3 anos
MARTES 21 ABRIL
Bos días familias:
Nota: Mirade no apartado de Educación Musical da web do cole que está no menú
dentro de especialidades o "Conto para os máis pequenos : A tola de Lola. " É un
conto moi divertido e despois podedes ver os enlaces que están a continuación para
traballar os sons dos animais.
Mirade tamén a proposta de María Luisa que lles vai encantar ós peques e
inclúe conto e elaboración de instrumentos musicais. Moi interesante.
Proposta de actividades:
- Hoxe imos ver o ciclo de vida das plantas. Para iso imos propoñer a
experiencia de plantar unha semente. Se tedes lentellas ou fabas na casa
plantade varias en botes de iogur. Poñedes algodón por abaixo no fondo do
bote de iogur, enriba as sementes e tapades con máis algodón. Mollades
ben o algodón con auga e esperades a que medre regando cando precis
e. Que teñades sorte e coidáde ben a pranta para que xermine. Tamén
podedes plantala en terra en vez de algodón pero tarda máis en xerminar.
- Debuxar triángulos.
- Explicar ós nenos/as cales son os nomes das crías da ovella ( año/a ),
porca ( porquiño/a ), vaca ( becerro/a, cuxo/a ), egua (poldro/a )… Imitar
os sons que emiten estos animais. En castelán : oveja/carnero - corderito/a,
cerdo/a - cerdito/a, vaca/buey - ternero/a, caballo/yegua - potro/a
Saúdos. Carmen.
LUNS 20 ABRIL
Ola familias:
NOTA: Estamos a utilizar a aplicación da Xunta ( abalarMóbil ) para manter
a comunicación coas familias. Xa se vos enviou unha mensaxe explicativa a
través da citada aplicación. A través do uso do servizo de mensaxería
podedes enviarme comentarios, suxerencias...que eu responderei facendo
posible o diálogo entre nós. A proposta de tarefas que podedes facer cos
nenos/as na casa aparece todos os días na páxina web do cole neste
apartado de Educación Infantil no curso de tres anos. Do mesmo xeito que
viñemos facendo ata agora continuaremos poñendo actividades cada día
neste sitio.
Nova proposta de actividades:
- Debuxade dúas árbores, unha alta e outra baixa. Na alta tedes que
debuxar un niño dun paxaro e na baixa un paxariño.
- Facede un número tres con puntiños e que os nenos/as o repasen e logo
debuxar tres flores.
- Debuxade os maiores un galo e un pitiño...Cantade alto coma o galo e
despois baixo coma o pitiño...Pintade o animal que canta alto (galo) e
pegade anaquiños de papel pintados de amarelo no animal que canta baixo (
pitiño).
- Os peques teñen que poñer o seu nome nos traballos e lembrade repasar
os días da semana cós carteis que fixemos o outro día.
- Podedes ver teatro neste enlace para traballar as emocións có monstro de
colores.
https://www.youtube.com/watch?v=I5Q8FCKPNQ0&t=447s
Moitas grazas. Saúdos. Carmen.
VENRES 17 ABRIL
Ola familias:
Tarefas que podedes facer hoxe:
- Coma en días pasados precisamos colaboración de maiores para facer
ilustracións. Debuxádelles ós nenos/as unha folla dunha árbore de tamaño
grande e que logo os peques a coloreen de verde. Explicarlles que agora en
primavera as flores son verdes mentres que no outono eran marróns ou
amarelas e dicirlles que esta é a época do ano cando as árbores botan as
folliñas novas-
- Pedir ós nenos/as que pinten un folio de verde coma se fora un campo.
Despois facemos floras de papel e pegámolas nese campo. As flores
pódense facer debuxándoas e despois pintando e recortando ou con papeis
de cores ou con papel enrugado...como a vós vos apeteza… Trátase de facer
unha actividade plástica que os peques disfruten coa colaboración dos
maiores e lles serva para aprender que na primavera saen as flores.
- Que traten de escribir o name con maiúsculas nas dúas actividades de
hoxe.
Saúdos. Carmen.
XOVES 16 ABRIL
Ola familias:
Hoxe de novo imos precisar a colaboración dos maiores para facer
ilustracións sobre as que traballarán os peques.
- Os maiores debuxades tres platos: no primeiro debuxades tres tomates,
no segundo tres pementos e no terceiro un plátano. Os nenos/as poden
pintar as froitas e hortalizas dos pratos por iso os debuxos deben ser de
elementos.
- Facede cico veces o número tres con puntiños e pedide ós nenos/as que os
repasen.
- Que traten os peques de poñer o seu nome nas actividades de hoxe.
Lembrade que o importante é que os nenos/as aprendan, podedes modificar
as tarefas en función dos seus intereses e se tedes ideas creativas na familia
pois... adiante !!!
Saúdos. Carmen.
