Skip to Content

Blogue de rosana

Apicultura. Facendo unha colmea

Continuando co aprendizaxe dos oficios, traballamos na apicultura facendo unha colmea, que é onde habitan as abellas e fan o mel e a cera:

E ata cada un poido facer as súas propias abelliñas:

Venres lúdicos en 4ºA

O alumnado de 4ºA participou en varios xogos de mesa, entre eles  Quien es quien?, pictureka, conecta 4 e preguntados. Pasárono moi ben!

 

 

 

 

 

 

Guitiriz

Os orixes de Guitiriz por 6ºB de Primaria:

 

 

En 1ºB as feiras e festas, do municipio de Guitiriz traballaron coa Feira de cantería, callos e
artesanía que se celebra en Parga. Vimos imaxes dos canteiros traballando na pedra e o
posterior concurso coa entrega de premios as mellores esculturas.

 

 

 

 

Coñecendo algúns ríos de España

Estes días puidemos desfrutar dun material de refugallo moi orixinal con:

- Unha caixa de zapatos

- Uns cables

- Dúas lámpadas.

- Unhas poucas "chinchetas".

- Unha lámina cos ríos de España.

 

Como resultado un xogo para aprender os ríos de España moi divertido, se acertas coa resposta correcta, encendese a lámpada:

contrato programa

 

Courel / Ancares

No noso centro continuamos aprendendo sobre a etnografía da provincia de Lugo polo cal, no mes de NOVEMBRO traballamos a fermosa zona do COUREL/ANCARES.

O alumnado indagou e fixeron o seguinte mural, exposto no corredor do centro:

Caurel ancares

 

Os alumnos/as de 5ºB traballaron en equipo a "Festa da Castaña":

Feura da castaña

Centrándose tamén noutras festas, como a "festa da cultura e a tradición", "Encontro de artesáns" e o "Filandón da música"...

Caurel ancares

Os nenos e nenas de 4ºA atoparon información sobre as ORIXES dos Ancares e o Courel:

 Os pequenos/as de 1ºA, aprenderon a lenda do home lobo dos Ancares:

Os ancares

E a LENDA DO APALPADOR do Courel:

O apalpador

E no mes de Decembro, tamén aproveitamos na festa do Nadal, a visita do Apalpador grazas a ANPA do colexio, na que os alumnos/as desfrutaron de contos, e tamén da explicación de como eran os xoguetes antigamente:

Apalpador

 

 

 

 

Celebrando a primavera con Gravitty

Para celebrar o comenzo da primavera, todo o centro preparou unha coreografía cos monitores de GRAVITTY, nas fotos seguintes podedes ver o ven que o pasamos:

 

E este foi o resultado final, todos xuntos bailando!

Gracias os rapaces de GRAVITTY!

No adxunto podedes ver a Infantil mentres bailan

 

VII Semana Escolar da Árbore e a Auga

O salgueiro é o protagonista na VII Semana Escolar da Árbore e a Auga organizada pola Deputación de Lugo este curso, e onte o 22 de marzo celebrómolo no centro plantando no noso xardin un salgueiro.

Visita do CLUB DEPORTIVO LUGO

No día de onte os xogadores do CLUB DEPORTIVO LUGO, compartiron connosco un tempo e visitaron todas as clases de Primaria:

Repartiron entradas a todos os rapaces, e o que máis ilusión fixo para os nenos foi a sinatura de autógrafos!

 

 

 

Moitas gracias pola visita CD Lugo!!!

 

 

 

Xogamos ao tenis

Esta semana achegámonos a coñece-lo o deporte do tenis todos os alumnos/as de Infantil e Primaria.

Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasaron!

Os alumnos de 4º e 1º:

 

 

 

Entroido - Abrimos as portas ao noso -

Neste curso, a temática para disfrazarse no centro era conxunta; tíñamos que vir disfrazados dos oficios ou profesións tradicionais de Galicia.

Planificouse que para cada día da semana trouxeran unha parte do mesmo:

Luns - algo nos pés

Martes - algo nos pés + algo no pescozo.

Mércores - algo nos pés + algo no pescozo + algo de medio corpo para arriba.

Xoves - algo nos pés + algo no pescozo + algo de medio corpo para arriba + algo nas pernas.

