Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

Samaín 2021

Esta semana celebramos no colexio o Samaín. Decoramos as portas das aulas e tivemos a exposición de cabazas no patio de columnas. Foi todo un éxito! case non cabían nos expositores... pero mellor botade unha ollada! se picades na foto iredes á Galería de Imaxes con case setenta fotos de meeeeeeedo! Lembrade que na galería multimedia pulsando sobre a miniatura da imaxe poderedes vela a tamaño medio, unha vez aí se picades de novo no tamaño medio a veredes a tamaño completo.

Grazas a todas as familias por participar.

Samaín 2021

 

Eliminación do reforzo de limpeza pola situación COVID-19.

Informamos da eliminación do reforzo de limpeza COVID dende o día 27/09/2021.

Titorial acceso Aula Virtual do centro.

Tedes á vosa disposición un pequeno titorial de acceso á Aula Virtual

no seguinte enlace: TITORIAL DE ACCESO AULA VIRTUAL

Saúdos.

FELICES VACACIÓNS!

O Centro permanecerá pechado dende o día 1 de xullo.

Para calquera dúbida ou aclaración deben dirixir un correo electrónico a: ceip.sal.lence@edu.xunta.gal

LISTA DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO E RECOLLIDA DE VALES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL DO CURSO 21/22.

A listaxe definitiva de Fondo Libros publicarase na aplicación Fondo Libros que poderá ser consultada con Chave365 ou con certificado dixital.

Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º EP repartiranse os primeiros días de clase.

Os cheques de axuda de libros de 1º e 2º EP e de material escolar de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º repartiranse na secretaría do centro os días 28 e 29 de xuño de 10:00h a 13:00h e tamén a partir do 1 de setembro no horario habitual de secretaría.

Os vales poderánse entregar na librería escollida ata finais de ano.

AVISO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE REMATOU 6º DE ED. PRIMARIA

As familias do alumnado que rematou 6º de Ed. Primaria  deberán pasar a recoller o Historial Académico o vindeiro día 28 de xuño, en horario de 10 a 11h. na Conserxería do centro.

Libros de Texto. Curso 2023-2024

 

PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE MATRÍCULA

  • Foi admitido todo o alumnado que solicitou praza en Educación Infantil.
  • Non foi admitido o alumnado que solicitou praza en Educación Primaria por non ter vacantes.
  • As listas definitivas publicaranse antes do 15 de maio.
  • A formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2021/2022

A partir do día 1 de marzo poderase recoller na Conserxería o Impreso da Solicitude de Admisión do Alumnado(arquivo adxunto) para o próximo Curso 2021- 2022.

O prazo de presentación de ditas Solicitudes abranguerá do día 1 ao 22 de marzo, ambos incluídos; na Secretaría, no horario de 9:10 h a 10:00h.

1-22 de marzo

- Presentación de solicitudes de admisión segundo o Anexo II (ED550B), acompañadas do DNI, copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a, convenio regulador ou resolución xudicial, se fose o caso (Arts.14º.1, 15º e 16º) e empadronamento ou documentación acreditativa de lugar de residencia.

- Cada solicitante presentará unha única solicitude, relacionando nela por orde de preferencia ata seis centros nos que solicita praza. (Artigo 14º.6). Na mesma solicitude indicará se desexa ou non utilizar o comedor(Disposic. Adic. 2ª)

- Esta solicitude entregarase no centro que se solicite en primeiro lugar de forma presencial ou a través da aplicación “admisionalumnado”  (Artigo 14º.5).

- Se os pais optan a unha praza para alumnado con NEE ou NEAE deberán manifestalo e achegarán a documentación pertinente. (Art. 37º.1 e 2)

A formalización da Matrícula será no mes de xuño, avisarase con antelación.

Distribuir contido