MÉRCORES 15 ABRIL
Bos días familias:
Hoxe imos propoñer novas tarefas.Precisamos a colaboración de papá,
mamá ou irmáns maiores para que fagamn os debuxos das actividades.
- Escribideslles ós nenos/as números 1, 2, 3 nun papel en tamaño grande
soltos e mesturados. Eles teñen que recoñecer e rodear os treses. Así
ensinámoslles a diferenciar os números.
- Debuxádelles os peques un triángulo grande e que recorden o seu nome.
Despois poden pintalo.
- Debuxade agora dous vasos. Dicídelles que un deles está cheo de zume e
o outro baleiro. Que os nenos/as pinten un dos vasos de laranxa, o que ten
zume. Poden tamén pintar un anaco de papel de laranxa, cortalo e facer
anaquiños (papeliños pequenos laranxas) e logo pegalos no vaso con
zume...Aproveitamos para caontarlles que as froitas se venden e mercan na
froitería.
- Se vos apetece facede de merenda un zume de laranxa na cociña para
tomar en familia. Se tedes expremedor manual que mamá ou papá fagan
metades de laranxas e os peques poden expremelas como fixemos na clase.
Ata mañá...Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Ola de novo! Son María Luisa e espero que estedes todos ben.
Para iniciar aos rapaces na papiroflexia, mándovos un enlace a unha páxina web para realizar figuras de animais coa axuda dos papis. Desexo que vos guste.
Tamén vos mando unhas fichas de repaso de trazos (en un arquivo á parte) adaptadas aos nenos de 3, 4 e 5 anos. Podedes elexir as que máis vos gusten.
Bicos,
María Luisa
MARTES 14 ABRIL
Ola familias de novo:
Espero que todos estedes ben e envíovos un enorme saúdo a todos/as e
un bico moi especial ços nenos/as que están na casa e seguro botan de
menos ós seus amiguiños/as da escola. Coidádevos moito…
Hoxe sería o día da volta ó cole despois das vacacións de Semana Santa
pero debido ó estado de alarma e á difícil situación que se está a vivir por
mor do coronavirus faisenos imposible a volta así que continuaremos
propoñendo actividades a través da web do cole.
- Recordades os carteis que fixemos nos últimos días có nome dos días da
semana ?? Hoxe temos que repasalos e dicir os nomes.
- Dicimos os nomes das estacións e recordamos en qué estación estamos
que é a primavera e falamos do que pasa nela: saen as flores, cantan os
paxaros…
- Debuxamos con puntiños as vogais maiúsculas e que os peques as repasen
e facemos igual tamén os números 1, 2, 3 con puntos para repasar.
- Contamos un conto que lles guste e a continuación que fagan un debuxo
dunha personaxe do conto. En Kalandraka TV hai contacontos para nenos/as, xa
teñen varios títulos e pódense ver coma unha sesión de contacontos.
- Xogar coa plastilina se tedes na casa ou facede un puzles.
- Escribimos cada un o seu nome.
Como vedes isto foi un repasiño, cada día teredes novas suxerencias.
Moitísimas grazas familias.
Saúdos. Carmen.
VENRES 3 ABRIL
Ola familias:
Hoxe quixera dicirvos que mirásedes a páxina principal da web do cole para
saber como podedes consultar as calificacións do segundo trimestre. Os
boletíns entregaranse en papel cando voltemos ás aulas pero dende mañán
podedes velas na aplicación abalarMóbil que tedes que instalar no voso
teléfono e así xa accededes á avaliación do voso fillo/a. Tedes unha
explicación completa e manual como vos dixen, na páxina principal desta
web.
En canto ás tarefas recomendo para hoxe que repasedes cousas que fomos
facendo nestes días pasados e que aproveitedes para facer traballos que vos
quedaron pendentes.
Desexo de verdade que todos/as esteades ben, coidádevos moito, ánimo,
saúdos para as familias e moitísimos bicos para os peques de parte da súa
profe.
Carmen.
XOVES 2 MARZO
Bos días:
Hoxe é o día do libro infantil e xuvenil. Visitade o apartado biblioteca
desta web e podedes ler algún dos contos que se propoñen...o que máis vos
guste. Despois que os nenos/as fagan un debuxo do conto e que lle poñan o
nome.
Repasade os días da semana e as estacións do ano. Facede un cartel da
primavera có nome da estación en letras maiúsculas e flores debuxadas.
Podedes colaborar nenos/as e familias na confección do cartel pero o
importante e que os peques fagan o máximo posible na medida das súas
capacidades, que pinten as flores, fagan as vogais que aparecen no nome da
primavera…
Saúdos. Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Ola, familias! Son María Luisa e desexo que estedes todos ben. Podedes traballar voluntariamente estas fichas de adiviñas de animais, que poden colorear despois.
Tamén vos envío o conto “Los tres cerditos” e varias fichas para elixir a que máis vos guste.
Moitos biquiños.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »