Skip to Content

Monthly archive

Promoción de Remo

Promoción de Remo

O pasado Xoves 13 de setembro , estiveron con nós Sonia, Lara e Diego do Club Remo Tui. Con eles disfrutamos de moita información sobre os barcos de remo e a súa paixón polo río. Tamén nos deixaron probar os remoergómetros e nos invitaron a visitar as instalacións do centro interfederado para adestrar e ver os distintos tipos de embarcacións.

Dixeronnos que este Sábado 22 de Setembro de 2018 terá lugar unha regata de Yolas nas súas intalacións. Así que nos animarón a que foramos o venres día 21 pola tarde ou o sábado 22 pola mañá para probar as embarcacións e como non, a disfrutar da tarde do sábado con eles, dunha estupenda tarde de remo. Moitas gracias.

 

 

Promoting Rowing

Last Thursday, September 13th, Sonia, Lara and Diego were with us from the Remo Tui Club. We got a lot of information about paddle boats with them and their passion for the river. We also tried to test the ergometers and they invited us to visit the inter-hosted center facilities to train and see the different types of boats.

We were told that this Saturday, September 22nd 2018, a regatta of Yolas would take place in its facilities. Furthermore they encougared us to try the boats and enjoy with them a great afternoon. Thank you very much.

Calendario de Dinamizacións Intercentros curso 18-19

Calendario de Dinamizacións Intercentros curso 18-19

Aquí vos deixamos o Calendario de Dinamizacións Intercentros para este curso 18-19. Nesta competición competirán o alumnado de 3º a 6º nunha xornada lectiva, na que irá a clase completa. Os deportes que practicarán nesta xornada xunto ao outro colexio participante serán: Minibalonmán, Minivolei, Bádminton, Baloncesto, Futbol-sala e Xadrez.

Os días de competición todos os alumnos terán que traer a equipación do colexio e chandal do mesmo, polo que é moi importante que todas as familias fagan o posible por facerse con ela. Moitas grazas polo esforzo.

Xornada- Data

Zona -Categoría

Centros

1ª Xornada de Xogade

19 Nov 18

6ºA,4ºB

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP Nº2 - CEP Pedro Caselles

2ª Xornada de Xogade

10 Dec 18

6ºC,3ºA

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº2 – CEIP Sobrada

3ª Xornada de Xogade Tui

14 Xaneiro 19

5ºB,3ºB

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

Ceip Goián - CEIP Nº2

4ª Xornada de Xogade

25Febreiro19

6ºB,4ºC

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº1 -  CEIP Nº2

  

Xornada de Atletismo en Pista

15 Marzo 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 5º

XORNADA DE XOGANDO AO ATLETISMO

Instalacións de PC ou da A Macoca.

5ª Xornada de Xogade

1 Abril 19

5ºC,4ºA

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

CEIP  Nº2-CEIP Altamira

Xornada de Loita

17 Abril 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 4º

XORNADA DE LOITA

Pav Vello de Tui

6ª Xornada de Xogade

6 Maio 19

Zona Colexios de varias liñas

 Categoría  Benxamín e Alevín

Para as xornadas aprazadas

Xornada de Xogos Populares

24 Maio 19

Zona Baixo Miño:

Tui-Tomiño-Salceda

 Alumnado de 6º

XORNADA DE XOGOS POPULARS

Instalacións por determinar.

Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

 Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz

O pasado venres 19 de outubro, durante toda a xornada, e con motivo do Proxecto Erasmus que se vai desenvolver no noso centro este curso e o vindeiro en colaboración con varios colexios europeos, desenvolvéronse diferentes obradoiros  para promover este estilo de vida. Todo o alumnado participou neles. Tiveron lugar cinco obradoiros diferentes que foron dirixidos por profesionais de cada temática: horticultores, deportistas, cociñeiros, nutricionistas, destistas, fisioterapeutas...

Os obradoiros foron os seguintes:

·         Ecoloxía e Sementes.

·         Nutrición e Hábitos saudables.

·         Actividade Física regular e alimentación adecuada.

·         Saude: Control Postural, Mindfullness e saúde Bucodental.

·         Reciclaxe.

Os nenos e nenas participaron nunha gran variedade de actividades como primeira toma de contacto con un estilo de vida saudable e feliz que pretendemos potenciar con oso proxecto Eramus+.

DEPORTE ESCOLAR. Dinamización Intercentros Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño Curso 17-18

DEPORTE ESCOLAR.

