Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Padel

 Promoción de Padel

O pasado martes 18 de setembro de 2018, tivemos a Samuel do Club Padel 8 que ten a súa sede nas instalacións deportivas de Guillarei. Con eles coñecemos o padel e disfrutamos xogando coas súas raquetas e pelota. Tamén nos convidaron a visitar as instalacións de Padel de Guillarei e disfrutar de unha sesión gratuita. Moitas, moitas grazas.

 

Promoting  Padel

 

Last Tuesday, September 18th , we were with Samuel from Club Padel 8, which is based in the sports facilities of Guillarei. We learnt a lot about paddle with them and enjoy playing with their equipment. We were also invited to visit the facilities of Padel in Guillarei and enjoy a free session. Thank you very much.

 

 

 

Torneo de Nadal de Bádminton

III Torneo de Nadal de Bádminton.

O vindeiro venres 21 de decembro de 2018, terá lugar no Pavillón do Ies San Paio de Tui, en horario de 16:00h-21:00h, o III Torneo de Nadal de Bádminton, organizado polo Club Bádminton Tui en colaboración co Excmo Concello de Tui. Animádevos a participar.

Circuito Galego de Bádminton

Circuito Galego de Bádminton

Club Bádminton Tui

21 de Xaneiro de 2018

Pav. Ies San Paio

O vindeiro domingo, 21 de xaneiro de 2018 vai ter lugar no Pavillón do Ies San Paio, unha proba do Cirucito Galego de Bádminton, onde ser van dar cita os mellores xogadores galegos de Bádminton. Esta proba ademáis é puntuable para o ranking nacional.

A proba dará comezo ás 10:00h e prolongarase ao longo de todo o día, nela participarán numerosos alumn@s do Ceip Nº2 de Tui. Animamos a tod@s alumn@s do colexio e as súas familias a disfrutar dunha proba tan importante en Tui. A nosa Noraboa ao Club Bádminton Tui polo seu gran traballo.

Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez Goián

 O pasado martes día 20 de febreiro de 2018 tivo lugar no pavillón vello de Tui, a Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2-Ceip Pintor Antonio Fdez de Goián. A xornada levouse a cabo de 9:15 a 13:00h aproximadamente, no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes foron 6ºA, 6º B e 4ºA. Aquí vos deixamos algunhas fotos dos bos momentos compartidos cos nenos/as de Goián, aos que lle temos que agradecer a súa visita.

 

 

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 25 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A SAR de Redondela , na fase final clasificatoria da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: SAR- C.B.Tui: 8-6/9-7/8-7/6-9.

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

Hábitos de vida saudables.

Hábitos de vida saudables.

Na etapa escolar @s nen@s debemos adquirir hábitos de vida saudable, para medrar sans.

Temos que ter enconta:

Facer exercicio a diario

Ter unha hixene adecuada

Descansar correctamente

Non adquirir hábitos nocivos

Facer unha alimentación sana

Promoción de Baloncesto

Promoción de Baloncesto

O pasado venres, 14 de setembro de 2018, estivemos no pavillón vello de Tui cos monitores de Baloncesto do Club Baloncesto Tui. Con eles lanzamos a canasta e fixemos xogos moi divertidos. Tamén nos convidaron a disfrutar do baloncesto ao igual que o fan eles. Moitas grazas.

 

 Promoting  Basketball

 

Last Friday, September 14th ,2018, we were at the old sports hall of Tui with the basketball monitors of the Tui Basketball Club. we threw balls to basket and played fun games with them. They also invited us to enjoy basketball as they do. Thank you very much.

EQUIPO ECOLÓXICO

EQUIPO ECOLÓXICO 

Este curso 2018-19 temos una novidade no cole. Para axudar nas labores relacionadas ca horta e nun novo proxecto do que xa falaremos e que ten que ver coa reciclaxe, constituise o "Equipo Ecolóxico".

Este equipo está composto por 20 alumnos e alumnas de 6º que, de xeito voluntario, están dispostos a axudar e colaborar.

Polo tanto, dende o Equipo Ecolóxico e dende todo o Equipo Voz Natura dámosvos a benvida a este novo curso escolar!

   
   

 

 

A Horta de Lúa

A Horta de Lúa.

Para ter un estilo de vida saudable e feliz, creemos que é moi importante coidar dos alimentos que comemos. Para iso, tal como fixemos en cursos anteriores con Lúa, prantamos na súa horta, puxemos un invernadoiro e as nosas prantiñas están a medrar para que pronto as poidamos probar.

   

CAMPO A TRAVÉS PROVINCIAL 17-18

 

Campo a Través Provincial 17-18.

 

Circuito da Azucareira Concello de Portas

 

Martes 23 de Xaneiro 18

 

O pasado martes día 23 de Xaneiro tivo lugar a proba de Campo a Través Provincial da presente campaña Deportiva, no Circuito da Azucareira no Concello de Portas. Este ano por primeira vez tivo lugar en horario lectivo, soamentes para centros educativos. Nela participaron do noso colexio equipo Benxamín Feminino, o equipo Benxamín Masculino e como Individual Iago Gallego.

 

Foi unha xornada estupenda coa participación de moitos colexios da provincia e donde Unai de 3ºA foi 4º en categoría Benxamín Masculino e Iago de 5ºB foi 3º en Categoría Alevín Masculino. Noraboa a todos os participantes.

 

Iago acadou a súa clasificación para o proba de Campo a Través que terá lugar o sábado 3 de febreiro no mesmo circuito de Portas para clubes da provincia e os colexios clasificados nesta proba.

 

Aquí vos deixamos a clasificación de todos os corredores na proba.

 

Aquí vos deixamos os listado de nenos e equipos clasificados para o provincial de clubes e colexios.

 

Tamén vos deixamos algunhas imaxes do moito que disfrutamos neste campionato.

 

 

 

 



by Dr. Radut