Skip to Content

Monthly archive

DEPORTE ESCOLAR. Bádminton Curso 17-18

 

         DEPORTE ESCOLAR.

      Bádminton Curso 17-18

Hoxe martes 6 de febreiro terá lugar a 2ª Xornada da competición escolar de Badminton, a da categoría Benxamín e Infantil (3º,4º e repetidores de 6º) no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:15h. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Randufe directamente, teredes que estar alí ás 16:30h. Se lles xurde  algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Andaina de San Telmo 18

Andaina de San Telmo 2018

Sábado 7 Abril 2018

Palco da Corredoira de Tui

Este sábado 7 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, dende o Palco da Música, no Paseo da Corredoira de Tui, sairá a Andaina de San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, organizado polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença.

Esta andaina terá unha percorrido de 8 Km, de dificultade baixa cunha duración aproximada de dúas horas e media.

As inscricións están abertas, a través da páxina web do Club Andatui Rego da Pedra, en http://www.andatui.es/andainas-saudables-eurocidade/.

Nesta edición, a andaina será gratuíta ao entrar dentro da Campaña do mes da prevención de malos tratos na infancia, promovido pola CPCJ de Valença e o Concello de Tui, onde o obxectivo primordial desta campaña e concienciar á comunidade da importancia da prevención dos malos tratos na infancia e para a valorización dos nenos en canto suxeitos de pleno dereito. Por isto, se pide que os participantes acudan cunha prenda de cor azul.

Poden atopar máis información en Infomiño.

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 2 de Maio de 2018

O vindeiro,  Mércores día 2 de Maio,  vai ter lugar a  Xornada Final  da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. O autobús sairá do Ceip Nº2 de Tui ás 16:00h e a volta será a carón das 20:00h, pasará polas paradas de Rafi, Rotonda e Areas. Todos os participantes clasificados terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os nenos que vaian a Sobrada directamente terán que estar alí ás 16:15h. Se xurdira algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.

Aquí en Agrudebam atoparedes as follas de clasificados para a final.

GUÍA DE APOIO AO ESTUDO

     Publicación da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados).

          Esta guía recolle pautas, consellos e testemuños que nos axudarán a comprender mellor ás persoas con TDAH.

 

Balonmán

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Alevín do clube Balonmán de Tui comezou a xogar a  liga da temporada 18/19 da competición. O pasado 23 de outubro os nosos deportistas xogaron, a primeira xornada contra o equipo de Bueu. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia, Lía e Daniela.

 Os parciais foron: Bueu-C.B.Tui: 3-6/2-6/5-5/3-5

Moi bo partido, no que o equipo tudense xogou moi ben e ademáis gañou. Noraboa.

 Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias

Dinamización Intercentros

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada

Curso 18-19

luns  día 17 de decembro de 2018

 O vindeiro luns día 17  de decembro de 2018 terá lugar no pavillón vello de Tui, a 2ª Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 3ºA, 5ºA. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda.

Chocamos as cinco pola paz

"Chocamos as 5 pola paz"

Preme no link para ver o vídeo.

CHOCAMOS OS 5 POLA PAZ II.swf

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

O C.P.A. RIBEX CAMPIÓN GALEGO DE GRUPOS SHOW GRANDES

 Este vindeiro fin de semana celebrouse en Santiago de Compostela o Campionato Galego de Patinaxe Artística, modalidade de grupos show, no que o clube tudense C.P.A. Ribex proclamouse por primeira vez campión autonómico o seu espectacular programa “Mal augurio”.

Dende o CEIP Nº 2 queremos enviar os nosos parabéns a tódolos integrantes do grupo e aos seus adestradores pola vitoria.

CLUBE BALONMÁN TUI

CLUBE BALONMÁN TUI

O equipo Benxamín do clube Balonmán de Tui está a xogar a temporada 17/18. O pasado 4 de marzo os nosos deportistas xogaron, esta fin de semana contra o equipo de A Cañiza, na segunda volta da liga. Neste equipo xogan e disfrutan do balonmán Uxía, Silvia e Lía.

Os parciais foron: Cañiza-C.B.Tui: 5-4/8-6/5-3/5-2

Gran partido das guerreiras tudenses que ainda que perderon o encontro, xogaron un gran partido.

Información facilitada pola familia de Uxía Soliño. Moitas gracias.

Tenis de Mesa 17-18 Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 25 de Abril de 2018

Tenis de Mesa 17-18

Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 25 de Abril de 2018

O pasado,  Mércores día 25 de Abril,  tivo lugar a 2ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. Aquí  vos damos conta das fotos de ese día, onde tod@s xogamos moitos partidos e pasamos unha tarde divertida de tenis de mesa.



by Dr. Radut