Venres - DISFRAZ COMPLETO.

 

Aproveitando que nas clases de Infantil traballamos os oficios, os rapaces disfrazaronse de:

En 4 º Infantil de APICULTORES:

 Os rapaces, coa colaboración dos pais/nais fixeron o seu disfraz:

 

Os de 5º de Infantil de COSTUREIRAS E XASTRES:

 

Os de 6º de infantil de Mariñeiros:

 

E xa en Primaria, tivemos diferentes disfraces:

O noso tratante de gando:

 Cociñeiros/as, policÍas...

 

 

 


 

Costureiras:

E tamén tivemos a visita das choriqueiras na clase de 6º Primaria:

 

Os alumnos/as de 2º disfrutaron dun tempo de pintar as súas máscaras de Entroido:

Finalmente, todo o centro, Infantil e Primaria, disfrutamos dun desfile:

 

E un tempo de baile:

 

CONTRATOS PROGRAMA

No noso centro CEIP PARADAI traballamos para lograr unha equidade e excelencia na educación, intentando desenvolver as capacidades de todo o alumnado conforme as súas posibilidades e circunstancias e, para iso, organizámonos planificando os recursos do centro e desenvolvendo as actuacións necesarias para lograr uns obxectivos concretos a o largo de este curso 2017/2018.

Para mellorar a calidade educativa, traballamos as competencias clave, especialmente:

  • A competencia matemática
  • A mellora da convivencia no centro
  • A prevención das desigualdades entre nenas e nenos.
  • Aprevención do abandono temperán e do absentismo escolar
  • e o logro da excelencia educativa.

Buscando como fin último, lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolvendo ao máximo posible as potencialidades dos rapaces.

A continuación pódese ver un video resumo como traballamos CONTRATOS PROGRAMA:

 

 

 

 

 

ENTROIDO: Refraneiro galego

Entre todos os cursos solicitouse a colaboración das familias para que nos enviasen na plantilla que se axuntaba un refrán ou dito propio da nosa cultura galega que faga referencia ao Entroido, co fin de elaborar un Refraneiro galego, e este é parte do resultado:

 

Chegou a neve ao colexio

 

 

Os alumnos/as de Primaria de 3º, 4º e 6º, puideron disfrutar uns

minutiños da chegada da neve.

 

dÍA DE NEVE

 

 

    

En Infantil saíron moi abrigadiñ@s pisar e tocar a neve que callara

pola noite,e ... sabesdes que? Presta moito xogar así!

A ULLOA

Comezamos o noso plan Proxecta "Abrimos as portas ao noso" no mes de NOVEMBRO centrándonos na comarca da Ulloa, situada na zona central de Lugo.

Os alumnos dos diferentes cursos de todo o colexio traballaron en equipo investigando sobre dita comarca.

O resultado resúmese no seguinte mural:

 

 

Os nenos de 5ºA traballaron Feira de Santos:

 

 

 

No referente ás orixes, os alumnos de 3ºA, chegaron á seguinte conclusión:

 

Orixes da Ulloa

 

No apartado de Lendas e refráns, os alumnos de 2ºB, atoparon o seguinte:

 

 

 

Oficios e Tradicións: APICULTURA

No referente ao Plan Proxecta "ABRIMOS AS PORTAS AO NOSO" serán os nenos de EDUCACIÓN INFANTIL os que traballarán os OFICIOS E TRADICIÓNS.

Comezamos co oficio da APICULTURA. 

Os cursos de 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 anos A e B), plasmaron nun mural o aprendido sobre o ciclo produtivo do mel: Dende a súa recolleita ata o envasado.

 

Pódese ver as dúas clases xuntas amosando o seu traballo:

 

Tamén estudaron as diferentes propiedades da árnica como herba medicinal e as súas aplicacións.

Todo o explicado quedou reflectido no seguinte traballo seguindo estes pasos:

- Primeiro imprimimos un debuxo da planta e lle poñemos cor.

- Practicamos a lectoescritura: 

 

- Despois recortamos o texto e o poñemos bonito sobre unhas cartolinas:

E  traballan en equipo:

- E por último rematamos a composición cos últimos toques

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut