OS XOGOS POPULARES
Mércores 24 e xoves 25 de outubro
O pasados xoves 25 e mércores 24 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos.
O mércores foron os nenos de Ed. Infantil os que disfrutaron de xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria.
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/13.1%20Children%20of%20kindergarten%20play%20Tradicional%20games.jpg)
O xoves foron os alumnos de Ed. Primaria os que disfrutaron destes xogos: zancos, carreira de carretillos, a chave, a rá, a petanca, a billarda, bolos celtas, a goma, os trompos, etc…
![](/centros/ceipnumero2tui/system/files/u32/xp.jpg)
Rematamos a xornada coa tradicional baixada de carrilanas. Este ano contamos con 30 carrilanas, elaboradas con moito entusiasmo polos nenos e as súas familias, verdadeiras obras de arte. Moitas gracias por facer posible que os nenos de agora disfruten cos xoguetes de antes.