Skip to Content

Monthly archive

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

18, 25 de Abril e 2 de Maio de 2018

Os Vindeiros mércores 18, 25 de Abril e 2 de Maio vai ter lugar a competición  escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:30h, da presente campaña Deportiva no Pav. do Ceip de Sobrada. Ditas xornadas están destinadas os/as nenos/as de 3º, 4º, 5º a 6º que queiran participar. A data límite de inscripción remata o vindeiro, Venres día 13 de Abril de 2018.

             Aquí vos deixamos a folla de inscripción por se é do voso interese.

 

Charla coloquio “ Celta, Presente e futuro”

   Charla coloquio “ Celta, Presente e futuro”

9 de Abril de 2018.

 Concello de Tui

          Con motivo das festas de San Telmo 2018 en Tui, o luns 9 de Abril, o Concello de Tui organizou unha charla coloquio no seminario menor de Tui, na que participaron xogadores do R.C. Celta de Vigo: có número 7 Maxi Gómez e có número 14 Lobotka ( coñecido como Lobo). Tamén asistiu o Director Deportivo: Felipe Miñanbres.

             A Charla consistiu en facer preguntas aos xogadores e ao director deportivo.

            Algunhas preguntas foron:

           . Ao director deportivo: preguntáronlle se o Barça ou o Madrid lles fixera algunha oferta por Lobotka. El respondeu que non, que ainda non, pero llas farán.

           . A Maxi Gómez: Cantos goles metera co Celta. Contestou, que trece, pero en realidade foron catorce pero o árbitro non llo anoto una acta.

          . A Lobotka ( que é eslovaco e non fala castelan, tivo que traer un traductor con él): Se se adaptara ben a vivir en Vigo. E dixo que sí, que lle gustaba: a comida, a cidade e a xente…

           A charla rematou asinando os xogadores autógrafos.

           Información facilitada por Jorge Veloso López de 4ºA. Moitas gracias Jorge por compartir con nós esta información tan interesante, e por ser o noso periodista deportivo en este evento.

 

 

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença. Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença

Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui

O vindeiro domingo 14 de Outubro via ter lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença será pola mañá, as 10:00h e en Tui será pola tarde ás 16:00h. @s nen@s e familias que desexen participar, poden facelo nas dúas probas ou soamentes nunha soa.

As Categorías serán:

Iniciación nenos (individual ou grupo) , categoría pensada para os nenos cun nivel de esixencia física e técnica baixo. Se son menores de 10 anos, recomendamos que a fagan acompañados dun adulto. Se son de 10 ou máis anos, poden ir en grupo ou sós.

Iniciación adultos (individual ou grupo) e Avanzado (individual). Adultos ou nenos con experiencia.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario.

O prazo de inscrición remata o mércores 10 de outubro ás 22:00 horas.

EUROCIDADE 2018 - TUI (tarde)

16:00 Recepción de participantes.

16:15 - Comezo das charlas técnicas (faremos varias ao longo da mañá)

16:30 - Primeiras saídas (existirá horario de saída).

18:30 - Últimas saídas (non se poderá tomar a saida despois desta hora).

19:30 - Peche de meta.

19:45 - Entrega de trofeos.

Podedes consultar o reglamento neste aquí.

Benxamín 18-19. Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui) Venres 16 Nov 2018

Proba de Campo a Través  Zonal 

Benxamín 18-19.

Torreiro de Festas de Guillarei ( Tui)

Venres 16 Nov 2018

         O pasado día 16 de Novembro, en horario de mañá, tivo lugar a proba de Campo a Través da presente Campaña Deportiva,  nas Instalacións do Torreiro de Festas de Guillarei en Tui. O Ceip plurilingüe Nº2 de Tui participou cos/as nenos/as de 2º e 3º.

Unha fantástica xornada na que disfrutamos dun día de convivencia con nenos e nenas dos Ceip Pintor Antonio de Goián, do Ceip de Tebra, do Ceip de Barrantes, do Cep Pedro Caselles, do Ceip de Sobrada, do Ceip de Randufe, do Ceip de Rebordáns, do Ceip Nº1 de Tui, do Ceip de Guillarei e do Cep Altamira de Salceda. Grazas a todos por facer posible que os nenos e nenas do Ceip Nº2 de Tui o pasáramos xenial.

Curso de Manipulación de Alimentos

Curso de Manipulación de Alimentos.

O pasado día 13 de Novembro de 2018, tivemos no Ceip Purilingüe Nº2 de Tui, un curso de Manipulación de Alimentos, co senso de formar ao profesorado na importancia de educar nunha alimentación san, saudable e axeitada.

AUTORIZACIÓN MARATÓN SAN TELMO 18

Carreira Popular de San Telmo 18

Sábado 7 de Abril 2018 ( Tui )

O Vindeiro Sábado de San Telmo, día 7 de Abril de 2018, a partires das 10:30h, vai ter lugar a Carreira Popular de San Telmo 2018. Dita xornada está destinada os/as nenos/as e adultos e adultas que queiran participar. Esta proba está organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui, e gustaríanos contar con un gran número de participantes, xa que é aquí en Tui. Recordade que todos os anos se realiza a "OPERACIÓN KILO", cambiarase o dorsal por un kilo de alimentos non perecedeiros.

Aquí vos deixamos a folla de inscripción para a proba.

Tamén vos deixamos os horarios da proba que podedes velos aquí

Podedes atopar información máis detallada na web do Club Atletismo Tui.

Tenis de Mesa 17-18. Pav. Ceip Sobrada Tomiño. 18 de Abril de 2018

Tenis de Mesa 17-18.

Pav. Ceip Sobrada Tomiño.

18 de Abril de 2018

O pasado,  Mércores día 18 de Abril,  tivo lugar a 1ª Xornada da Competición  Escolar de Tenis de Mesa, en horario de 16:00h a 19:45h, da presente campaña Deportiva 17-18 no Pavillón de Sobrada. Foi unha tarde estupenda na que canda aos nen@s do Ceip Pintor Antonio de Goián, do Ceip de Sobrada, do Ceip de Tebra, do Cep Pedro Caselles e do Ies Anton Alonso Ríos disfrutamos do tenis de mesa. Tamén estiveron con nós algúns xogadores do Club de Tenis de Mesa Monteferreiros, que nos animaron a adestrar no seu club e aprender a xogar mellor a Tenis de Mesa.

Competición de Bádminton

 

DEPORTE ESCOLAR.

Competición de Bádminton Categoría Escolar (3º, 4º, 5º e 6))

                                              Curso 17-18

O Vindeiro sábado día 26 de  maio terá lugar a Final Provincial de Bádminton para alumnos de 3º,4º, 5º e 6º clasificados  na fase zonal de Bádminton, dita xornada terá lugar no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas. O horario dos partidos será de 10:00h a 14:00h.  Para participar  nesta xornada, o prazo de inscripción rematará o vindeiro martes día  22 de Maio.

 

 

Seguimos o Deporte. Tiro

Seguimos o Deporte. Tiro.

O alumno Angel José, quere compartir con nós a súa gran afección polos deportes de Tiro. Esta paixón chégalle da mán do seu pai. O  pasado 29 de setembro Angel José participou no campionato de tiro con Carabina e de Aire comprimido onde gañou dúas medaias de Ouro, proclamándose campión na súa categoría. Noraboa A.J.



by Dr. Radut