Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Balonmán

Promoción de Balonmán

O pasado Venres 14 de setembro, estiveron con nós os monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles son xogadores de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles moito lles gusta. Moitas grazas.

 

Promoting  Handball

 

Last Friday, September 14th, the monitors of Tui Handball 
Club were with us. We played handball with them in the  new
sports hall and we had a great time. They are players of the
club's handball and they have encouraged us to try this sport
that they like a lot.
Thank you very much.

 

Proba de Campo a Través Zonal Benxamín 18-19.

Proba de Campo a Través  Zonal 

Benxamín 18-19.

Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)

Venres 16 Nov 2018

         O Vindeiro venres día 16 de Novembro, en horario de mañá, vai ter lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participará cos/as nenos/as de 2º e 3º, que  asistirán á proba en autobús e cos mestres do centro. Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chandal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e voltarán ao colexio para levar a cabo a proba.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 10:00h e voltará ao mesmo ás 12:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 10:30h e as 12:00h.

O alumnado de 2º sairá do colexio ás 11:00h e voltará ao mesmo ás 13:05 horas. A súa competición levarase a cabo entre as 11:30h e as 13:00h.

Todas as familias poderan asistir á proba para disfrutar da xornada.

Reciclaxe Saudable

Reciclaxe Saudable.

Este curso, con motivo do proxecto " Un estilo de vida saudable e feliz" decidimos tomar conciencia da importancia de reciclar e manter o patio o máis limpo posible.

Para isto, colocamos papeleiras nas zonas comúns para poder reciclar todos os desperdicios que xeramos nas aulas e formouse unha patrulla de reciclaxe que durante os recreos informa e recorda a todo o alumnado que manter o patio limpo é moi importante.

DEPORTE ESCOLAR. DINAMIZACIÓN INTERCENTROS CEIP Nº2-CEIP SOBRADA DE TOMIÑO

 

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño

Curso 17-18

Venres día 19 de xaneiro de 2018

 

O pasado venres día 19 de xaneiro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:00h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 5ºB, 4ºB. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos compartidos cos nenos/as de Sobrada, aos que lle temos que agradecer a súa visita.

 

   
   
     
     
     

 

 

3 Ouros para a tudense Susana Fontán no Campionato de España FAS. 24 de Febreiro 2018

 

3 Ouros para a tudense Susana Fontán no Campionato de España FAS.

 

24 de Febreiro 2018

 

A tudense Susana Fotán conseguiu 3 medallas de ouro no Campionato de España das Forzas Armadas, na competición de tiro. O campionato tivo lugar o pasado fin de semana do 24 de febrero de 2018 onde a tudense se proclamou campiona nas modalidades de aire comprimido, 3x4 (con récord de puntuación) e en tendido. Estas tres medallas fan que por sexta vez, Susana sexa campiona de España e farán posible que sexa a representante española no vindeiro Campionato do Mundo. Susana, que forma parte do exército español, foi galardonada como mellor deportista veterana na Gala do Deporte tudense no ano 2016. Noraboa!!

Podedes consultar a noticia no seguinte enlace.

 

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Nº1 de Tui Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Nº1 de Tui

Curso 17-18

xoves día 26 de abril de 2018

 O vindeiro xoves día 26 de abril de 2018,  terá lugar no pavillón vello de Tui a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Nº1. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 6ºC, 4ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

IV CAMPUS FÚTBOL C.D. CALDELAS

 

IV CAMPUS FÚTBOL  C.D. CALDELAS

Camiño de Santiago. Ponte das Febres

Deporte en Familia.

Camiño de Santiago Portugués. Ponte das Febres.

Carolina de 6ºB e a súa familia, disfrutaron no mes de outubro de 2018 de este entorno natural excepcional e propóñennos disfrutar de deporte familia no Camiño de Santiago Portugués, no tramo da Ponte das Febres. Esta é unha zona moi fermosa, chea de vexetación autóctona, ao lado do río que está moi perto de Tui e que é unha oportunidade única para disfrutar en familia.

Grazas á familia de Carolina por facilitarnos esta información.

A MILLA EUROPEA DE LÚA

 A MILLA EUROPEA DE LÚA.

O pasado 17 e 18 de Outubro, Lúa reuniu a tod@s @s nen@s do colexio e convidounos a participar na Milla Europea de Lúa. Propúxolles facer una milla diaria no novo circuito para a milla instalado no patio do colexio. O seu obxetivo sería tentar chegar a Figueira da Foz en Portugal, a Torrevieja en Alicante, a Dublín en Irlanda, a Armagh en Irlanda do Norte e a Varese en Italia. Cada clase que consiga chegar ás vilas dos colexios socios no proxecto Erasmus+ terán un agasallo, para iso terán que realizar a Milla todos os días no recreo para acadar millas.

Esta actividade inspirada nas “ Escuelas de la Milla” é unha actividade que emprega o  entorno escolar e familiar para mellorar a saúde física, emocional e social dos nenos e nenas, por medio da diversión e o compañerismo.

Ademáis de axudarlles a levar un estilo de vida saudable, A Milla de Lúa proporciona a nenos, pais e profesores, unha morea de ventaxas e beneficios.

A actividade consiste en ir facendo millas para ir chegando aos diferente coles  que forman parte do proxecto Erasmus, e cos que estamos a traballar para unha finalidade común, que é promover un estilo de vida saudable e feliz.

O percorrido da milla pode facerse de calquera xeito, andando, correndo, en bicicleta…

Por cada milla que se faga, no colexio, na casa… conseguimos un gomet e  pegámolo nun panel de rexistro que temos en cada clase. Ao final do mes faise un reconto, e imos achegándonos aos diferentes coles. A posición na que vai cada clase tamén está recollida nun gran panel para infantil e outro para primaria no que podemos ir facendo un seguimento para motivarnos.

Para chegar:

· De Tui a Figueira da Foz: 211km-121 millas.

· De  Tui a Torrevieja : 812km-504 millas.

·De Tui a Dublín: 1267km-787 millas.

·De Tui a Armagh: 1374km- 854 millas.

·De Tui a Varese: 1457km-905 millas.

Dende aquí animamos a tódalas familias a unirse a este reto.

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

O pasado, martes 30 de xaneiro tivo lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton,  da categoría alevín ( 5º e 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. Aquí vos deixamos alguns momentos do ben que xogaron os nenos e nenas do noso colexio. Recordade que en breve vos deixaremos aquí o listado de clasificados para a final de Tomiño que terá lugar o vindeiro mércores 21 de febrero de 2018.

 

 
 


by Dr. Radut