3 anos
MARTES 5 MAIO
Ola familias:
Proposta de actividades para hoxe.
- Debuxade xoguetes que levedes habitualmente ó parque : bonecas,
pelotas, coches...Pintade cada xoguete que debuxastes dunha cor distinta:
vermello, amarelo, azul e verde. Poñede o voso nome no debuxo.
- Xogade a preto ou lonxe. Os maiores téñenvos que dicir que vos
coloquedes preto de algo da casa: preto da cama, preto do sofá… e logo
diranvos lonxe. Lonxe da cociña, lonxe da tele… Logo iran alternando as
consignas de lonxe e preto. Tratade de non equivocarvos.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
XOVES 30 ABRIL
Bos días familias :
Actividades:
- Hoxe imos continuar facendo manualidades dos medios de transporte e
serán esta vez os terrestres.
Podedes facer un autobús cunha caixa de zapatos semellante ós buses que
fixemos na aula con caixas grandes...os peques seguro que os recordan,
eran vermellos e coas fiestras azuis e eran xigantes. Os que fagades con
caixas de zapatos ou caixas das galletas ou calquera outra caixa serán máis
pequenos pero estarán chulísimos… Como tedes por diante a fin de semana
tamén podedes facer un tren con caixas máis grandes coma as dos zapatos
ou pequenas coma as dos mistos ou tamén con botelliñas baleiras de
auga...Dade liberdade á vosa creatividade: podedes pintar os buses e o
tren, decorar con diversos materiais…
Facédelle fotos ó voso traballo. Cando voltedes ó cole podedes traer as
fotos e ensinalas. Se vos leva máis tempo facer estas manualidades non vos
preocupedes...podedes seguir facendo a momentos ó longo da proxima
semana.
Saúdos. Carmen.
MÉRCORES 29 ABRIL
Ola familias:
Proposta de actividades:
- Pedide ós nenos/as que tenten escribir os números 1,2 e 3.
- Debuxade moitas pelotas nun folio. Rodear pelotas de tres en tres facendo
grupos.
- Facede con papá ou mamá un barco de papel e un avión de papel e
decorádeos, recordade o que vimos na clase dos transportes marítimos
(barco), terrestres (coche,bus, tren) e aéreos (avión). Mañán seguiremos
con máis manualidades de transportes.
Saúdos. Carmen.
MARTES 28 ABRIL
Ola familias:
Proposta de tarefas:
- Debuxade e coloreade un animal que vos guste.
- Debuxádevos a vós coidando ese animal e escribide con letras maiúsculas o
voso nome.
- Escribide as letras vogais maiúsculas.
- Recordade os días da semana.
- Mirade as actividades da profe María Luisa neste mesmo apartado que son moi
interesantes.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Ola! Son María Luisa. Desexo que estedes todos moi ben. Esta semana propóñovos unha serie de xogos sinxelos que poderedes disfrutar facendo e despois xogando.
Tamén imos acercar ao alumnado á música clásica traballando a figura de Mozart.
Espero que vos guste.
Moitos biquiños,
Mª Luisa.
LUNS 27 ABRIL
Ola familias :
Actividades propostas para hoxe:
- Falar cós nenos/as sobre os productos de orixe animal. Explicarlles que as
vacas dannos o leite, as galiñas dannos os ovos, as abellas dannos o
mel...Debuxar algún destes animais e tomade na merenda un vaso de leite
e na cea un ovo se vos apetece para motivar a aprendizaxe.
- Buscade pola casa obxetos que teñan forma de triángulo e obxetos que
teñan forma de cadrado.
- Debuxade un triángulo e un cadrado. Poñede o voso nome debaixo do
traballo.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
VENRES 24 ABRIL
Ola, bos días:
Actividades para hoxe:
- Escribe cada neno/a o seu nome nun folio e pola outra cara do papel pode
facer un debuxo relativo a algún dos contos que lestes onte.
- Facédelles as vocais maiúsculas con puntiños e que as repasen.
- Repasade as estacións do ano e os días da semana.
- No seguinte enlace os peques poden ver unha historia da primavera e de
como unha nena vai vendo medrar unha semente. Titúlase “Emma y los
girasoles”.
https://www.youtube.com/watch?v=cyQ1xy4qqFg
Saúdos. Carmen.
XOVES 23 ABRIL
Ola familias !!
Hoxe celebramos o Día do Libro. Por iso as actividades de hoxe irán
encamiñadas a esta celebración.
- No apartado de BIBLIOTECA que aparece na marxe esquerda da páxina
inicial da web do cole despregando hai un epígrafe que di “animación á
lectura” e ahí podedes atopar algúns contos por idades que se poden
descargar para lerlles os peques no día de hoxe. Tedes tamén despois unhas
indicacións para poder elaborar un marcapáxinas moi orixinal. Animádevos a
facelo !!!
- Podedes visitar este enlace para escoitar poesias infantiles.
https://www.youtube.com/watch?v=FFm4iyFZ6v0
Bicos. Carmen.
MÉRCORES 22 ABRIL
Ola de novo:
Proposta de actividades:
- Hoxe é o día da Terra. Ímolo celebrar coidando da semente que prantastes
onte e os que ainda non a prantastes animádevos a facelo…( mirade as
actividades que propuxen onte máis abaixo nesta mesma páxina ).
- Debuxádevos a vós mesmos coidando a un animal, o que máis vos guste e
se tedes mascota debuxádea.
-Poñede o voso nome no debuxo.
Recordade que o seguimento das tarefas é recomendable para manter o
ritmo e a conexión dos nenos/as coa escola pero en todo caso de realización
voluntaria e sempre as podédedes adaptar ás circunstancias persoais dos
vosos fillos/as e da vosa familia. Moitas grazas.
Ata mañá. Saúdos. Carmen.
Proposta de Actividades de Mª Luisa
Ola de novo! Son María Luisa e espero que estedes todos ben. Pásovos un enlace do conto "Ricitos de Oro". Atoparedes un vídeo do conto, actividades e materiais para traballar cos rapaces e rapazas.
Tamén vos paso outro enlace para facer instrumentos musicais caseiros.
Pasádeo ben. Moitos biquiños,
Mª Luisa
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »