Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Competición de Bádminton Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton 

Curso 17-18

 O Vindeiro martes día 30 de  Xaneiro terá lugar a 2ª Xornada da  competición escolar de Bádminton Alevín ( 5º e 6º), que terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O horario dos partidos será de 16:30h a 19:30h. O autobús sairá do colexio ás 16:00h e a volta será ás 19:30h. Os nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h.

NORABOA ! Campionato de España de Campo a Través

Campionato de España de Campo a Través

Mérida ( Extremadura)

11-Marzo-2018

Dúas tudenses (Leticia Fernández e Eva Cid) competiron no Campionato de España de Campo a Través coa selección Galega de Atletismo, logran en senior feminina a oitava plaza por equipos en Mérida. Unha pena que por lesión Uxía Bugarín e Iria Rodríguez non poideran disfrutar de este campionato. 

Aquí vos deixamos a noticia para que podades vela. 

Noraboa! 

VEN COMIGO

 

Deixámosvos neste enlace o

VÍDEO *VEN COMIGO*

BO NADAL!!

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui Subcampión da Liga 17/18

O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui

Subcampión da Liga 17/18

 

            O equipo Benxamín do Club Baloncesto Tui proclamouse o pasado domingo 13 de maio de 2018 subcampión de liga, no Cuvi en Vigo, quedando empatados a puntos co equipo campión, xa que non perderon ningún partido.

            O equipo formado por varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui Diego, Roque e Brais de 4ºB, fixeron una temporada estupenda, da que temos que sentirnos moi orgullosos polo seu traballo ben feito.

Na xornada de onte xogaron tres partidos simultaneos, despois dos cales, a Federación procedeu a entrega de medallas.

            Dende o equipo do Ceip Nº2 de Tui queremos, trasladar ao equipo a nosa felicitación e Noraboa, aos xogadores, ao adestrador Javi Niño e a directiva e familia do Baloncesto Tui, polo gran traballo realizado.

            Información facilitada pola familia de Diego de 4ºB, xogador do equipo. Moitas gracias por compartir con nós esta gran noticia.

 

Consello Escolar curso 2019/20

 

Adxúntase documentación relacionada coa renovación parcial do Consello Escolar 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deporte en Tui .CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 17 de Novembro de 2018, os nosos deportistas xogaron, unha nova  xornada contra o equipo de Chapela A. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Chapela A-C.B.Tui: 3-3/0-3/3-1/4-3

Moi bo partido, ainda que o equipo de Chapela A foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño de 5ºA. Grazas

Campo a Través Provincial de clubes e colexios 17-18.

Campo a Través Provincial de 

clubes e colexios 17-18.

Circuito a Azucareira Concello de Portas

 Sábado 3 de febreiro 18

O Vindeiro sábado 3 de febrero, vai ter lugar a proba de Campo a Través Provincial de clubes e colexios da presente campaña Deportiva, no Circuito da Azucareira no Concello de Portas. Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 2º a 6º que se clasificaron na proba de Campo a Través zonal de Soutelo. A saída será ás 9:00h do Ceip Nº2 de Tui e o regreso ás 14:15h. Todos os participantes deberán traer equipación do cole, chándal do mesmo se tiveran e roupa de cambio se chovera. De asistir á proba coa súa familia a proba dará comezo ás 11:30 para a categoría Alevín Masculino, polo que sería importante estar alí 30 minutos antes. Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 650602161.

XII Interruning Porriño.

XII Interruning Porriño.

O pasado 18 de Marzo de 2018, tivo lugar a XII Interruning Porriño, na que participou Nico de 4ºA, como membro do Club Atletismo Porriño. Nico foi un dos gañadores na proba de Alevín Masculino, como podedes ver nas fotos que quixo compartir cos nenos e nenas da sua clase. Noraboa a Nico e a todos os participantes de esta proba, na que estaban inscritos 2454 atletas.

PRIMEIRO DÍA DE PLANTACIÓN

PRIMEIRO DÍA DE PLANTACIÓN

O pasado mércores 18 de abril o alumnado de 2º e de 4 Anos de Infantil inauguraron a plantación da horta.

Os nenos de 2º plantaron leitugas e berzas coa axuda da profe Bea.

Os nenos de 4 Anos plantaron leitugas e tamén cenorias.

A partir de agora teremos que esperar para ver como vai crecendo todo!

RUTA DA PINTURA EN PATINETE

 

 

RUTA DA PINTURA EN PATINETE

Os nenos e nenas de 2º fixeron unha ruta en patinete dende o cole ata a praia fluvial de Guillarei coa finalidade de divertirse, facer deporte e elaborar un cadro coa axuda de dous profesionais da pintura.

Fixeron dúas paradas no camiño, na primeira estiveron con Suso Valiente, importante pintor tudense que lles ensinou algunhas claves e trucos para mellorar os seus debuxos.

A segunda parada fixérona  na Ponte Romana, alí esperábaos Bea, unha estudante de belas artes que lles explicou paso a paso como pintar a ponte a carboncillo, entro moitas outras cousas. Logo acompañounos á praia para merendar.

Finalmente, ao rematar de menrendar, Bea deulle unha idea para decorar o cadro,coller area da praia e pegarlla, quedaron moi clulos.

Dende aquí queremos agradecerlle a Suso e a Bea que compartisen con nós os seus coñecementos. Moitas gracias.

 



by Dr. Radut