Skip to Content

Monthly archive

Jorge Prado Campeón do Mundo de Motocross

Jorge Prado Campeón do Mundo de Motocross.

Jorge Prado o actual Campeón do Mundo de motocross, é de Lugo ecomezou a montar en moto con 3 anos e a competir con 6 anos. As motos son a súa vida e a súa gran paixón. Jorge convertiuse no ano 2011 en Campión do Mundo en MX2.

Jorge é o ídolo de Brais De Lino de 5ºC, un alumno do noso colexio que disfruta moito coa súa moto participando en diversas competicións.

 

Información facilitada por Brais de Lino de 5ºC.

Finais de Volei

Finais de Volei

Pavillón Randufe

19-12-18

O pasado día 19 de decembro, tivo lugar a última  xornada de Volei de esta campaña escolar. Do noso colexio participaron 3 equipos de categoría Benxamín Mixto e 3 equipos de categoría Alevín Mixto. Aquí vos deixamos as clasificacións e algunas fotos da xornada.Noraboa aos gañadores e campións.

Podedes atopar máis fotos e videos en Agrudebam: https://www.agrudebam.es/horario-extraescolar/volei/

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

 

 

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 17-18

 

 

Hoxe martes 6 de febreiro terá lugar a 2ª Xornada da  competición escolar de Badminton, a da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

 

 

CURSO 2016-2017

CIRCULAR 1 (13-09-16)                       CIRCULAR 6 (01-02-17)
CIRCULAR 2 (21-10-16)                       CIRCULAR 7 (10-02-17)
CIRCULAR 3 (28-10-16)                       CIRCULAR 8 (03-05-17)
CIRCULAR 4 (24-11-16)                       CIRCULAR 9 (11-05-17)
CIRCULAR 5 (19-01-17)                       CIRCULAR 10 (23-05-17)

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

COMEZAMOS A PREPARAR A TERRA

O pasado venres 13 de Abril veu ao cole o señor Alfonso coa súa fresadora para arranxar e preparar todo o terreo no que imos situar a horta.

Despois, a profe Bea e a profe Sara colocaron os carreiros para separar as diferentes zonas e xa vedes que bonitiño quedou o espazo.

Prepadados... listos... ISTO COMEZA!

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

 

CAMPEONATO GALEGO DE TRAINERILLAS

Esta fin de semana disputouse a final do campeonato galego de trainerillas en Meira.  Alzouse coa victoria o equipo San Bartolomeu de Vigo. A nosa  noraboa!! 

 

 

IX Milla Porriñesa

IX Milla Porriñesa

“Festas do Cristo” 2018

28 Setembro de 2018

O pasado día 28 de  Setembro de 2018, ás 18:00h, tivo lugar a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro de O Porriño. Nesta proba participaron Elena de 5ºA, Nico de 5ºB e Humberto de 1ºA. Os tres son atletas do Clube Atletismo Porriño e participaron co mesmo nesta xornada deportiva. Noraboa aos tres polo voso gran traballo e esforzo.

 
  

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

DEPORTE ESCOLAR.

APRÁZASE A XORNADA DE VOLEI

Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 12 de ecembro,  ía ter lugar a 2º e última xornada da competición escolar de volei. Esta xornada APRAZASE para o vindeiro Mércores día 19 de decembro, sentimos as molestias que isto lles poida causar. O horario será de 17:00h-19:00h. O autobús sairá ás 16:15h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:30h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:30h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

A nosa catedral

 

CATEDRAL DE TUY

 

HISTORIA

A catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado en Tui ao lado do río Miño.Esta catedral é o expoñente máximo de Tui.Empezouse a construír no ano 1120 e acabouse no 1180,en estilo románico,pero en 1125 acabouse a fachada principal co estilo gótico Egea.Máis tarde,en 1931 foi declarada bén de Interese Cultural.

 

                                                                 

LENDAS

 A ORIXE DOS TIRANTES

 Na catedral de Santa María de Tui tivéronse que poñer tirantes, (según a lenda) debido a uns problemas de construcción xa que ao inicio íase a construir de forma románica e ao final construiuse de forma gótica.

 Segundo as persoas de Tui, os problemas da catedral veñen polo terremoto de Lisboa de 1755 que afectou a toda a costa da península ibérica(España e Prtugal).

 A lenda continúa dicindo que primeiro, por petición duns expertos, colocáronse uns poucos, pero despois de outros problemas estes mismos expertos declararon a catedral de Tui en ruinas.

 A lenda remata dicindo que o pobo non aceptou esta situación e co seu bo oficio puxeron os demáis.

 
O TÚNEL

 Hai unha lenda que di que existe un túnel, que vai dende o claustro da catedral ata a veciña Portugal.

 Esta lenda ten dúas versións:

 A primeira di que o túnel chega ata a orilla do río Miño, para que dende alí poidérase coller un barco co que ir a un lugar seguro.

 A segunda versión, di que o túnel atravesaría baixo o río Miño e remataria en Portugal, na Abadía de Ganfei, ao lado de Valenca.

 Redactores:Lucía,Víctor,Marta e Jorge.

 

 

 

 

 

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

Este vindeiro fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Patinaxe Artística, modalidade de grupos show, no que o clube tudense C.P.A. Ribex proclamouse por primeira vez campión autonómico co seu espectacular programa "Mal augurio".

Dende o CEIP Nº 2 queremos dar os nosos parabéns a tódolos integrantes do grupo e aos seus adestradores pola vitoria.

 

 

   


by Dr. Radut