Skip to Content

Monthly archive

Seguimos o Deporte. Tiro

Seguimos o Deporte. Tiro.

O alumno Angel José, quere compartir con nós a súa gran afección polos deportes de Tiro. Esta paixón chégalle da mán do seu pai. O  pasado 29 de setembro Angel José participou no campionato de tiro con Carabina e de Aire comprimido onde gañou dúas medaias de Ouro, proclamándose campión na súa categoría. Noraboa A.J.

Deporte en Familia

Deporte en Familia.

Un día en bici con Iker de 5ºB.

Iker de 5ºB quere compartir con nós, un paseo en bici co seu papá, o fin de semana do 28 de outubro de 2018. Xuntos pasaron un día de deporte en familia, no que Iker disfrutou moito. Animádevos todos os alumnos de 5º a disfrutar de moitos días de bici para prepararvos para o Tui en Ruta, que vos espera ao final de este curso.

 

 Gracias á familia de Iker por compartir con nós estes grandes momentos de deporte en familia.

V Torneo Eurocidade de Tenis do Club Tenis Tui

V torneo eurocidade de tenis do Club Tenis Tui

O  pasado sábado 29 de setembro de 2018, tivo lugar a final do V Torneo Eurocidade de Tenis do Club Tenis Tui en Areas. Sergio de  6ºB un gran xogador de Tenis e xogador do Club Tenis Tui cóntanos que: "non xoguei na final, porque perdín antes. Pero cando quedou unha pista libre xogei un rei de pista de dous contra varios nenos.Paseino xenial!". Moitas grazasSegio por compartir con nós o teu gusto polo tenis e animar aos nen@s do colexio a que se animen a probalo.

IX Milla Porriñesa

IX Milla Porriñesa

“Festas do Cristo” 2018

28 Setembro de 2018

O pasado día 28 de  Setembro de 2018, ás 18:00h, tivo lugar a IX Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro de O Porriño. Nesta proba participaron Elena de 5ºA, Nico de 5ºB e Humberto de 1ºA. Os tres son atletas do Clube Atletismo Porriño e participaron co mesmo nesta xornada deportiva. Noraboa aos tres polo voso gran traballo e esforzo.

 
  

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 23 de outubro os nosos deportistas xogaron, a primeira xornada contra o equipo de Bueu. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Bueu-C.B.Tui: 3-6/2-6/5-5/3-5

Moi bo partido, no que o equipo tudense xogou moi ben e ademáis gañou. Noraboa.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 28 de outubro de 2018, os nosos deportistas xogaron, a segunda xornada contra o equipo da S.A.R. de Redondela. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: C.B.Tui-S.A.R: 3-4/2-2/3-4/4-3

Moi bo partido, ainda que o equipo de Redondela foi superior e gañou. Non pasa nada o importante e xogar e facelo o mellor posible.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Seguimos o Deporte. Colpbol

Colpbol

Estes  días estivemos practicando en Educación Física un deporte novedoso para nós, o Colpbol creado polo mestre de Educación Física valenciano Juanjo Biendicho fai apenas 20 anos. Este deporte con moito parecido ao balonmán pero xogado como volei, fai posible que disfrutemos do golpeo metendo goles coma aos nenos nos gusta. Aquí  vos deixamos máis información sobre este interesante deporte. 

 

Promoción de Padel

 Promoción de Padel

O pasado martes 18 de setembro de 2018, tivemos a Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

 

Promoting  Padel

 

Last Tuesday, September 18th , we were with Samuel from Club Padel 8, which is based in the sports facilities of Guillarei. We learnt a lot about paddle with them and enjoy playing with their equipment. We were also invited to visit the facilities of Padel in Guillarei and enjoy a free session. Thank you very much.

 

 

 

Promoción de Natación

Promoción de Natación.

O pasado Mércores 19 de setembro de 2018, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.

 

Promoting  Swimming

 

Last Wednesday ,19th of September 2018, Juanjo España visited us. Juanjo is a swimming monitor in the pools of Valença and Monçao. He explained in detail how important it is to learn how to swim, it is as important as walking and running, especially when we have the Miño River so close. Thanks you for telling us such interesting things.

Promoción Kayak Polo

Promoción Kayak Polo

O pasado mércores 19 de setembro tivo lugar a promoción de Kayak Polo no noso centro, para o alumnado de 5º e 6º. Contamos coa colaboración de Marcos do Club Piragüismo Penedo, el ensinounos verdadeiras aventuras do Kayak Polo e todas as súas posibilidades para practicalo. Moitas gracias Marcos.

 

Promoting  Kayak Polo

 

Last Wednesday, the 19th of September, the promotion of Kayak Polo took place in our center, for the students of 5th and 6th. We have the collaboration of Marcos from Club Piragüismo Penedo. He taught us real adventures of Kayak Polo and all its possibilities. Thank you very much Marcos.



by Dr. Radut