Skip to Content

Monthly archive

O equipo TIC

O equipo TIC.

 

 O Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui conta dun equipo de mestres/as que se encargan, dun xeito directo, á dinamización das Tic no ámbito escolar.

 O desenvolvemento da competencia dixital do noso alumnado require unha continua proposta de integración dos recursos tic en toda a práctica educatica.

TEMPOS LIBRES

Diego Carballo de 4º A en Disneyland París

     Diego Carballo de 4ºA, aproveitou as vacacións de Semana Santa, para disfrutar do Ocio e o tempo libre, xunto a súa familia, visitando o Parque de Atraccións de Disneyland París.

       Como podemos ver nas súas fotos pasouno xenial. Aquí podedes ver algún momentos de esa viaxe, para que vos animedes vos a facela tamén.

ALOIADA 14

 

 

 

 

PODES DESCARGAR A FICHA DE INSCRICIÓN PREMENDO AQUÍ

Gustavo Rodríguez acada o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de Longa Distancia

O triatleta tudense, e antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Gustavo Rodríguez acadou a pasada fin de semana o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de longa distancia, disputado na localidade china de Weihai.

Gustavo Rodríguez, que participaba neste campionato por primeira vez, tivo que percorrer catro quilómetros nadando, cento vinte quilómetros en bicicleta e vinte quilómetros de carreira a pé, demostrando que está a un altísimo nivel e rematando entre os mellores da élite mundial. O seu tempo final foi de cinco horas, vinte e un minutos e cincuenta e tres segundos.

Noraboa Tavo!!

Ven disfrutar do Adestramento da Selección Española de Balonmán a Cangas

VEN DISFRUTAR DO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN EN CANGAS

Luns 27 de Outubro de 18:00 a 20:00h

A Federación Galega de Balonmán convida a todos/as nenos/as do Baixo Miño e as súas familias a disfrutar do adestramento, que  a  Selección Española de Balonmán levará a cabo mañá Luns, no pav do Gatañal en Cangas, en horario de 18:00h a 20:00h. O autobús sairá dende o Pav Novo de Tui ás 17:00h e o regreso será a carón das 21:00h aprox. Esta actividade será gratuita para todos os participantes. Todos os nenos/as e familias que queiran participar, dada a premura da actividade, deberán reservar praza para o bus, ao longo do día de hoxe, enviando un correo electrónico ao correo a:beaagrudebam@gmail.com ou  chamando, vía mensaxe ou whasap ao Tlfno:650602161. Así mesmo, todos os participantes menores de idade, deberán entregar asinado o seguinte impreso:  

Pincha aquí.

O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes do equipo de San Jose de A Guía 22-73.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos achegou como cada xornada Cristiano Artur de 5ºB

 

Alba Parente entrevista ao Piragüista Diego Piña

Alba Parente entrevita ao Piragüista Diego Piña do Club Kayak Tudense

A alumna de 6ºB, Alba Parente deixanos a súa entrevista ao piragüista Diego Piña, para que sepamos máis sobre él:

Sorry, flash is not available.

 Tamén vos deixamos o enlace a súa pax web, para que poidades saber máis cousas sobre él:http://www.diegopina.com/

Gracias Alba por compartir con nós esta noticia.



by Dr. Radut