Dinamización Intercentros

Ceip Nº2-Ceip Sobrada de Tomiño

Curso 17-18

Venres día 19 de xaneiro de 2017

 O vindeiro venres día 19 de xaneiro de 2017 terá lugar no pavillón vello de Tui. A Xornada de Dinamización Intercentros entre os Ceip Nº2- Ceip Sobrada de Tomiño. A xornada levarase a cabo de 9:15 a 13:45h aproximadamente,no Pavillón Vello de Tui e os cursos participantes serán 5ºB, 4ºB. Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Mochila de Educación Física e merenda. 

MUIÑEIRA A RITMO DE HIP HOP

MUIÑEIRA A RITMO DE HIP HOP

Como amantes e seguidores do deporte, da innovación e de Galicia, deixámosvos o seguinte video para que poidades desfrutar da espectacular coreografía levada a cabo por 50 bailaríns da escola viguesa de baile Media Punta, coa que se proclamaron campións de España no campionato que se celebrou en Burgos o pasado Marzo.

Grazas a esta clasificación, o equipo vigués defenferá a coreografía na final da Dance World Cup.

Moita sorte bailaríns, e grazas por esta marabilla.

Pinchade aquí para ver “A Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop que valeu un ouro”.

Ábrese a tempada na nosa horta.

 

ÁBRESE A TEMPADA NA HORTA ESCOLAR

 

 Debido as condicións meteorolóxicas dende o ano pasado non se pudo traballar nela.

A partir do 3º trimestre abriuse a horta escolar a que os nenos de todo o colexio baixarán a regar e a quitar malas herbas.

 Recomendamos que traiades botas e roupa adecuada para estes traballos durante estas próximas semanas ata finais de curso.

 

Acordádesvos da semanas nas que o colexio repartiu froita para todos,sabedes de onde saen?Moitas das árbores e outras das plantas fixas ao chan como sandía e melón.

 

 

 

SABER MAIS

 

 Sabiades que as cenorias nun principio eran moradas,so que en Holanda fixéronse mesturas ata que se fixeron

laranxas.

 

 

 

 

 

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

 

CAMPIONATO DO MUNDO DE PATINAXE ARTÍSTICA

Os pasados días (do 3 ao 13 de outubro) ven de desputarse na cidade francesa de La Vendée o Campionato do Mundo de Patinaxe Artística, no que a federación española obtivo, una vez mais, uns resultados excelentes.

Comezando pola categoría de Solo Danza, Natalia Baldizzione proclamouse Campiona do Mundo, pasando a ser historia desta modalidade.

En categoría Junior Masculina, Pau García tamén se proclamou Campión do Mundo, logrando remontar o terceiro posto acadado na execución do programa corto.

Na categoría Senior Masculina, Pere Marsinyach proclamouse Subcampión do Mundo.

Pasando xa a Modalidade de Grupos Show, en Grupos Pequenos o CPA L´aldea subiuse ao terceiro caixón do podio co seu fantástico programa “Tame me”. 

Nestes intres, cabe facer especial mención ao grupo Galego CPA Gondomar, que despois dunha fantástica actuación logrou acadar o séptimo posto.

 

Para rematar o campionato e colocar a guinda ao seu inmellorable palmarés, na modalidade de Grupos Show Grandes o CPA Olot proclamouse Campión do Mundo por decimosegunda vez co seu programa “Without options”, por diante do CPA Girona que logrou acadar o segundo posto do caixón co programa “Here I Am”.

 

 

DEPORTE ESCOLAR. Volei Curso 18-19

DEPORTE ESCOLAR

Volei Curso 18-19

O vindeiro Mércores día 28 de Novembro de 2018, dará comenzo a competición escolar de Volei. As 2 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán Mércores día 28 e  de  Nov e 12 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro martes día 17 de Novembro.  Poden atopar máis información en www.agrudebam.es ou na web do cole na sección Deporte no2/Deporte na Escola/Volei.

Aquí podes descargar a autorización para participar nesta competición.

Aquí poden atopar a nota cos horarios.

Merendas Terrorífica Saudables do Samaín

Merendas Terroríficas Saudables do Samaín.

Para celebrar a festa do Samaín, que é unha festa tradicional de Galicia que coincide co 1 de Novembro, o Equipo de Normalización lingüística propuxo festexar este ano con motivo do Proxecto Erasmus, con Merendas Terroríficas Saudables. Para iso o alumnado do colexio, xunto coas súas familias crearon unha receita de Merenda Terrorífica Saudable e o día da Festa do Samaín truxeron a proba a escola para poder degustala. Todas estaban exquisitas. 



by Dr. Radut