Skip to Content

Monthly archive

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny na élite do balonmán Feminino. Club Godoy Maceira Balonmán Porriño Temporada 18-19

 

As antigas alumnas do Ceip Nº2 de Tui Nuria e Gemma Martínez Fortuny

na élite do balonmán Feminino.

Club Godoy Maceira Balonmán Porriño

Temporada 18-19

As antiguas alumnas do Ceip Nº2 de Tui, Nuria e Gemma Martínez Fortuny, que comezaron a xogar a balonmán no C.B. Tui, xunto a porteira Begoña Otero de Caldelas, xogan na temporada actual 18-19, na máxima categoría do balonmán español, da man do Club Godoy Maceira Balonmán Porriño.

Na actualidade o Godoy Maceira Balonmán Porriño xoga na máxima liga española de Balonmán Feminina a División de Honra feminina. Neste, equipo xogan as 3 tudenses que cada fin de semana tratan de sumar o maior número de puntos posibles para o equipo.

Os vindeiros días 20,21 e 22 de Abril de 2018 o equipo viaxará a Málaga para disputar a copa da raíña. Desexamoslles o mellor a todo o equipo. Un orgullo que tres tudenses sigan cumplindo os seus soños no máis alto do balonmán español .

Aquí vos deixamos o enlace a varias entrevistas  que a prensa lles fixo a Gemma e Nuria para que vos animedes a xogar a balonmán e disfrutar de este deporte como levan facendo elas dende fai tantos anos. Noticia 1, noticia 2, noticia 3.

 

FOLLETOS DE AXUDA A NAIS E PAIS

Enlace ao Blog Familia y Cole, do orientador Jesús Jarque, para acceder á informacións uteis sobre diversos temas relacionados co coidado dos fillos.

 

Triatlón Tui-Porriño

Triatlón Tui-Porriño

Sábado 26 maio de 2018

 

Tui-Porriño.

 

O vindeiro sábado día 26 de Maio de 2018, terá lugar a proba de  Triatlón Tui-Porriño, a partires das 17:00h.

Dende o equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui que imos participar na proba de apoio como voluntarios, invitamos a aqueles alumnos/as de 6º de primaria que queiran axudar e colaborar na proba como voluntarios que cubran a seguinte notiña. Os que participen terán que estar na zona da Marina de 16:00h a 18:30h aproximadamente.

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

III Urban Trail Night Eurocidade Valença-Tui

As empresas QUALITÉ SPORT EVENTS S.L, e SRA. EMILIA AGENCIA DE COMUNICACIÓN Y PUBLICIDAD S.L, en colaboración coa  EUROCIDADE TUI-VALENÇA, organizan o vindeiro sábado 03 de Noviembre a III Edición da “URBAN TRAIL NIGHT – EUROCIDADE” 2 - SAIDA E CHEGADA. A saída darase o sábado 03 de noviembre ás 20:30 (hora española) dende a Avda. Miguel Dantas de Valença do Minho en Portugal e a chegada será no paseo da Corredera de Tui. Atoparedes máis información en:http://urbantrailnight.com/

Os alumnos de 6º do Ceip Nº2 de Tui xunto ao equipo de Deporte no 2, participarán como voluntarios no desenrolo da proba, unha sorte e unha satisfacción poder colaborar nesta proba. Os voluntarios do cole terán que estar ás 20:00h no centro Interfederado de Tui e rematarán sobre ás 22:00h cando remate a proba. Moitas grazas a todos por colaborar.

 

Deporte en Tui. Club Balonmán Tui

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 25 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Salceda B. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-Salceda B: 6-1/3-1/10-2/9-4

Moi bo partido, onde o equipo de Tui foi superior e gañou. Noraboa equipo.

 

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Os robots da nosa vida

 

ROBOTS DA NOSA VIDA

 

 Bos días, lectores da corredoira dixital.

 Os presentamos os robots da nosa vida. Estos son algúns dos robots educativos da

actualidade e sobre todo do escornabot que é o robot co que estamos traballando no

colexio.

 

  Estos son os robots dos que os falabamos:

 

 

 

MECCNOID meccaniod G15ks

 

O meccanoid ten unha altura de 1.22m inclúe 10 motores,distribuídos

por fora tamén dispón de sensores e de recoñecemento de voz.

 

 Finchbot

Creado especialmente para entornos educativos, é un robot

con forma animal. Foi deseñado para nenos a partires dos 5

anos.

 

 

 

 

 

 

OWI535

 

Owi é un brazo robot e podes mandarlle o que queiras. Pode levar obxectos de ata 100g. Funciona con pilas e ten cinco motores,que nos permiten mover as súas deferentes extremidades.

 

 

 

PRO-BOT

 

É un coche de carreiras ao que podemos ordenar cousas. É moi lixeiro, avanzado. Na parte superior tén un burato onde lle podemos poñer un bolígrafo,un lapis ou un rotulador.

 

 

 OZOBIT

  Con un formato reducido,pero con moito potencial, sobre todo desde o lado artístico . É un pequeno robot para o aprendizaxe. Ten rodas e motores que nos permiten programalo seu movemento. Todos eles, orientados a uso por alumnado a partir de 8 anos.

 

 

 

 

         M-BOT

 

 

 

 

 

É unha especie de coche,inclúe algúns sensores (segueliñas, de luz, térmicos, de ultrasóns...), motores para movelo e podemos amplialo con novas pezas, tipo meccano. A placa é arduino e pódese programar con makeblock, un software libre baseado en Scratch.

