos un novo acceso a unha páxina web con un montón de actividades educativas moi interesantes. Solo tedes que facer click no icono e xa bota a andar.

Os mais cativos poderán traballar conceptos e habilidades básicas nunha proposta global que atalla tódalas áreas: puzles, iniciación á lectoescritura, cálculo, conceptos básicos, música,debuxo, etc, etc.

Animádevos! Poisson Rouge é un mundo dinámico e atractivo que propón numerosas aventuras e para aprender xogando á vez que interactuamos dun xeito intuitivo cos ordenadores.


NOVAS ACTIVIDADES JCLIC

AS NOSAS COMPAÑEIRAS DO GRUPO DE TRABALLO VOLVEN A AMOSARNOS O SEU TRABALLO EN JCLIC, PARA QUE TODOS/AS PODADES TRABALLAR CON ELAS.

PINCHA AQUÍ

 

Videoconferencia no Telecentro

O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.

Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo. 

A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.

 

 

(ver mais fotos)

 

Blogoteca en funcionamento

Xa está a funcionar a nosa Blogoteca!

Podedes acceder a ela clickeando no botón do menú superior visible na páxina principal ou facendo click nesta imaxe

 

 

É moi fácil participar e todos podemos facer del un espazo de opinión e discusión moi interesante.

Animádevos!

 

Celebramos a Pascua no Telecentro

Con motivo da pascua, os nenos e nenas do primeiro ciclo visitaron o Telecentro de Vimianzo, onde puideron facer diversas actividades relacionadas coas datas e através dos ordenadores.

A experiencia co Telecentro foi, coma sempre, moi productiva para todos (alumnos e profesores). 

 

Accede á galeria do centro e poderás ver o album completo de fotos completo sobre esta experiencia.

 

                        (VER ALBUM)

 

 

PWP sobre o Entroido

 

  O ENTROIDO GALEGO

 

Distribuir contido