Skip to Content

Monthly archive

Xornadas de Promoción e Campionato de Loita Curso 17-18

 Campionato Escolar de Loita

 Curso 17-18

Mércores 28de Marzo de 2018

O pasado mércores, día 28 de Marzo de 2018 tivo lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui a xornada de loita para os cursos participantes de 4ºA e 4ºB.

 Esta actividade estivo organizada pola a Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, e o Concello de Tui. A proba tivo lugar nas instalacións do Pavillón Vello de Tui e  os centros educativos participantes foron o Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, Ceip Nº2 de Tui e Ceip Nº1 de Tui, cun número aproximado de participantes de 125 neno/as. As probas que se levaron a cabo, foron xogos de iniciación aos deportes de Agarre, dinámicas divertidas onde todo o alumnado tomou contacto e experimentou os deportes de Loita. Esta experiencia levouse a cabo  este ano por primeira vez, para o 4º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto cos deportes de agarre, Loita e defensa persoal.

              Queremos agradecer a súa colaboración a todas as entidades que fixeron posible dita xornada e en especial a Diego o Técnico deportivo do Concello de Tui e aos Mestres e mestras de Tomiño que nos viñeron a axudar en dita xornada: Alfonso, Rosa e Lucía. Moitas, moitas gracias!!.

Pinchade para ver a clasificación por colexios en Agrudebam.

O día de Rosalía

Primeiro pase:

 

O día de Rosalía comeza por 3,4,5 anos cantaron Rosalía pequeniña unha canción moi bonita.

 

A continuación a actuación de primeiro A, recitou o poema campanas de bastobales.

 

A seguinte actuación, primeiro B cantaron Somos o vento.

 

A última actuación do primeiro pase, foi segundo de primaria co poema o gaiteiro repoludo.

 

 

 

Segundo pase:

 

O segundo pase comezou terceiro A recitando pasa rio pasa rio.

 

A continuación terceiro B co poema un repoludo gaiteiro.

 

O seguinte é terceiro C co poema airiños airiños aires en forma de rap – canción.

 

Cuarto A recitaron o poema como chove muidiño.

 

Cuarto B recitaron adeus ríos adues fontes o mayor poema de Rosalía.

 

 

 

Terceiro pase:

 

A primeira actuación do terceiro pase foi quinto A, cantando como chove amiudo.

 

O seguinte foi quinto B rapeando un repoludo gaiteiro con 20 compoñentes.

 

A continuación quinto C cantaron un rap de adeus ríos adeus fontescon 20 compoñentes.

 

Despois actuou sexto A cun rap.

 

A contuación sexto B cunha actuación variada do poema cara habana.

 

Sexto C recitou un rap moi bonito.

 

 

 

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar

Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar.

O C.E.I.P. Nº2 de Tui en coordinación co equipo de Deporte no 2 co Concello de Tui, organizou para o alumnado de 3º e 4º, o día 18 de Xuño, nas inmediacións de Tui,  cunha duración de una xornada lectiva a 1ª experiencia “Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar ”. Esta proposta en formato de Gynkana con probas saudables do Camiño tratou de achegar ao noso alumnado ás actividades no Medio Natural Próximo: Centro de Tui e Camiño de Santiago. Unha experiencia moi positiva que trataremos de repetir en cursos vindeiros e que nos permiten iniciar ao alumnado de 3º nas actividades no Medio Natural. Moitas grazas a todo o apoio recibido para levar a cabo esta actividade.

 

 

Promoción de Padel

 Promoción de Padel

O pasado martes 18 de setembro de 2018, tivemos a Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

 

Promoting  Padel

 

Last Tuesday, September 18th , we were with Samuel from Club Padel 8, which is based in the sports facilities of Guillarei. We learnt a lot about paddle with them and enjoy playing with their equipment. We were also invited to visit the facilities of Padel in Guillarei and enjoy a free session. Thank you very much.

 

 

 

Torneo de Nadal de Bádminton

III Torneo de Nadal de Bádminton.

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.

Circuito Galego de Bádminton

Circuito Galego de Bádminton

Club Bádminton Tui

21 de Xaneiro de 2018

Pav. Ies San Paio

O vindeiro domingo, 21 de xaneiro de 2018 vai ter lugar no Pavillón do Ies San Paio, unha proba do Cirucito Galego de Bádminton, onde ser van dar cita os mellores xogadores galegos de Bádminton. Esta proba ademáis é puntuable para o ranking nacional.

A proba dará comezo ás 10:00h e prolongarase ao longo de todo o día, nela participarán numerosos alumn@s do Ceip Nº2 de Tui. Animamos a tod@s alumn@s do colexio e as súas familias a disfrutar dunha proba tan importante en Tui. A nosa Noraboa ao Club Bádminton Tui polo seu gran traballo.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 O pasado martes día 20 de febreiro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:00h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 6º B e 4ºA. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos compartidos cos nenos/as de Goián, aos que lle temos que agradecer a súa visita.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 25 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: SAR- C.B.Tui: 8-6/9-7/8-7/6-9.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

Hábitos de vida saudables.

Hábitos de vida saudables.

Na etapa escolar @s nen@s debemos adquirir hábitos de vida saudable, para medrar sans.

Temos que ter enconta:

Facer exercicio a diario

Ter unha hixene adecuada

Descansar correctamente

Non adquirir hábitos nocivos

Facer unha alimentación sana

Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado venres, 14 de setembro de 2018, estivemos no pavillón vello de Tui cos monitores de Baloncesto do Club Baloncesto Tui. Con eles lanzamos a canasta e fixemos xogos moi divertidos. Tamén nos convidaron a disfrutar do baloncesto ao igual que o fan eles. Moitas grazas.

 

 Promoting  Basketball

 

Last Friday, September 14th ,2018, we were at the old sports hall of Tui with the basketball monitors of the Tui Basketball Club. we threw balls to basket and played fun games with them. They also invited us to enjoy basketball as they do. Thank you very much.



by Dr. Radut