 

 

 

 QUE É UN ESCORNABOT?

 

O escornabot é un proxecto de código aberto cuxo obxectivo é o de acercar a robotica e a programación aos nenos e nenas. O Escornabot pódese programar a través de arduino cos botóns básicos pódese cos botóns para executar secuencias de movemento .A partir de que a imaxinación é o único limite nas posibilidade parece moito a un bee bot pero es moito mellor por varios motivos:

 

1.- O podes usar ti e os alumnos,fillos,primos,pequenos...Calquera pode axudar calquera pode axudar participando no proceso desde o principio. O pracer do teu propio escornabot fai que sexa unha experiencia,sobre todo se hai nenos participando.

 

2.-É un proxecto de hadware aberto (OSHW) e sofware  libre (Foss) no que se pode adaptar as súas características as túas necesidades: poñerlle sensores , leds,cambiar a apertura do ángulo de xiro, a distancia que avanza... Calquera cousa que se te ocorra.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                    Redacción: Lucas, Alejandro e Samuel.

 

DEPORTE ESCOLAR

DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Luns día 26 de Marzo de 2018

 O pasado luns día 26 de Marzo de 2018, tivo lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levou a cabo de 10:00h a 13:30h e os cursos participantes foron 5ºA,5ºB e 5ºC.

Esta actividade estivo organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organizou esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui.  Os centros educativos participantes foron Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaron a cabo foron 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o alumnado de 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca. 

Aquí vos deixamos algúns momentos de dita xornada, na que todos disfrutamos moito.

Queremos darlle as gracias, a todas as entidades que fixeron posible a realización de dita xornada e especialmente a Alfonso o presidente da Agrupación e Director do Colexio Pedro Caselles de Tomiño, que estivo con nós toda a mañá.

Pinchade aquí para ver a clasificación por colexios. Atoparedes máis información en Agrudebam.

   

PLANTACIÓN XOVES 19 ABRIL

PLANTACIÓN XOVES 19 ABRIL

O pasado xoves 19 de abril foi un día de moito tránsito na horta. Viñeron os nenos de 5 Anos A, 3º B, 3º C, 4º A e 4º B.

Os nenos de 5 anos A plantaron algunhas fresas, para o que contaron coa axuda da súa titora Noe.

 

Os nenos de 3º B plantaron uns marabillosos repolos xunto coa súa titora Mª Xosé e a profe Sara.


Os nenos de 3º C, xunto coa súa titora e o profe Luis, plantaton cebolas.

 

Finalmente, os nenos de 4º, xunto coas súas titoras Yessi e Melania, plantaron brócoli e acelgas.

Aloiada 18

Aloiada 18

O C.E.I.P. Nº2,  o C.E.I.P. Nº1,  o C.E.I.P de Pazos de Reis de Tui, de C.E.I.P. Rebordáns, C.E.I.P. Guillarei e C.P.R Sta Mª Maristas e este ano por primeira vez os C.E.P. de Caldelas e C.E.I.P. Randufe, en coordinación dos seus departamentos de Educación Física, o Concello de Tui e as dirección dos centros educativos, organizaron 2 xornadas de “Actividades na Natureza”, nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia.

Dita actividade estivo destinada os/as 200 alumnos/as de 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Tui.

En coordinación co Concello de Tui, cos responsables do ParqueNatural e coa colaboración da Federación Galega de Montañismo e cos responsables dos clubes deportivos colaboradores, as datas nas que tivo lugar dita actividade foron o xoves 14 e o venres 15 de Xuño de 2018.

As xornadas pretenden ter un carácter lúdico-cultural-deportivo á vez que achegan ao noso alumnado ao seu entorno natural máis próximo como é o Parque Natural do Monte Aloia. Para iso os nenos/as disfrutaron de dúas xornadas:

1ª Xornada: O día 14 de Xuño levouse a cabo unha Xornada de Iniciación a Escalada, Rappel, Orientación, Equitación e Primeiros Auxilios no Monte Galiñeiro. Coordinado coa Federación Galega de Montañismo.

2ª Xornada: O día 15 de Xuño  levouse a cabo unha Xornada de Sendeirismo onde descubrimos as distintas rutas e riquezas histórico-culturales e naturais do Parque Natural do Monte Aloia. E pola tarde remate cunha toma de contacto cos deportes de auga: Remo e Piragüísmo.

Dúas xornadas intensas de deportes de aventura onde todo o alumnado e profesorado de 6º disfrutamos do medio natural e da convivencia. Moitas gracias a todas as administracións, clubes, colexios, entidades públicas e privadas que fixeron posible que o noso alumnado poidera disfrutar un ano máis de esta bonita aventura. Grazas.

Pincha na foto para ver todas as fotos da actividade.

 

Seguimos o Deporte. Colpbol

Colpbol

Estes  días estivemos practicando en Educación Física un deporte novedoso para nós, o Colpbol creado polo mestre de Educación Física valenciano Juanjo Biendicho fai apenas 20 anos. Este deporte con moito parecido ao balonmán pero xogado como volei, fai posible que disfrutemos do golpeo metendo goles coma aos nenos nos gusta. Aquí  vos deixamos máis información sobre este interesante deporte. 

 



by Dr. Radut