3 anos
VENRES 15 MAIO
Ola familias:
Esta fin de semana o día 17 domingo, celébresa o Día das Letras Galegas
e o escritor homenaxeado e Ricardo Carvalho Calero. Propóñovos que
accedades a estes enlaces.
No primeiro deles podedes ler un conto do autor “As pitas baixo a chuvia.”
Tamén podedes escoitar nese mesmo enlace música.
No segundo enlace podedes ler e descargar un conto dos Bolechas que son
personaxes que lles gustan ós peques, referido a Ricardo Carvalho Calero e
ó día das Letras Galegas.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?
folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf
Tamén se celebra o Día da Familia e nestes tempos de coronavirus quixera
felicitarvos pola vosa labor.
Saúdos. Carmen.
XOVES 14 MAIO
Bos días familias:
Recordade que en días pasados repasamos os animais da granxa, hoxe
imos ver algún animal salvaxe: a xirafa, o elefante, o león. Explicámos ós
nenos/as que comen: a xirafa e o elefante vexetais e o león carne. Imitar os
sonodos destes animais: o barrito do elefante e o ruxido do león.
Por último facer un debuxo de un dod tres animais, o que máis lles guste e
que non se esquezan de firmar o seu debuxo, que o neno/a escriba o seu
nome !!!
Saúdos. Carmen.
MÉRCORES 13 MAIO
Ola familias:
Agora xa tedes na casa os traballos feitos polos vosos nenos/as durante o
segundo trimestre e tamén os libros así que imos adicar o día de hoxe a ver
as obras dos peques con eles e que volas comenten con calma. Fixéron as
tarefas con moita ilusión na aula e agora disfrutade vós das súas produccións
e aproveitade a conversa cós nenos/as para que recorden os contidos
traballados.
Saúdos. Carmen.
MARTES 12 MAIO
Ola familias:
Hoxe María Luisa púxovos unhas actividades moi interesantes neste
apartado así que animádevos a facelas. Ademáis pídovos que repasedes as
estacións do ano e os días da semana.
Saúdos. Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Ola, familias! Como estades?
Esta semana propóñovos pasar un tempo divertido aprendendo trabalinguas co oso traposo.
Tamén vos mando unhas manualidades para facer con "hueveras" de cartón. ENLACE
Moitos biquiños,
Mª Luisa
LUNS 11 MAIO
Bos días:
Tarefas para hoxe:
- Facer os números 1, 2 e tres.
- Escribide o voso nome.
- Buscade pola casa medios de comunicación: o teléfono, o móbil, a
televisión, o xornais, as revistas, a radio…
-Debuxade unha radio e un teléfono e recortade un anaco de xornal para
pegar nun folio.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
VENRES 8 MAIO
Bos días:
Actividades:
- Hoxe debuxamos un círculo grande, un triángulo e un cadrado. Pintamos o
círculo da cor que nos fuste, pegamos anaquiños de papel no cadrado e
facemos puntiños no triángulo.
- Facemos as figuras xeométricas de antes con churros de plastilina. Tamén
podemos facer as letras do noso nome.
Xogade moito...o xogo tamén e educativo.
Saúdos. Carmen.
XOVES 7 DE MAIO
Ola familias:
Actividades para hoxe:
- Debuxade catro helados e escribide o número catro.
- Debuxade círculos e despois xogade a facer pompas de xabón. Divertídevos
moito !!!
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
MÉRCORES 6 MAIO
Bos días :
Tarefas para hoxe:
- Debuxade oito barcos nun folio, que vos axuden os maiores. Logo rodeade
agrupándoos de catro en catro e aprendede a escribir o catro repasando por
puntiños.
- Escribide noutro folio en grande os números 1, 2, 3.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Unha semana máis déixovos unha proposta de actividades. En primeiro lugar unha serie de ideas para facer animais coas pegadas de mans e pés. E despois un vídeo-conto e un debuxo para traballar os "Músicos de Bremen".
Saúdos,
Mª Luisa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »