Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Xornada de xogos Populares Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas- Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2 Curso 17-18 Martes día 8 de Maio de 2018

 DEPORTE ESCOLAR.

 Xornada de xogos Populares

 Ceip Nº2-Ceip Sobrada-Ceip Caldelas-

 Ceip Guillarei- Ceip Pazos- Ceip Nº2

  Martes  día 8 de Maio de 2018

            O pasado martes, día 8 de Maio de 2018  tivo lugar no patio do Ceip Nº2 de Tui a Xornada de Xogos Populares cos ceips Nº2, Nº1, Sobrada, Caldelas, Guillarei- Pazos. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 12:00h, os cursos participantes foron 6ºA, 6ºB, 6ºC. Aquí vos deixamos as fotos do ben que o pasamos. 

      Agradecer a axuda dos profes dos outros colexios participantes, así como a presencia e axuda do Presidente da Federación Galega de Bolos, de Blanca e os seus compañeiros do club de Bolos Celtas Estviada de Baiona. Grazas a todos pola vosa axuda.

 

 

V Andaina Arume de Malvas

V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia.

Sábado 27 de Outubro de 2018

O Vindeiro sábado 27 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia. Será gratuita para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar.Haberá xogos populares, merenda de abondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787

 

Jorge Prado Campeón do Mundo de Motocross

Jorge Prado Campeón do Mundo de Motocross.

Jorge Prado o actual Campeón do Mundo de motocross, é de Lugo ecomezou a montar en moto con 3 anos e a competir con 6 anos. As motos son a súa vida e a súa gran paixón. Jorge convertiuse no ano 2011 en Campión do Mundo en MX2.

Jorge é o ídolo de Brais De Lino de 5ºC, un alumno do noso colexio que disfruta moito coa súa moto participando en diversas competicións.

 

Información facilitada por Brais de Lino de 5ºC.

Finais de Volei

Finais de Volei

Pavillón Randufe

19-12-18

O pasado día 19 de decembro, tivo lugar a última  xornada de Volei de esta campaña escolar. Do noso colexio participaron 3 equipos de categoría Benxamín Mixto e 3 equipos de categoría Alevín Mixto. Aquí vos deixamos as clasificacións e algunas fotos da xornada.Noraboa aos gañadores e campións.

Podedes atopar máis fotos e videos en Agrudebam: https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/volei/

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

 

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

 

 

Hoxe martes 6 de febreiro terá lugar a 2ª Xornada da  competición escolar de Badminton, a da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

CURSO 2016-2017

CIRCULAR 1 (13-09-16)                       CIRCULAR 6 (01-02-17)
CIRCULAR 2 (21-10-16)                       CIRCULAR 7 (10-02-17)
CIRCULAR 3 (28-10-16)                       CIRCULAR 8 (03-05-17)
CIRCULAR 4 (24-11-16)                       CIRCULAR 9 (11-05-17)
CIRCULAR 5 (19-01-17)                       CIRCULAR 10 (23-05-17)

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

O pasado venres 13 de Abril veu ao cole o señor Alfonso coa súa fresadora para arranxar e preparar todo o terreo no que imos situar a horta.

Despois, a profe Bea e a profe Sara colocaron os carreiros para separar as diferentes zonas e xa vedes que bonitiño quedou o espazo.

Prepadados... listos... ISTO COMEZA!

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

Esta fin de semana disputouse a final do campeonato galego de trainerillas en Meira.  Alzouse coa victoria o equipo San Bartolomeu de Vigo. A nosa  noraboa!! 

 

 

IX Milla Porriñesa

IX Milla Porriñesa

“Festas do Cristo” 2018

28 Setembro de 2018

O pasado día 28 de  Setembro de 2018, ás 18:00h, tivo lugar a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro de O Porriño. Nesta proba participaron Elena de 5ºA, Nico de 5ºB e Humberto de 1ºA. Os tres son atletas do Clube Atletismo Porriño e participaron co mesmo nesta xornada deportiva. Noraboa aos tres polo voso gran traballo e esforzo.

 
  

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 12 de ecembro,  ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar



by Dr. Radut